InicioLibrosGallego

Ingeniería - 

NAUFRAXIOS NO MAR DE VIGO (2ª ED.)
XERAIS, 2003

Resumen del libro

No século XX o mar de Vigo viu perecer a centos de persoas en máis de seiscentos accidentes marítimos rexistrados tanto na ría de Vigo como nas súas inmediacións. Embarcacións militares como a canoneira Condor; vapores como Berlín; trasantlánticos como o Veronese, o Siboney, ou o Hammonia; lanchas de pasaxe como a Monchiña; petroleiros como o Polycommander, iates como o Thalassa; traiñeiras como a Josefa e pesqueiros como o Cuatro Hermanos, o Nueva República, o Tito, o Ave del mar, o Marbel atoparon nas augas viguesas o punto final das súas singraduras, deixando en terra unha estela de dó e morte. Cabo do Mar, os Farallóns, Punta Borneira, as Cíes e mesmo a enseada de San Simón souberon de varadas, afundimentos, abordaxes, incendios e vías de auga que encheron os xornais da época de arrepiantes narracións, de heroicos rescates e de inconsolables desgracias familiares. Francisco Díaz Guerrero reconstrúe a negra crónica dos naufraxios do mar de Vigo e avivece na nosa memoria a lembranza dos seus tráxicos protagonistas. Tratando sempre de non furgar no drama e de fuxir da recreación morbosa, non resulta estraño asistir a citas cando menos curiosas como a que se relata no naufraxio do pesqueiro de Bouzas Montenegro núm. 3 ou o rescate dos touros sementais, xuvencas e ovellas do trasatlántico inglés Higland Pride, naufragado preto de Baiona. Finalmente, e debido á ampla repercusión social que tivo na súa época, o libro recolle o curioso naufraxio do globo aerostático belga Prince Leopold, que, no ano 1925, mantivo expectantes ás xentes de Vigo e e a súa bisbarra. Naufraxios no mar de Vigo é moito máis que un relatorio informado destes malfados episodios: é unha apaixonada homenaxe aos homes e mulleres que, sucando os mares, escriben a historia desa potencia marítima que é Galicia. ... Leer resumen completo

18,00 €

(Tapa blanda)

15,00 €

(Tapa blanda)

ENCICLOPEDIA TEMATICA ILUSTRADA (T. XV)
VV.AA.
A NOSA TERRA, 2004

Resumen del libro

Os nosos mellores escritores e escritoras deitan as súas letras sobre os camiños de Galicia. Unha viaxe literaria.

11,50 €

(Tapa dura)

ENCICLOPEDIA TEMATICA ILUSTRADA (T. XVI): OS TRANSPORTES
VV.AA.
PROMOCIONS CULTURAIS GALEGAS, 2004

Resumen del libro

Unha espléndida colección ilustrada e narrada didacticamente co asesoramento de especialistas en cada materia.

11,50 €

(Tapa dura)

HISTORIA DA COSTA GALEGA E OS SEUS NAUFRAXIOS: SECULO XX
XERAIS, 2004

Resumen del libro

&@8220;Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)&@8221;, de Fernando Patricio Cortizo, é o resultado dunha longa investigación en torno ás páxinas máis dramáticas, escuras e lendarias que o mar galego escribiu sobre as embarcacións que o surcaban e ás que fixo naufragar nas nosas costas. A partir dunha valio sa información recuperada de arquivos e da memoria das xentes, Fernando Patricio reconstrúe minuciosamente, ano tras ano, esa crónica dramática, épica e lendaria, que, non o esquezamos, en moitos casos foi sinónimo de traxedia e de morte. Cunha importante documentación gráfica e unha pormenorizada información, &@8220;Historia da costa galega e os seus naufraxios (século XX)&@8221; recupera para a nosa memoria a traxedia de todos e cada un dos buques que naufragaron na costa galega, desde o Serpent ao Prestige, pasando pola negra estirpe do Polycommander, Urquiola, Andros Patria, Casón, Aegean Sea, etc., sen esquecer determinados contextos históricos fundamentais como o desenvolvemento da industria conserveira e a expansión do sector naval en Vigo, a consignación migratoria en Galicia, os acontecementos militares das dúas guerras mundiais, a Guerra Civil, os apresamentos, os temporais e furacáns, a mítica memoria da Costa da Morte e do seu fotógrafo Ramón Caamaño, as illas, os faros, así como a reprodución das cartas mariñas cos naufraxios rexistrados en Galicia ata o século XX. ... Leer resumen completo

35,95 €

(Tapa blanda)

TRATAMIENTO DE RESIDUOS SOLIDOS URBANOS
UNIVERSIDADE DA CORUÑA, 2001

Resumen del libro

Soluciones tecnológicas y sociológicas a los problemas medioambientales que generan los residuos sólidos urbanos. Se tratan de aspectos de la normativa europea y de las distintas alternativas de gestión de residuos en Galicia.

12,02 €

(Tapa blanda)

A PESCA TRADICIONAL NOS RIOS DE GALIZA
SOTELO BLANCO EDICIONS, 2008

Resumen del libro

Sotelo Blanco Edicións publica, na súa colección Estudos e Investigacións, A PESCA TRADICIONAL NOS RÍOS DE GALICIA, obra gañadora do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2008. A pesca tradicional nos ríos de Galicia. A enorme riqueza e diversidade do noso patrimonio marítimo e fluvial comeza a ser estudada de xeito sist emático e transdisciplinar pouco a pouco. Este traballo céntrase no estudo da pesca tradicional nos ríos galegos, desde o Miño até o Navia, pasando polo Ulla, Tambre, Ladra e Sil. Caneiros, pescos e pesqueiras conforman diversos tipos de arquitecturas vernáculas funcionalmente especializadas nas capturas de peixes migratorios que constituíron unha fonte alternativa de alimentos e excedentes nas economías campesiñas precapitalistas do noso medio rural. Ao longo de varios capítulos abórdanse diversas cuestións vinculadas á cultura pesqueira de tres comunidades ribeiregas: Portomarín, Herbón e Arbo. Logo de máis dunha ducia de anos de traballo de campo ofrécense os resultados preliminares dun amplo proxecto de investigación centrado no patrimonio da auga común a galegos e portugueses. ... Leer resumen completo

16,00 €

(Tapa blanda)

A ILUSION DO MAR: LIBRO VERDE DA POLITICA MARITIMA DE GALICIA
VV.AA.
XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL, 2005

36,00 €

(Tapa blanda)

CABOS ILLADOS PARA O TRANSPORTE E DISTRIBUCION DE ENERXIA
MANOEL DA COSTA
UNIVERSIDAD DE VIGO, 2007

11,52 €

(Tapa blanda)

A GUERRA POLA SARDIÑA
MARIA LUISA MEIJIDE PARDO
XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL, 2002

15,03 €

(Tapa blanda)

15,00 €

(Tapa blanda)

A CANTERIA: UN OFICIO A EXTINGUIR
ANGEL CERRATO ALVAREZ
ASOC. GALEGA PARA A CULTURA E A ECOLOXIA (AGCE), 2004

16,00 €

(Tapa blanda)

O BOTE POLBEIRO DE BUEU
FIDEL SIMES MERTINEZ
XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL, 2004

15,00 €

(Tapa blanda)

15,00 €

(Tapa blanda)

14,00 €

(Tapa dura)

BASE DE DATOS DA CONSTRUCCION DE GALICIA (6ª ED.)(INCLUYE CD-ROM)
VV.AA.
INSTITUTO TECNOLOGICO DE GALICIA, 2002

136,00 €

(Tapa blanda)

Mostrando 1 a 16 de 16 resultados

Pág. 1 de 1