• Todos
  • Libros
  • eBooks
  • Películas
  • Dispositivos Tagus
InicioLibrosGallego

Narrativa histórica

Valoraciones

  • (1)

Precios

  • De a (2)
  • De a (7)
  • De a (8)
PEPA A LOBA
Fecha Lanzamiento: 03/10/2006
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixable que hoxe temos dela. Unha muller indómita e combativa, malia as duras adversidades que sufriu. Carlos G. Reigosa atina cun relato directo e punxente que trenza unha intensa historia de amor sobre un fondo de violencia que emparenta co das Comedias Bárbaras e Divinas Palabras de Valle-Inclán, fillas do mesmo territorio e do mesmo espírito do tempo. Unha novela memorable de lectura engaiolante que, por riba da lenda, nos reconcilia coa verdadeira historia da máis famosa bandoleira galega de todos os tempos. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

18.00€

18.00€

(Tapa blanda)

EDUCACION E PAZ III
Fecha Lanzamiento: 31/01/2009
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Durante o ano 2008 celébrase o 25 aniversario de Educadores pola Paz, grupo que forma parte do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Para conmemorar esta efeméride, Xesús R. Jares, desaparecido o pasado mes de setembro, impulsou a publicación dunha triloxía, Educación e Paz, coa intención de que recollese a s achegas dos homes e mulleres que, ao longo destes anos, veñen traballando arredor dos obxectivos que promove Educadores pola Paz. Con esta intención naceron os tres libros que constitúen o proxecto, deseñado en colaboración con Edicións Xerais de Galicia. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, que recolle textos narrativos e poéticos de autores e autoras galegos inspirados na cultura da paz. Textos que tanto polo seu valor literario como polo seu contido temático, poidan ser utilizados nas aulas para espallar os obxectivos que defende Educadores pola Paz. Participan no volume quince narradores (Rosa Aneiros, Ramón Caride, Fina Casalderrey, Francisco Castro, Xabier P. DoCampo, Agustín Fernández Paz, Jaureguizar, Manuel Lourenzo González, Xosé Miranda, Teresa Moure, Xavier Queipo, María Reimóndez, Manuel Rivas, Anxos Sumai e Suso de Toro) e catorce poetas (An Alfaya, Fran Alonso, Celso Alvarez Cáccamo, Marica Campo, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Antonio García Teijeiro, Olga Novo, María Xosé Queizán, Román Raña Lama, Daniel Salgado, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel e Rafa Villar), aos que se engaden os textos creados polos membros do Obradoiro de Lingua Gianni Rodari, vencellados ao movemento de Educadores pola Paz. Os dereitos de autor xerados pola venda deste terceiro volume, editado como os anteriores por Edicións Xerais de Galicia, destinaranse, a partes iguais, a Amnistía Internacional-España e a Greenpeace-España. ... Leer resumen completo

15.65€

15.65€

(Tapa blanda)

EDUCACION E PAZ II
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Educación e Paz II. Presente e futuro da construción da Paz, recolle as colaboracións que fixeron uns 40 ensaistas de distintas disciplinas e países agrupadas en tres campos: o mundo no que vivimos, os escenarios e propostas de paz e o papel da educación para a paz a prol da paz, a cidadanía democrática e os dereitos humano s.O libro está estruturado en tres capítulos: O mundo no que vivimos e propostas de futuro; Escenarios e presupostos de paz e O papel da educación para a paz e os dereitos humanos. ... Leer resumen completo

17.30€

17.30€

(Tapa blanda)

XOSE MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Irene Pérez Pintos, profesora de lingua e literatura do IES O Castro de Vigo, preparou “Xosé María Álvarez Blázquez. Unidade didáctica” un material educativo concibido para unha abordaxe integral nas aulas de ensino secundario da figura homenaxeada este 17 de maio. A unidade didáctica organízase en seis grandes apartados: •A historia de Xosé María Álvarez Blázquez e de todos nós. •A historia sociolingüística de Xosé María Álvarez e de todos nós. •O amor ás letras nas letras do ADN. •A Xeración do 36. •A obra literaria de Xosé María Álvarez Blázquez. •Escolma de textos. Cada un dos apartados inclúe textos expositivos e actividades, apoiados por fotografías e pés explicativos. ... Leer resumen completo

12.95€

12.95€

(Tapa blanda)

A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA NA NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL
VV.AA.
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Co titulo do libro , realizouse un curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co patrocinio do banco Caixa Galicia, e del saíu este gran libro. Coa finalidade de afondar nunha temática, as literaturas infantís e xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das li cenciaturas e diplomaturas e, sen embargo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das novas tecnoloxías da información e da comunicación. Analizouse o impacto e a presenza da Guerra Civil nas manifestacións culturais e artísticas das últimas décadas e a abundante bibliografía crítica xerada arredor do tema, inclúense enfoques panorámicos que abordan o tratamento do tema nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa, vasca, co engadido de dúas achegas que estudan a presenza da contenda española na produción en lingua alemá e inglesa. Tamén se presentou unha selección de obras narrativas nas que se trata a Guerra Civil española, dezasete das cales son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores e mediadoras algunhas claves de aproximación para o seu uso na educación literaria. Os participantes desta publicación e curso representan a todos os axentes que fan posible a comunicación literaria: investigadores de todo o marco ibérico, é dicir, casteláns, cataláns, vascos, portugueses e galegos; editores, escritores, libreiros, bibliotecarios e profesores. ... Leer resumen completo

25.50€

25.50€

(Tapa blanda)

ENTRE FRONTEIRAS
Fecha Lanzamiento: 01/03/2004
GALAXIA, 2004

Resumen del libro

Entre fronteiras narra a historia da represión das comunidades evanxélicas en Galicia no primeiro terzo do século XX. A nova novela de Xavier Alcalá forma parte dun proxecto narrativo centrado na historia nunca contada das comunidades evanxélicas en Galicia. Entre fronteiras narra a historia dunha represión. Partindo de fei tos reais, a novela de Alcalá achéganos á verdade a través da ficción. As consecuencias de vivir cunhas conviccións relixiosas diferentes e as vicisitudes que o contexto histórico impón aos evanxélicos en Galicia constitúen a materia prima da triloxía «Evanxélica memoria», iniciada coa novela que agora se publica. Entre fronteiras supón un esforzo narrativo singular. A historia que conta Xavier Alcalá nesta novela comeza durante o reinado de Alfonso XIII e chega á Guerra Civil. As circunstancias e os personaxes son retratados coa exactitude dun escribán de xulgado e o pulso firme e apaixonante dunha narración que flúe dun xeito imparable. A base documental da novela está tomada directamente das conversas que o autor mantivo con membros da comunidade evanxélica en Galicia: os seus testemuños axudaron a Alcalá a tecer un relato de ficción narrativamente verosímil, amais de apaixonante polo que ten de historia vivida. Xavier Alcalá descobre unha parte ata o de agora descoñecida da nosa historia. O autor anuncia a continuación desta epopea do noso tempo noutras dúas novelas máis, Nas catacumbas e Unha falsa luz. Cada unha das partes da triloxía pódese ler de xeito independente, xa que abranguen distintos períodos da historia recente: a Guerra Civil, a posguerra e o franquismo ata a morte do ditador. ... Leer resumen completo

15.00€

15.00€

(Tapa blanda)

TEATRO INFANTIL
VV.AA.
XERAIS, 2007

Resumen del libro

Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI), coa colaboración doutros investigadores convidados, reúnen neste volume, coordinado por Blanca-Ana Roi Rechou, Isabel Soto López e Pedro Lucas Domínguez, un conxunto de estudos, destinados fundamentalment e aos mediadores, que pretenden afondar no tema do teatro e da súa representación, dous elementos que se necesitan mutuamente e que posúen funcións, significados e características de seu. Tras dúas achegas teóricas arredor do xénero dramático e o teatro infantil e o concepto de representación, abórdanse enfoques panorámicos centrados na historia do xénero nas literaturas castelá, catalá, galega, portuguesa e vasca. O volume inclúe ademais unha selección de sesenta e unha obras da literatura dramática, realizada co obxectivo de dar a coñecer autores e autoras que destacaron pola súa traxectoria e a calidade das súas obras e por seren representantes das grandes correntes do teatro infantil do século XX. Sete destas obras son obxecto dun comentario pormenorizado, co fin de facilitarlles aos mediadores algunhas claves de aproximación a estes textos para o seu uso na educación literaria. ... Leer resumen completo

19.15€

19.15€

(Tapa blanda)

ASASINOS, ASASINOS, ASASINOS!
VICENTE PIÑEIRO GONZALEZ
TOXOSOUTOS, 2011

10.00€

10.00€

(Tapa blanda)

CORAZON DA ESCURIDADE
Fecha Lanzamiento: 01/02/1997
EDICIONS POSITIVAS S.L., 1997

Resumen del libro

Joseph Conrad, quen gustou de chamarse o menos literario dos escritores, plasmou en `Corazón da escuridade a súa navegación para a Sociedade Anónima do Comercio do Alto Congo.`Corazón da escuridade é unha representación descarnada do imperialismo e dos límites sombrizos da subxectividade. Unha obra situada na liña de fractu ra entre a prosa artística e a literatura de masas, sofisticada e emocionante. Un delicado camafeo victoriano que amosa canto terror levamos os homes.Unha obra sublime, coma a sombra do aire na herba. ... Leer resumen completo

10.00€

10.00€

(Tapa blanda)

A UNLLA DA AGUIA (PREMIO AVILES DE TARAMANCOS DE RELATO DE AVENTU RAS 2004)
TOXOSOUTOS, 2004

Resumen del libro

O relato gañador do Premio &@8220;Avilés de Taramancos de relato de aventuras 2004&@8221; recaeu neste texto onde se trata a guerra da Independencia na vila de Noia. Tras a derrota de Elviña, o camiño queda espedito para as tropas francesas, que invaden Galicia ao mando dos xenerais Ney e Soult. Noia e a súa bisbarra non es capan á invasión e alí, Cachamuíña, oficial do exército ao mando do Marqués de la Romana, pretende organizar a defensa contra os franceses ... Leer resumen completo

8.50€

8.50€

(Tapa blanda)

LOMBROSO E OS ANARQUISTAS
VV.AA.
XERAIS, 1999

Resumen del libro

En Madrid edítase, en 1884, o libro de César Lombroso, Os anarquistas, cheo de abundante desinformación sobre o anarquismo. O vigués Ricardo Mella leo axiña e, en 1896 replicaralle co seu traballo Lombroso e os anarquistas. Ricardo Mella nesta obra, que Xerais presenta na serie de pensamento "De-liberacións" en traducción p ara o galego de Valentín Arias e estudio introductorio do profesor Antón Fernández Álvarez, semella convencido de que cando a revolución veña, cando este momento central do proceso evolutivo da humanidade sexa factible, o pobo fará a revolución total, integral, en definitiva, a revolución anarquista. Encuadernación: Rústica. ... Leer resumen completo

9.00€

9.00€

(Tapa blanda)

AS PLUMAS DO MOUCHO
IR INDO, 1999

Resumen del libro

A finais da II Guerra Mundial artéllase en Vigo a arañeira que envía a Amércia os elementos conflitivos do esnaquizado III Reich

10.56€

10.56€

(Tapa blanda)

ESMORIZ
Fecha Lanzamiento: 01/05/1994
ANIBAL OTERO ALVAREZ
SOTELO BLANCO EDICIONS, 1994

10.50€

10.50€

(Tapa blanda)

NIN CHE CONTO
XERAIS, 2009

Resumen del libro

Nin che conto do crítico e profesor Xosé Manuel Eyré é unha obra que busca a caracterización e definición da micronarrativa, unha das manifestacións literarias que máis expectativa está creando no comezo deste século e que está a provocar a remodelación do sistema narrativo e mesmo de todo o sistema literario. Este tipo de discursos son un exercicio de exquisita pureza, porque na brevidade o xenuinamente literario brilla con luz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen. Pero para conseguir descifrar o seu código, os microtextos precisan dun lector específico, capaz de representar na súa mente todo o que non figura por escrito, de aí a importancia que se lle concede neste estudo á actitude dinámica, activa, creativa e lúdica dos lectores e lectoras. Ademais de realizar un percorrido polos textos breves canónicos da literatura universal, en Nin che conto ofréceselle un extenso espazo aos autores e textos máis representativos da micronarrativa galega. ... Leer resumen completo

16.70€

16.70€

(Tapa blanda)

ROMASANTA: MEMORIAS INCERTAS DO HOME LOBO
Fecha Lanzamiento: 14/04/2004
SOTELO BLANCO EDICIONS, 2004

Resumen del libro

En Romasanta. Memorias incertas do home lobo, Alfredo Conde preséntanos as memorias apócrifas de Manuel Blanco Romasanta, un asasino en serie galego indultado pola raíña Isabel II de Borbón logo dun complicado proceso iniciado en Allariz no ano 1853, proceso no que desempeñaron un importante papel os medios de comunicación da época, que, a través dunha campaña de prensa de repercusións internacionais, trataron de convencer a opinión pública da condición de licántropo do inculpado. A partir de entón, a figura do chamado Home Lobo de Allariz ten sido amplamente tratada na literatura e no cine. Todas as versións dos feitos existentes ata o día de hoxe coincidían en presentarnos un vendedor ambulante, vítima da superstición e da ignorancia, que asasinaba as súas vítimas sen ser consciente dos seus actos. Porén, a reconstrución dos feitos que atopamos nestas memorias é completamente diferente. As xentes do común, xunto coa clase médica e o corpo togado galego, bautizaron no seu día a Romasanta como o Sacaúntos, o Home do Saco e mesmo o Sacamanteigas, pero nunca se referiron a el como o Home Lobo, posibilidade pola que non se chegaron a inclinar en ningún momento. Foron os crentes nas supercherías científicas daquel tempo os que lle deron crédito á hipótese do licántropo. A realidade parece ser que foi moi distinta, tal e como se nos amosa nesta novela. ... Leer resumen completo

12.50€

12.50€

(Tapa blanda)

OBRA NARRATIVA EN GALEGO DE AMADOR MONTENEGRO SAAVEDRA
VV.AA.
XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL, 2007

13.00€

13.00€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:
O CODIGO DA VINCI
EL ALEPH, 2004
Guardado por:
  • 2 personas
  • 2 opiniones

21.00€

21.00€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:

Mostrando 1 a 17 de 17 resultados

Pág. 1 de 1
  • 1