InicioLibrosEn papelGallego

Infantil - 

A PEDRA E AS FORMIGAS
XERAIS, 2006

Resumen del libro

Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada de carriza e decidiron descansar ao seu carón para merendar. De súpeto unha afinada voz de muller nova comezou a cantar ás súas costas. Non había dúbida ningunha, a voz viña da pedra. Quen se agocharía alí? A pedra e as formigas é un libro, dixirixido a lectores avanzados de sete anos en diante, escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano. Unha divertida fábula de animais sobre a amizade, onde as cancións e adiviñas teñen un papel destacado para desvelar a intriga que se lle propón aos lectores. ... Leer resumen completo

9,50 €

(Tapa blanda)

SACAPENAS
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2006

Resumen del libro

Benito siempre está preocupado. Se preocupaba por los sombreros, y por los zapatos. Se preocupaba por las nubes, la lluvia y los pájaros gigantes. Su abuela, cuando era niña, también se preocupaba por todo, por eso sabe muy bien como ayudar a su nieto.

15,00 €

(Tapa dura bolsillo)

O PRINCIPIÑO (6ª ED.)
GALAXIA, 2008

Resumen del libro

Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que e mprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria. ... Leer resumen completo

(4 valoraciones)

11,50 €

(Tapa blanda)

A CASIÑA DE CHOCOLATE
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2008

13,00 €

(Tapa dura)

A CEBRA CAMILA
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2005

Resumen del libro

Alá onde se acaba o mundo vivía unha pequena cebra. Un día, ao saír da casa, o vento bandido levoulle sete raias de seu vestido. Unha araña, unha serpe, o arco da vella e unha chicharra, entre outros animais do campo, axudarán a Camila a esquecer a súa pena.

13,00 €

(Tapa dura)

O GATO LAMBON
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2004

Resumen del libro

Un gato insaciable que come todo o que se lle pon por diante. Texto encadeado que invita ao xogo oral e pon a proba a memoria.

13,00 €

(Tapa dura)

A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2004

Resumen del libro

A versión máis agardada de Carapuchiña, rescatada do folclore francés, conserva toda a frescura e oralidade dos contos da avoíña.

13,00 €

(Tapa dura)

EU APRENDO: A GRANXA, THE FARM (ED. BILINGÜE GALEGO-INGLES)
VV.AA.
SOTELO BLANCO EDICIONS, 2002

Resumen del libro

Un proxecto de lectura progresiva destinado ós nenos e nenas que comezan a ler e a utilizar unha lingua estranxeira: o inglés. Concibido e realizado para se adaptar ás necesidades de ensino da lectura, este material destaca polo seu carácter motivador e lúdico. Partindo dunha lámina inicial, aparecen logo por separado os di ferentes elementos que a integran en galego e coa súa traducción ó inglés, para facilita-la aprendizaxe do vocabulario e frases curtas. A granxa (The farm): a comida, a corte, o labor, o leñador, o pastoreo, a viaxe, o traballo, a noite, as estrelas, o curral, o ferreiro, a horta, a rega, a colleita, o descanso, o campo, a montaña, o pozo, o río, a limpeza, a chuvia, a neve, o deporte, os xogos, as flores. ... Leer resumen completo

2,50 €

(Tapa blanda)

CINCO SEMANAS EN GLOBO (AS MELLORES AVENTURAS DE XULIO VERNE)
XULIO VERNE
BAIA EDICIONS, 2005

Resumen del libro

A través deste libro recupérase a un dos grandes clásicos de aventura da literatura universal, que propician que o primeiro contacto dos rapaces e rapazas co libro faga deles lectores e lectoras esixentes e mellor preparadas. Conseguirán chegar ao continente africano en Globo? Sufrirán imprevistos no camiño?

(1 valoracion)

1,00 €

(Tapa blanda)

O PATIÑO FEO
ANDERSEN
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2005

Resumen del libro

Desde que naceu, mamá pata decatouse de que non era como os demais...

13,00 €

(Tapa dura)

¿A QUE SABE A LUA?
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2007

Resumen del libro

Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela...

15,00 €

(Tapa dura)

ORELLAS DE BOLBORETA
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2008

Resumen del libro

-Mara é unha orelluda! -Mamá, ti cres que son unha orelluda? -Non filla, tes orellas de bolboreta. -E como son as orellas de bolboreta? -Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas. Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia po de ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro que lles demostre, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables. ... Leer resumen completo

13,00 €

(Tapa dura)

AMELIA QUERE UN CAN
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2008

Resumen del libro

A libreira recomenda Amelia quere un canUn libro que desprende tenrura onde unha nena moi espelida consegue que o seu pai adulto vexa o mundo a través dos seus ollos. Para pais que xa non lembran os anceios da infancia. (Eva Fernández-Nespral, Libraría de A Coruña )Amelia entrou no salón. O seu pai estaba sentado na súa cad eira favorita lendo o xornal. Papá, dixo ela. Estaba pensando.... O seu pai suspirou. Cando Amelia pensa, seguro que hai problemas. Amelia continuou: Papá, non poderiamos ter un can? Ás veces é preciso dar un rodeo para conseguir unha meta; non sempre o camiño máis curto entre dous puntos é a liña recta recta. É a estratexia de Amelia cando se lle antolla adoptar un can... Dende unha aguia a unha balea, pasando por un cabalo ou un elefante, os intentos de Amelia por convencer o seu pai son cada vez máis disparatados. ... Leer resumen completo

13,00 €

(Tapa dura)

¿QUE E?
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2009

Resumen del libro

Estes catro libriños abordan catro grandes cuestións. Moitos nenos non saberán as respostas de maneira inmediata. Pero as respostas correctas non son tan importantes. O propósito destes libros é entrenar o ollo e a mente dos pre-lectores. Libros sen texto, de pequeno formato, cartón duro e cantos redondeados. As ilustración s, sinxelas e facilmente recoñecibles, son perfectas para que o pre-lector faga unha lectura visual das situacións, espazos, obxectos e figuras cotiás que o rodean. ... Leer resumen completo

6,00 €

(Tapa dura)

A SOPA QUEIMA
OQO EDITORA, 2009

Resumen del libro

— A sopa queima, mamá! Entón a nai díxolle o que sempre din as nais: — Pois sopra, filla, sopra. No día a día, os máis pequenos teñen que facer fronte a retos que a eles lles parecen insuperables, aínda cando para os adultos só se trate de cousas sen importancia; neste caso, a sopa a unha temperatura imposible. Superar eses retos forma parte dun natural proceso de aprendizaxe e de crecemento, onde a imaxinación se converte no máis valioso recurso do que dispón un neno, como suxire Pablo Albo nesta historia enriquecida coas expresivas imaxes de André Letria. O ilustrador portugués emprega os acrílicos sobre papel, e unha tras outra enfía imaxes, nas que hai que destacar sobre todo o uso dos primeirísimos planos e o poderoso cromatismo. Á parte disto, tamén resulta característico da súa proposta figurativa o predominio dos fondos planos. Texto de Pablo Albo Ilustracións de André Letria Tradución do castelán de Antón Fortes ... Leer resumen completo

12,90 €

(Tapa dura)

ONDE VIVEN OS MONSTROS
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2009

Resumen del libro

A noite en que Max vestiu o seu traxe de lobo e empezou a facer trasnadas dunha clase e doutra, súa nai chamoulle: -MONSTRO! E Max díxolle: -VOUTE COMER! Así que mandouno para a cama sen cear. Aquela mesma noite, no cuarto de Max xurdiu un bosque que medrou... Esta obra, publicada por primeira vez en 1963, suscitou certa po lémica polo seu tratamento nada exemplarizante dos nenos, pero converteuse nun clásico da Literatura Infantil e Xuvenil e nun referente imprescindible no seu xénero. Obtivo a Medalla Caldecott (1964) e o premio Boston Globe-Horn (1981). The New York Times elixiuno como un dos mellores libros ilustrados da época e foi título destacado pola Asociación Americana de Bibliotecas. Dende entón, traduciuse a numerosas linguas e converteuse nunha das obras máis vendidas de todos os tempos. ... Leer resumen completo

15,00 €

(Tapa dura)

RANILDA
OQO EDITORA, 2010

Resumen del libro

—Señora, se me dese un bico no papo, converteríame nun home guapo. Fronte ao culto á beleza que impera na sociedade actual, Mar Pavón reivindica nesta deliciosa fábula outros valores como a autoestima e a amizade, e faino ademais cun gran sentido do humor. Ranilda, a protagonista deste divertido álbum, é unha ra moi f eita, aínda que ela non o sabe. Todos os días se mira na auga, e como non lle gusta o seu aspecto, sempre está triste. Unha tarde o seu veciño o sapoconcho, que é moi túzaro, decide gastarlle unha broma e convence a ranciña de que en realidade é un príncipe encantado. Mais só poderá recobrar a súa verdadeira aparencia se unha muller a bica. Ranilda marcha na procura do bico, pero todas as mulleres que vai atopando polo camiño son unhas rabudas. Xa lles pode rogar e rogar, que ningunha está disposta a bicar unha ra. Os encontros da nosa protagonista con estas mulleres tan rachadas darán lugar a unha morea de situacións delirantes e cómicas. E a isto, aínda hai que sumar os diálogos pícaros e graciosos dos personaxes, concibidos para provocar o sorriso dos máis pequenos. Desta volta, a encargada das ilustracións do novo álbum da Colección O de OQO editora é Chloé Rémiat. Nos seus traballos, a artista francesa combina a súa faceta como ilustradora con outra das súas grandes paixóns: a escultura. Nesta ocasión esculpiu en papel algúns dos personaxes do álbum (as diferentes mulleres, Ranilda…) que despois integrou en fondos de pintura. Na realidade estas figuras constitúen o centro da ilustración e a autora recorre moitas veces aos primeiros planos para destacalas aínda máis. Xunto aos protagonistas, outros personaxes aparecen de fondo: insectos, herbiñas, peixes minúsculos e flores. A súa presenza é constante ao longo das páxinas, porque tamén eles habitan na poza de Ranilda. E son estes detalles, en principio insignificantes, os que mellor reforzan o aspecto real da ambientación e reflicten toda a explosión de vida que se oculta neste pequeno universo. Texto de Mar Pavón Ilustracións de Chlo& ... Leer resumen completo

13,50 €

(Tapa dura)

ADIVIÑA CANTO TE QUERO
KOKINOS, 2007

Resumen del libro

A veces, cuando queremos a alguien mucho, mucho, intentamos encontrar el modo de describir el tamaño de nuestros sentimientos. Pero como nos muestra esta maravillosa historia el amor no es algo fácil de medir? (Edción en Gallego)

13,00 €

(Tapa dura)

ANDRES CABEZA ABAIXO
OQO EDITORA, 2010

13,50 €

(Tapa dura)

A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS
ANA GARCIA CASTELLANO y MIKEL MARDONES
OQO EDITORA, 2009

13,50 €

(Tapa dura)

EU NON FUN!
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2008

13,00 €

(Tapa dura)

ALMANAQUE MUSICAL
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2012

Resumen del libro

Album ilustrado.

13,00 €

(Tapa dura)

IMAXINA ANIMAIS
XOSE ANTONIO BALLESTEROS REY
KALANDRAKA EDITORA, S.L., 2008

13,00 €

(Encuadernación sin determinar)

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO (INCLUE CD)
MAGIN BLANCO
FOL MUSICA, 2013

20,00 €

(Tapa dura)

O LOBO E OS SETE CABUXOS
XERAIS, 2003

Resumen del libro

Había unha vez unha cabra vella que tiña sete cabuxos e queríaos como só unha nai pode querer os seus fillos. Un día quixo ir ó bosque e buscar comida; daquela chamounos ós sete a súa presencia e díxolles: -Meus fillos queridos, teño que saír ó bosque. Veládevos do lobo, que, se entra, vaivos papar ben papados. O malsín del disfrázase adoito, pero coñecerédelo inmediatamente pola súa rouca voz e as súas patas negras. Os cabritos dixeron: -Naiciña querida, teremos coidado; podes marchar tranquila. O lobo disfrázase adoito coa intención de papar os sete cabuxos. Con moi malas artes petará varias veces na porta da casa para conseguir o seu obxectivo. ... Leer resumen completo

6,70 €

(Tapa blanda)

LARANXAS MAXIS LARANXAS DE TODALAS LARANXAS, AS
GALAXIA, 1993

Resumen del libro

Unha excepcional incursión de Casares no teatro para público infantil. En 1973, Carlos Casares recibiu o premio do "Concurso de teatro infantil galego" convocado pola Agrupación Cultural "O Facho". Recentemente o Centro Dramático Galego volveu poñer en escea esta divertida e engaiolante peza teatral para gozo de pequenos e maiores. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)

8,50 €

(Tapa blanda)

O CENTRO DO LABIRINTO
XERAIS, 2008

Resumen del libro

A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora nas ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías. Nos anos nos que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desiguladades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra. A narración de O centro do labirinto comeza cando a doutora Sara Metmann, que é membro destacado do G-12 e vive en Berlín, decide facer, de incógnito, unha curta viaxe a Galicia acompañada polo seu fillo, adolescente, David. Este sufrirá un accidente e será recollido por persoas que viven nunha comunidade desa ZNC, e que deciden retelo e utilizalo como refén para chegar ata a súa nai. En O centro do labirinto están presentes temas como a inquietude pola uniformización lingüística e cultural que leva aparellada a globalización; o futuro da lingua e a cultura galega; a reflexión sobre o sentido da vida de calquera persoa e sobre o papel do azar nas nosas vidas, pero tamén a reflexión sobre o papel que cada quen pode xogar na sociedade; sobre o sentido do noso esforzo e a importancia da responsabilidade individual, da necesidade de intervir para mudar a marcha das cousas; a dificultade dos anos da adolescencia e a forza que teñen as ideas, imprescindibles para poñer en marcha calquera cambio. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)

11,60 €

(Tapa blanda)

TRISTES ARMAS
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separad os dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes armas é sobre todo unha historia de amor.Tristes armas presenta dende un punto de vista sinxelo e profundamente humano algúns episodios da Guerra Civil, desde o punto de vista dos que non combateron, pero que sufriron as súas terribles consecuencias. ... Leer resumen completo

11,60 €

(Tapa blanda)

MATILDA (2ª ED.)
OBRADOIRO, 1995

8,75 €

(Tapa blanda)

ITH
XERAIS, 2001

Resumen del libro

Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoroso, o rei de fácil palabra fundador da Brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faro da costa, Ith divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar e soña con chegar a elas algún día. Ao mando de tres barc os e trinta homes, Ith emprende unha viaxe na procura das terras soñadas. E chega á verde Erín, un país moi semellante a Brigantia. Alí encontra a amizade dos seus habitantes, aínda que tamén acabará atopando o veleno da traizón. Ith é unha trepidante novela de aventuras, narrada con poderoso alento épico. O autor, Silvestre Gómez Xurxo, recrea un dos máis significativos episodios da historia mítica dos celtas que habitaron o noso país. A necesidade de transmitir a memoria colectiva, o valor e a lealtade son algúns dos temas deste libro para lectores de once anos en diante, ilustrado por Francisco Bueno Capeáns. ... Leer resumen completo

(2 valoraciones)
Guardado por:

8,25 €

(Tapa blanda)

Mostrando 1 a 30 de 1493 resultados

Pág. 1 de 50