• Todos
  • Libros
  • eBooks
  • Películas
  • Dispositivos Tagus
InicioLibrosGallego

Valoraciones

  • (59)
  • (49)
  • (34)
  • (6)
  • (3)

Precios

  • Menos de (375)
  • De a (1836)
  • De a (1676)
  • De a (2651)
  • Más de (142)
A COCIÑA DE LARPEIROS. 150 RECEITAS
Fecha Lanzamiento: 30/06/2009
GALAXIA, 2009

Resumen del libro

Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, "Larpeiros". A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de L arpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais ... Leer resumen completo

(2 valoraciones)
  • 7 opiniones

20.00€

(Tapa blanda)

MADE IN GALIZA
Fecha Lanzamiento: 26/06/2007
GALAXIA, 2007

Resumen del libro

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras. Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou s oñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza. Podes ver aquí a presentación de Made in Galiza na feira do libro de Vigo, a cargo de Séchu Sende, Carlos Santiago, Carlos Lema e o Galiza Pulgas Circus. ... Leer resumen completo

(5 valoraciones)
Guardado por:
  • 7 personas
  • 4 opiniones

13.50€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:
NOVAS RECEITAS DA COCINA DE LARPEIROS ( INCLUYE CD )
Fecha Lanzamiento: 17/11/2010
GALAXIA, 2010

Resumen del libro

Inclúe CD con canciónsBenigno Campos naceu en Chapela. Durante 39 anos traballou nunha empresa da construción naval. Estando en Madrid no ano 1971 cumprindo o servizo militar comezou a afeccionarse á cociña grazas a súa amiga Tonina, tamén de Chapela.Esta afección levouno a ser un dos integrantes do exitoso programa de coci ña da Televisión de Galicia Larpeiros. Co seu libro de receitas, A cociña de Larpeiros pretende cumprir coa demanda dun gran número de seguidores do programa. ... Leer resumen completo

(2 valoraciones)

20.00€

(Tapa dura)

  • 2ª Mano desde:
WINNIPEG
Fecha Lanzamiento: 20/02/2013
XERAIS, 2013

Resumen del libro

Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida. Nel van tres irmáns que deixan na vila de Cariño a súa familia masacrada pola represión. O seu delito fora artell ar nos anos da república obreira o Sindicato da Industria Pesqueira e Derivados baixo o amparo da CNT. Na análise que fai Manuel Pita Armada da súa vida, os acontecementos vividos en España repítense novamente en Chile, onde Pablo Neruda e Salvador Allende son vitimados. O mundo da pesca no Ortegal, as sucesivas fugas polo mar, a Guerra Civil, os campos de concentración franceses e o medo están aquí perfilados pola man áxil e experta do escritor Hixinio Puentes. ... Leer resumen completo

17.50€

(Tapa blanda)

  • Ebook en la Casa del Libro:
LUIS SEOANE E A GALICIA MEDIEVAL
Fecha Lanzamiento: 03/03/2010
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOS, 2010

Resumen del libro

A soldadeira, os xograres, bispos, peregrinos e campesiños; Roi Sordo, María Balteira, Pedro Maddruga ou san Ero de Armenteira. Todos eles e moitos máis personaxes da nosa historia medieval aparecen na obra de Luís Seoane, nos sus debuxos, tapices e gravados, pero tamén protagonizan o seu teatro, a poesía, algúns relatos e moitos artigos. Este libro aborda a idea que Seoane foi construíndo da Galicica medieval e as pegadas que esa representación imaxinaria deixou na súa obra artística e lireraria. ... Leer resumen completo

10.00€

(Tapa blanda)

A VERDADE SOBRE MARIE
GALAXIA, 2011

Resumen del libro

null

15.40€

(Tapa blanda)

A CEA
Fecha Lanzamiento: 06/11/2012
GALAXIA, 2012

Resumen del libro

A novela relata o encontro de dous matrimonios -dous irmáns e cadansúa muller- que quedan para cear nun restaurante fino. Falan de cine e plans de vacacións, eludindo ata o final o tema que os levou alí: o futuro dos seus fillos Michel e Rick, de quince anos. Estes fixeron algo que lles pode desgrazar a vida para sempre. Pa ul Lohman, o narrador e pai de Michel, quere o mellor para o fillo. E para iso está disposto a facer o que faga falla. O seus compañeiros de mesa teñen tamén os seus propios propósitos ocultos. Durante a cea saen a relucir emocións, conflitos latentes entre os irmáns, ata que, por último, chegan ao punto no que teñen que tomar unha decisión transcendental. Herman Koch narra cunha finura e unha agudeza verbal extraordinarias unha historia de amor incondicional, de violencia e de traizón. Os verdadeiros motivos persoais de cada un dos personaxes desvélanse pouco e pouco, polo que o lector se ve obrigado a posicionarse moralmente ao longo da narración.A cea é unha novela provocadora e unha ácida crítica social. ... Leer resumen completo

17.50€

(Tapa blanda)

CHAMOME VERMELLO
Fecha Lanzamiento: 31/10/2012
GALAXIA, 2012

Resumen del libro

Esta novela, cuxa publicación en 1998 supuxo aconsagración internacional de Orhan Pamuk, está a partir de agora ao dispor dos lectores e lectoras galegos. É a sexta novela do Premio Nobel de 2006 que se publica no noso idioma, todas elas na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do prelo coa colaboración do Concello de Santiago. A fins da década de 1590, o sultán de Istambul encarga en segredo un gran libro: unha homenaxe á súa vida e ao seu imperio que os mellores pintores da época deberán iluminar... á maneira dos europeos. Mais, sen que se saiba a causa, un dos miniaturistas é asasinado. O pintor morto, foi vítima da rivalidade profesional, de celos amorosos ou do fanatismo relixioso? Alén dun misterio apaixonante, Chámome Vermello encerra unha meditación sorprendente sobre o amor, a dedicación á arte e as tensións entre o Oriente e o Occidente. Velaquí algunhas opinións da crítica internacional:"Esta novela é formalmente fantástica, ocorrente e asemade trata de cuestións fundamentais. [...]Pamuk transmite dun xeito totalmente convincente a textura emotiva, mental e física, da vida cotiá."(Dick Davis, Times Literary Suplement)"Máis ca calquera outro libro que se me ocorra, capta non só as contradicións pasadas e actuais de Istambul, senón a súa terrible beleza atemporal. É case perfecto, noutras palabras."(Maureen Freely, New Statesman)"Fabulosa, desconcertante, emocionante... Radicalmente distinta á novela histórica de misterio tradicional en Occidente... É unha novela prodixiosa, onírica, apaixonada e augusta, exótica no sentido máis orixinal."(Philo Hensher, Spectador) ... Leer resumen completo

24.00€

(Tapa blanda)

A NOITE BRANCA
Fecha Lanzamiento: 22/11/2012
XERAIS, 2012

Resumen del libro

Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da División Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo.Coa axuda da súa nai, o escritor inicia un proceso de investigación e de recuperación da memoria que o leva desde A Habana da emigración galega ata a fronte do río Volchov e o cerco de Leningrado, atravesando a Europa sacudida pola II Guerra Mundial.Catro voces van debullando un conxunto de historias entretecidas, que son protagonizadas por unha galería de personaxes entre os que destacan Alfredo, o autor das cartas; a súa nai María Luísa; os membros do pelotón do que el forma parte; cidadáns rusos atrapados pola crueldade da guerra; nenos, exiliados republicanos; xudeus e soldados alemáns que son testemuñas da viaxe da División cara á fronte do leste.Coa ribeira do Miño como centro e un mundo convulso como escenario, Fernández Naval constrúe en A noite branca unha narración emocionante, intensa, que lle permite recobrar personaxes e xeografías da súa primeira novela O bosque das antas (Premio Xerais 1988). A noite branca é unha novela de gran calado, de lectura seductora e decisiva na traxectoria literaria de Fernández Naval. ... Leer resumen completo

21.00€

(Tapa blanda)

  • Ebook en la Casa del Libro:
SEMBLANZAS, CRONICAS E ARTIGOS
XERAIS, 2005

Resumen del libro

Semblanzas, crónicas e artigos é a compilación dunha parte fundamental dos artigos de prensa de Celso Emilio Ferreiro: deliciosos textos que o autor publicou no Faro de Vigo ao longo de trinta anos; unha parte baixo o epígrafe de <>. Son páxinas cargadas de tenrura e de ironía que Ferreiro quixo publicar en forma de libro p ero nunca puido; agora, por primeira vez, ven a luz na súa totalidade. O libro tamén recolle un novidoso conxunto de crónicas sorprendentes sobre o Camiño Portugués, ademais de artigos en que Celso Emilio revela claves da súa vida e da súa obra e nos achega aos seus lugares, á literatura, á política e á sociedade do seu tempo, e tamén á gastronomía, á cartomancia, etc. Unha edición prologada e disposta polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás, un dos maiores especialistas na obra do autor celanovés, tamén responsable da súa Poesía galega completa. ... Leer resumen completo

27.00€

(Tapa blanda)

A GUERRA DO TABACO (2ª ED)
XERAIS, 2005

Resumen del libro

Don Orlando, o máis veterano dos contrabandistas galegos de tabaco, olla dende o seu castelo de Miraventos a ría que ten por máis fermosa do mundo. Un descoñecido quere arrebatarlle o control do negocio, e el non descansará ata descubrir quén é. Por isto decide tomar as medidas necesarias para afrontar a situación. O detect ive Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde investigan uns accidentes de tráfico ocorridos na mesma zona e que parecen ser parte dun axuste de contas. Eles saben que detrás destes feitos agóchase unha realidade nova, intensa e complexa. ¿Quizáis unha guerra que ninguén coñece? ¿ Unha guerra clandestina, silandeira, sen nome? Neste proceso todos acabarán envoltos nun final inesperado e violento, vibrante. ... Leer resumen completo

19.00€

(Tapa blanda)

O MISTERIO DO BARCO PERDIDO (4ª ED.)
XERAIS, 2005

Resumen del libro

Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Rescate non descubre rastro del nin da tripulación. O dono do pesqueiro, un armador coruñés, ten unha razón moi especial para facer que se investigue a fondo o seu destino: un dos homes que ía a bordo era un fillo seu, que se enrolara como segundo patrón. Isto lévao a poñerse en contacto co detective Nivardo Castro e co xornalista Carlos Conde. A eles lles corresponderá desenredar a enguedellada madeixa en que se converte a desaparición do barco. Neste proceso ábrese un horizonte inesperado de aventuras, que inclúen o secuestro, o tráfico de armas, o transporte de mercenarios, o narcotráfico ou o simple roubo. Unha fascinante odisea internacional de acción trepidante, que remata co esclarecemento do intricado caso. Carlos G. Reigosa logra a tensión e o dinamismo da mellor novela de intriga, nun ambiente oriental, inesperado, sórdido e violento. ... Leer resumen completo

16.65€

(Tapa blanda)

AMOR DE ARTUR (9ª ED.)
XERAIS, 2005

Resumen del libro

Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico. o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación do s vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes. Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. ¿Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Arturo, o grande Merlín, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revísteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas relacións, pero, ó cabo, seguen a ser auténticos heroes. Abrámoslle, pois, por sempre, as terras de Galicia. ... Leer resumen completo

16.65€

(Tapa blanda)

AS GALERAS DE NORMANDIA
XERAIS, 2005

Resumen del libro

As galeras de Normandía, novela de Ramón Loureiro, emerxe da Galicia de Mahiloc, ese territorio máxico chamado Terra de Escandoi, onde é posible o milagre. Á sombra do monte Marraxón, baixo o Río Branco do Firmamento, o país que se estende desde o Mar de Ferrol até o río Eo está habitado por Henrique de Caldaloba, o Príncip e de Dúas Cabezas, e un Merlín Nigromante vello e fanado, soñando a reconstrución da Última Bretaña, a esquecida e irredutible Galicia norte. E, detrás deles, un exército de sombras, máscaras e nomes inidentificables vai construíndo un abraiante universo ficcional, coa súa polifonía de voces de vivos e mortos, a través dun xenial dominio da ironía, do humor e da retranca. E mentres ese país agarda esperanzado pola Flota Normanda, Ramón Loureiro culmina, nesta urdidura narrativa, un inesquecible macrotexto onde ecoan as voces de Cunqueiro, Torrente Ballester e Carlos Casares. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

21.40€

(Tapa blanda)

ALICIA NO PAIS DAS MARABILLAS
XERAIS, 2002

Resumen del libro

A nena Alicia, caendo polo tobo dun coello vai dar a unha sala soterraña onde medra e encolle segundo consome beberaxes e doces máxicos, nada entremedias de animais extravagantes nunha pucharca formada coas súas propias bágoas, entra nun xardín encantado no que estraños personaxes manteñen con ela absurdos razoamentos envol veitos na máis rigorosa lóxica aparente, e logo esperta. ... Leer resumen completo

15.80€

(Tapa dura)

IN VINO VERITAS
Fecha Lanzamiento: 30/06/2011
GALAXIA, 2011

Resumen del libro

Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de Spam aborda o xénero policial en clave de parodia.

20.00€

(Tapa blanda)

OS LIBROS ARDEN MAL
XERAIS, 2006

Resumen del libro

O río da vida e da morte. Unha moza lavandeira que le nas marcas da auga a historia da súa xente. Despois da auga que fecunda a memoria, axiña aparecerá un fogo destrutor, as labaradas do odio... Así comeza Os libros arden mal, a agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos dí as, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Esta obra, como moitos dos personaxes que a habitan, podería levar tatuada na pel aquel sobre aviso que Luís Vives transmitiu a Erasmo: Non se pode falar nin calar sen perigo. A protagonista principal é a linguaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loita entre as palabras feitas para dominar, e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder autoritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo dionisíaco da fala popular. A linguaxe dogmática da relixión e a fala carnal e erótica do entroido. Unha obra que intenta pescudar, por un camiño interior, de intersticios, con sutileza e sen dogma, no inexplicábel histórico. ... Leer resumen completo

(3 valoraciones)
Guardado por:
  • 6 personas
  • 1 opinion

26.80€

(Tapa blanda)

  • Ebook en la Casa del Libro:
  • 2ª Mano desde:
KIKA SUPERBRUXA REVOLUCIONA A CLASE
Fecha Lanzamiento: 31/10/2005
BRUÑO, 2005

Resumen del libro

Nesta aventura, a Kika ocorréuselle empregar un par de trucos de maxia para axudarlle un pouco á súa mestra durante unha clase... en presenza dun inspector do Ministerio de Educación. ¡Seguro que no colexio de Kika nunca se viviu un día tan axitado!

9.70€

(Tapa blanda)

DICIONARIO ORTOGRAFICO DA LINGUA GALEGA
XERAIS, 2006

Resumen del libro

O Dicionario Ortgráfico da Lingua Galega, preparado polo lexicógrafo Xosé Feixó Cid, ofrece por vez primeira nun único volume a presentación do vocabulario normativo galego e das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Así na primeira parte, dedicada ao vocabulario, preséntase con claridade as formas normativas con indicación gramatical, remisión de formas sinónimas e indicación de formas incorrectas de uso frecuente. Canto ás normas ortográficas e morfolóxicas, que constitúen a segunda parte do dicionario, optouse para achegalas ao público consultor dun xeito simplificado e claro, ordenado alfabeticamente para unha mellor localización da cuestión obxecto de consulta. Así, o plural, o feminino, a acentuación, o artigo... poden localizarse de xeito máis rápido que buscándoos dentro de epígrafes máis xenéricas ás que ás veces o consultor non sabe dirixirse. Ademais, en poucas páxinas, ofrécese extractado, pero de forma completa, un dicionario de verbos co que todos eles poderán ser conxugados con seguridade, sen necesidade de introducirse na complexa teoría xustificatoria. A maiores, a obra ofrece tamén cuestións non puramente ortográficas ou morfolóxicas, pero sen dúbida de grande interese e consulta, como poden ser a colocación dos pronomes átonos na frase ou o nomenclátor oficial da toponimia, ou o uso de distintos signos, entre eles os de puntuación, ou a determinación de casos dubidosos de xénero.O Dicionario Ortográfico da Lingua Galega convértese no consultor ortográfico de máis alta fiabilidade no momento actual, polo que se refire ao vocabulario da nosa lingua, e no de máis doada consulta das normas ortográficas e morfolóxicas que a rexen, sen que por iso se perda nesa parte a máis mínima rigorosidade, e, en conxunto, sumados ambos capítulos, no máis completo. ... Leer resumen completo

  • 1 opinion

29.50€

(Tapa blanda)

MI MADRIÑA, QUE PAISAXE!
XERAIS, 2010

Resumen del libro

Un bosque tarda centos e, ás veces, milleiros de anos en medrar, pero pode desaparecer en pouco tempo por culpa dun incendio ou polas necesidades do ser humano. O señor Viramontañas ten a solución para que a Terra non se converta nun deserto. Gustaríache coñecela? Entón, xunto con Martiño e Helena, terás que acompañalo nunh a excursión a través da montaña. Co señor Viramontañas aprenderás Que son as plantas. Como se clasifican: herbas, arbustos e árbores. A reprodución das plantas: que é a polinización. Como se alimentan: que é a fotosíntese. Cales son os beneficios das plantas. A importancia do solo. Como se defenden as plantas. ... Leer resumen completo

10.30€

(Tapa blanda)

A CHAMADA DA SELVA
XERAIS, 2011

Resumen del libro

No outono de 1894 o descubrimento de ouro en Klondike levou ata as rexións xeadas de Alaska a homes de todas as partes do mundo. A chamada da selva é a historia destes homes, desta epopea vivida no espello da aventura dun can, Buck, que tras catro ano de cómodo vagar na granxa do xuíz Miller, preto de San Francisco,ten que comezar unha vida rexida pola lei do vergallo e da loita pola existencia para, ao cabo, sentir a chamada do atávico, o achegamento ao lobo, o seu irmán salvaxe, que ha cantar co seu ouveo a canción do mundo primitivo. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

12.50€

(Tapa blanda)

ASASINATO NO CONSELLO NACIONAL
XERAIS, 2010

Resumen del libro

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora. O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de atentado contra a democracia . O vicepresidente Óscar Quiroga, amosouse conmocionado e afirmou que Galiza saberá estar á altura das circunstancias ante un asasinato que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas galegos . Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de camarada insubstituible e extraordinario patriota galego . Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG. Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil. ... Leer resumen completo

(2 valoraciones)
Guardado por:
  • 7 personas
  • 1 opinion

19.60€

(Tapa blanda)

  • Ebook en la Casa del Libro:
BUSCA A ASTERIX (GALEGO)
Fecha Lanzamiento: 15/10/2010
BRUÑO, 2010

Resumen del libro

No 50 antes de Cristo, toda a Galia está ocupada polos romanos Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo ao invasor romano. Pero, onde é que vai Astérix, o máis famoso de todos eles? Ao longo de 12 escenas, divírtete atopando o noso heroe e tamén outros personaxes ou detalles insólitos e ac epta o desafío gañando, a medida que avanzas no libro, as coroas de loureiro reservadas para os campións. Boa sorte! ... Leer resumen completo

9.80€

(Tapa dura)

XOA
XERAIS, 2010

Resumen del libro

Cando Xoa naceu, houbo festa rachada. Ninguén acordaba outra igual no campeiro. Os seus habitantes bailaron e bailaron ata non poder máis, contentos coma carricantas. E é que había tempo que naquel lugar non viña ao mundo unha xoaniña. Os veciños foron un por un darlle os parabéns á nai, que acoleiraba a Xoa con duzura. Tod os coincidiron en que nunca unha xoaniña tan feita e tan garbosa adornara o campeiro, e iso celebrárono rillando nuns pulgóns moi sabedoiros escollidos para a ocasión. ... Leer resumen completo

12.40€

(Tapa blanda)

DRAMATURXIA
Fecha Lanzamiento: 27/03/2007
GALAXIA, 2007

Resumen del libro

A dramaturxia é unha disciplina recente, que se ocupa dos procesos que van do texto ao espectáculo e que pode ter as máis diversas orientacións, desde a análise dos textos na súa dimensión escénica ata o deseño virtual do espectáculo. Con todo, as prácticas dramatúrxicas son consubstanciais ao desenvolvemento do traballo te atral, polo que a súa xénese hai que buscala no inicio dos tempos en que a escena se configura como espazo para crear mundos dramáticos. Este libro, que se concibe á maneira dun manual, analiza os aspectos máis substantivos da disciplina sobre os que se sustentan todas esas posibles orientacións. ... Leer resumen completo

23.60€

(Tapa blanda)

DIARIO DUN PAI ACABADO DE NACER
XERAIS, 2008

Resumen del libro

O xornalista Henrique Alvarellos comezou este diario íntimo no mesmo intre de saber que ía ser pai. Aquí están as risas, os acenos, as anécdotas, as experiencias e mesmo «as medras» do novo ser, do cambio radical na vida de quen afronta a pater-nidade. A súa intención era tamén ir reflexionando sobre o papel do pai, esa función que ninguén adoita tratar, deténdose exclusivamente no intransferible labor da nai. Pois ben, aquí, un pai. O pai en primeiro plano, coprotagonista desde os primeiros días da vida do fillo. Durante cinco anos o autor viu medrar o seu fillo e gozou con el, que pasou de bebé a neno. Pero nestes cinco anos foi tamén o tempo en que, inesperadamente, o autor perdeu a seu pai. O resultado desa sacudida, desa contusión son as páxinas deste Diario dun pai acabado de nacer. Páxinas iniciáticas que envolven grandes momentos de ledicia, de ilusión e futuro; a carón dos momentos de desesperanza, de confusión e de dor. ... Leer resumen completo

16.65€

(Tapa blanda)

INCERTOS
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente é real e a realidade habita outras dimensións. Nestes relatos, as personaxes no n son apenas monecos nas mans dun fado caprichoso, senón que tecen a súa vontade, cos seus actos, cos seus desexos e os seus temores, as encrucilladas en que se verán atrapadas as súas vidas. Para o lector, o inesperado accede en toda a súa naturalidade, con toda a crueldade, con absoluta fereza; fai agromar os recantos menos coñecidos evidenciando o principio de incerteza. Mais sobre todas estas historias aboia inevitablemente aquilo que nos caracteriza como humanos: a necesidade de comunicar, de amar, de negar a presenza imperial da morte. E as múltiples faces do poder. ... Leer resumen completo

16.65€

(Tapa blanda)

O PROFESOR DE VEGLIOTA
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Tras ser depurado e coa intención de non poñer en perigo a súa muller e a súa filla, o profesor de idioma regresa a Puebla, a súa cidade natal, na derradeira viaxe do tren arrancatravesas. En Puebla pretende ocultar os dous mecanoscritos, que conseguiu salvar tras a última incautación da súa computadora, onde recolleu as sú as investigacións sobre o vegliota, unha lingua que durante un tempo chegou a ter a súa pequena idade de ouro, mais que agora desaparece irremediablemente tras a imposición da lingua oriental como a única oficial. O profesor de vegliota de Manuel Veiga é, en parte un relato policial, con ingredientes de novela de misterio e atmosfera de ciencia ficción, que se ofrece como un laio desesperado por unha perda. Unha novela impactante, talvez un ensaio sobre o futuro da lingua, sobre as posibilidades de sobrevivir sendo diferentes, sobre a identidade, sobre a resistencia e sobre as contradicións que supón esta loita. ... Leer resumen completo

Guardado por:
  • 2 personas

16.65€

(Tapa blanda)

PERSONAJES Y ANIMALES CON POMPONES Y FOAM ESCOBILLONES
Fecha Lanzamiento: 15/01/2008
DRAC EDITORIAL, 2008

Resumen del libro

Barbara Kalk es una experimentada autora en libros de manualidades dirigidos a niños pequeños, centrados en los trabajos con papel, papel maché, pompones y fieltro.

Guardado por:
  • 2 personas

4.95€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:
RIOFERO
XERAIS, 2009

Resumen del libro

río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última novela de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventureiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantasmas. Un Riofero de humanos que tornan feras e vidas que esvaen ata con verterse en sombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña dunha curiosa tropa de personaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, o secreto talismán, en palabras do autor “eu apuntar apuntei ao corazón da literatura, mais era de noite e a besta movíase, pero eu apuntar apuntei e disparar disparei, iso é o único que importa”. ... Leer resumen completo

17.40€

(Tapa blanda)

Mostrando 1 a 30 de 6680 resultados