• Todos
  • Libros
  • eBooks
  • Películas
  • Dispositivos Tagus
  • Accesorios
InicioLibrosGallego

Libros por temática

  • Ciencias Humanas (1)
  • Ciencias Políticas y Sociales (1)
  • Historia (2)
  • Idiomas (1)
  • Infantil (3)
  • Juvenil (2)
  • Literatura (3)
  • Música (1)
  • Novela contemporánea (25)

Recomendaciones de la comunidad

  • <Todas las Recomendaciones
    • Imprescindibles (36)

Idiomas

Valoraciones

  • (23)
  • (9)
  • (3)

Precios

  • De a (3)
  • De a (12)
  • De a (20)
  • Más de (1)

Mostrando 1 a 30 de 36 resultados

O PRINCIPIÑO (6ª ED.)
Fecha Lanzamiento: 18/04/2008
GALAXIA, 2008

Resumen del libro

Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que e mprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria. ... Leer resumen completo

(3 valoraciones)
Guardado por:
  • 7 personas
  • 1 opinion

11.50€

11.50€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
MADE IN GALIZA
Fecha Lanzamiento: 26/06/2007
GALAXIA, 2007

Resumen del libro

Logo de Orixe, a súa primeira novela e Premio Blanco Amor 2003, Séchu Sende volve cun libro de relatos especialmente escrito para ti, que tamén buscas a vida nas palabras. Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou s oñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza. Podes ver aquí a presentación de Made in Galiza na feira do libro de Vigo, a cargo de Séchu Sende, Carlos Santiago, Carlos Lema e o Galiza Pulgas Circus. ... Leer resumen completo

(5 valoraciones)
Guardado por:
  • 7 personas
  • 4 opiniones

13.50€

13.50€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
O REINO MEDIEVAL DE GALICIA (HISTORIA DE GALICIA Nº5)
Fecha Lanzamiento: 02/06/2005
PROMOCIONS CULTURAIS GALEGAS, 2005
(3 valoraciones)

15.00€

15.00€

(Tapa blanda)

A LUS DO CANDIL
Fecha Lanzamiento: 03/02/2005
GALAXIA, 2004

Resumen del libro

A descuberta dun escritor que na súa obra unía a tradición literaria moderna coa raiceira popular. A Biblioteca de autor que Galaxia dedica ao autor lugués inclúe este libro que é fundamental para entender a evolución da literatura galega do século XX. A cuberta do libro reproduce un cadro de Carlos Maside e conserva o limi ar que para a primeira edición fixera Salvador Lorenzana. Publicado no 1953, Á lus do candil é unha colección de quince relatos nos que a imaxinación e o humor xogan un papel importante á hora de desenvolver as sorprendentes historias de misterio que xorden da vida cotiá. Coma os contos que se comparten o carón da lareira, as narracións de Fole conservan toda a frescura e espontaneidade, toda a graza e lixeireza que autores coma Italo Calvino consideran unha das virtudes fundamentais das obras literarias. Este libro foi unha contribución esencial ao rexurdimento da narrativa galega de posguerra. A descuberta dun mundo máxico que se confunde co real, onde por tras das aparencias xorden historias insospeitadas, contos de aparecidos, de lobos, de premonicións e soños fantásticos... Un libro que hoxe continúa a ofrecer aos lectores e lectoras toda a intensidade e toda a forza de sedución da gran literatura. ... Leer resumen completo

(2 valoraciones)
Guardado por:
  • 3 personas
  • 3 opiniones

14.20€

14.20€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
O PORCO DE PE
Fecha Lanzamiento: 30/01/2004
GALAXIA, 2007

Resumen del libro

A parodia e a crítica da sociedade da época nunha novela que significou a entrada da narrativa moderna na literatura galega. Publicada en 1928, é unha das obras máis emblemáticas e importantes da narrativa galega. O protagonista, un comerciante chamado Celidonio Latas Tinajero, consegue ir ascendendo na escala social ata ch egar a alcalde da vila de Oria, trasunto da Ourense natal de Risco. Á zafiedade e ignorancia deste comerciante, opónselle a personalidade do doutor Alveiros, representante da vida intelectual. Na súa obra, Risco satiriza o gregarismo e a vulgaridade, a sociedade burguesa, a hipocrisía dos políticos e a homoxeneización das ideas. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 6 personas

13.50€

13.50€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
TIFON
Fecha Lanzamiento: 02/09/2003
SOTELO BLANCO EDICIONS, 1999

Resumen del libro

Xavier Queipo, traductor do libro, conta na nota final “Joseph Conrad e a arte de escribir”: “Nunha época onde as publicacións en folletín eran interesantes e populares, Tifón (Typhoon) foi publicada por primeira vez na Pall Mall´s Magazine entre xaneiro e marzo de 1901 e segundo unha lenda urbana, q ue pode ser verdadeira ou falsa, foi escrita integramente no Hotel Raffles de Singapur. “Algúns críticos ven a Tifón como unha novela voluntariamente dramática, contra a opinión do propio Conrad que considera que contén moitas pasaxes, se non divertidas, si cando menos, irónicas e ata estimuladoras do sorriso (como a pasaxe onde se fala da bandeira do Siam e da posibilidade de que o elefante se sitúe cabeza abaixo). O certo é que a apoteose do dramatismo (o tifón en si mesmo) non se acada ata os capítulos V e VI. A novela remata cunha carta, o mesmo recurso que Conrad utiliza nunha das súas obras máis coñecidas, Lord Jim. “O capitán McWhirr (o auténtico), que logo dará orixe ó célebre capitán estoico e algo obtuso (característico anti-heroe conradiano), era máis animado que o seu dobre imaxinario tal e como o describe o propio Conrad en The Mirror of the Sea onde tamén conta que navegaron xuntos no ano 1887. “No prefacio de The Nigger of the Narcissus, que algúns consideran o credo estético de Conrad e onde se recolle a súa concepción da natureza, das relacións humnas e moi particularmente da vida no mar, insiste en que as calidades para soporta-la natureza, das relacións humanas e moi particularmente da vida no mar, insiste en que as calidades para soporta-la dureza da vida en alta mar son o endurezemento psicolóxico e a ausencia de reflexión (e non a imaxinación e intelixencia). Por iso, se cadra, o capitán McWhirr pódese ver como retrato paradigmático dun home adaptado á vida no mar, distante cando no seco coa súa familia, certamente apático e pouco ou nada reflexivo. Lembrar aquí, aquela p ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

10.00€

10.00€

(Tapa blanda)

TOXOS E FLORES (2ª ED.)
XERAIS, 1992

Resumen del libro

Toxos e flores é un libro abertamente romántico e enxebre. ¿Pódese falar de romanticismo ás portas do século XXI? Na prosa de Manuel Rivas hai rebeldía e hai humor, hai heterodoxia e espírito anovador ao tempo que un fondo amor polas boas herdanzas. E hai, sobre todo, un espeso tapiz refulxente: a Sagrada Terra, ATerra Nai, O Antigo Reino de Galicia. A fermosa nación da espiña e da chorima, da cruz e do grial, dos toxos e das flores. Nesta segunda edición revisada, Manuel Rivas inclúe catro novos traballos: os que tratan de Reimundo Patiño, Ramón Sampedro, Lois Pereiro e a Xeración Doente. Teñen en común que habitaban na escaleira de incendios do hotel Vida, que encarnan a creación como unha aposta existencial sen apaños e insubornable.Complétase a edición co texto de O pregón de Monte Alto, que Manuel Rivas recitou e cantou na compaña de Os Diplomáticos de Monte Alto na noite do 4 de setembro de 1998; documento sonoro recollido no CD adxunto. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

17.50€

17.50€

(Tapa blanda)

QUEROCHE CONTAR UN CONTO
VV.AA.
XERAIS, 2010

Resumen del libro

Dende ASPANAEX queremos darlles o noso máis sincero agradecemento a An Alfaya ´Os segredos das coresö, Francisco Castro ´A sombra que asombraö, Xosé Cermeño ´Historia de don Ramón e o susto que puido levar cando a marea subía e non quería baixarö, Agustín

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona
  • 1 opinion

8.25€

8.25€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
A PANTASMA DE CANTERVILLE
Fecha Lanzamiento: 14/01/2011
XERAIS, 2011

Resumen del libro

Cando o embaixador norteamericano Hiram B. Otis resolveu comprar o pazo de Canterville, todos lle foron co conto de que cometia un grande erro porque a casa estaba enmeigada. Opropio Lord Canterville sentiuse na obriga de avisalo de que aquela pantasma lles aparecera aos seus familiares, que pasaban noites enteiras sen durm ir por mor dos ruidos que se sentian no corredor da biblioteca. Isto non amedrentou ao embaixador, que consideraba que a pantasma e os mobles non eran mais ca unha parte do lote que queria mercar.A pantasma de Canterville, conto que lle da titulo a este volume de narracions de Oscar Wilde, e, ademais dunha historia de pantasmas, un intelixente estudo de caracter dos membros dunha familia norteamericana e das suas reaccions ante as aparicions nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. Os outros contos, O rei novo, O xigante egoista, O rousinol e a rosa, O Principe Feliz e O crime de Lord Arthur Saville, estan tinguidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidariedade entre os seres humanos. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

12.50€

12.50€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
¿QUE ME QUERES AMOR? (PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 1996, PREMIO T ORRENTE BALLESTER 1995) (13ª ED.)
Fecha Lanzamiento: 15/06/2010
GALAXIA, 2010

Resumen del libro

Dezaseis narracións que enxergan o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco. Este libro, un dos máis recoñecidos do autor, é un conxunto de relatos que rescatan a grandeza do pequeno. Manuel Rivas ofrécenos unha interpretación lírica, dura e delicada á vez, dun país habitado polo temp o e por xentes que reclaman o seu dereito a ter unha historia que contar. Un libro de extrema sensibilidade, que contén os contos que foron levados ao cine no filme A lingua das bolboretas. Premio Nacional de Narrativa e Premio Torrente Ballester, este libro de relatos de Manuel Rivas (A Coruña, 1957) supuxo a súa consagración definitiva como narrador. Un orixinal universo literario que enxalza a grandeza do pequeno, que descobre o milagre do mundo no soño dun saxofonista ou na brancura luminosa do leite fresco. Unha ollada dura e, ao tempo, delicada sobre ese territorio no que a realidade linda cos soños, onde se agocha a verdade de cadaquén. ... Leer resumen completo

(3 valoraciones)
Guardado por:
  • 5 personas

14.00€

14.00€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
A PRAIA DOS AFOGADOS
Fecha Lanzamiento: 20/04/2009
GALAXIA, 2009

Resumen del libro

Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. A novela parte dun descubriment o estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas. ... Leer resumen completo

(4 valoraciones)
Guardado por:
  • 24 personas
  • 4 opiniones

19.90€

19.90€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
O CLUB DA CALCETA
Fecha Lanzamiento: 05/10/2006
XERAIS, 2007

Resumen del libro

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lec tores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. ... Leer resumen completo

(2 valoraciones)
Guardado por:
  • 4 personas
  • 2 opiniones

18.00€

18.00€

(Tapa blanda)

  • Ebook en la Casa del Libro:
  • 2ª Mano desde:  
SEDA
Fecha Lanzamiento: 27/02/2006
RINOCERONTE EDITORA S.L., 2006

Resumen del libro

Un bo dia, un amigo contoume que un devanceiro seu tiña un oficio un tanto estraño. Partia unha vez ao ano, cruzaba o mundo, meses despois chegaba a Xapon, compraba ovos de vermes da seda, regresaba a Italia e vendiaos. O resto do ano descansaba. Estabamos esquiando cando me contou esta historia. Detivenme, saquei os esquis e comecei a pensar e a lle dar voltas, e non parei de facelo ata que escribin a ultima paxina.Asi explica o autor a xenese do seu relato. Influenciado por Celine, Salinger, McEnroe, Stanley Kubrick, Walt Disney, Liberatore..., Alessandro Baricco e o escritor italiano vivo mais internacional. ... Leer resumen completo

(37 valoraciones)
Guardado por:
  • 50 personas
  • 10 opiniones

9.90€

9.90€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
FAHRENHEIT 451
Fecha Lanzamiento: 01/01/2005
XERAIS, 2005

Resumen del libro

Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así, Montag séntese desgrazado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hai libros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento do Lume, armado cunha agulla hipodérmica letal e escoltado por helicópteros, persegue aos disidentes que se atreven a ler. “Fahrenheit 451” de Ray Bradbury é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura. Constitúe xunto a “1984” de George Orwel e “Un feliz mundo novo” (Xerais, 1999) de Aldous Huxley, unha descrición profética da submisión de Occidente aos medios, ás drogas e ao conformismo. A novela de Bradbury resulta asombrosamente visionaria: televisións de tamaño de paredes que mostran telenovelas interactivas; carteis publicitarios de sesenta metros de longo nas estradas; altofalantes en miniatura que a xente leva nos oídos para escoitar música e as noticias; a indiferenza das persoas con respecto a todo. A prosa poética e poderosa de Bradbury fusiónase cunha percepción extraordinaria sobre o potencial da tecnoloxía para crear unha novela que, cincuenta anos depois da súa aparición, aínda ten capacidade de asombrar e impactar. Un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros vivintes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura. ... Leer resumen completo

(6 valoraciones)
Guardado por:
  • 10 personas
  • 1 opinion

13.60€

13.60€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
TIC TAC
Fecha Lanzamiento: 28/10/2003
XERAIS, 2003

Resumen del libro

Xa van dez anos dende que se publicara ?Tic-Tac? por primeira vez, unha obra que o seu autor, Suso de Toro, definiu enton nalgunha entrevista cos epitetos?perturbadora?, ?patetica? e sinistra, e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente de Xerais, e a edicion definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clasico contemporaneo da narrativa galega. Un volume que inclue, ao seu remate, o texto ?Autopsia. (Epilogo a inglesa)?, preparado por Antonio Francisco Pedros-Gascon, profesor de The Ohio State University, que constitue un lucido e esclarecedor estudo sobre toda a obra narrativa de Suso de Toro e sobre a trascendencia de Tic-Tac na conformacion do corpus narrativo galego contemporaneo.?Tic-Tac? e unh ?grande puzle?, como o define X. Gonzalez Gomez, formado polas narracions orais ou escritas de Nano,as que de cando en vez se engaden textos de terceiros, como Isidro, o seu irman, ou supostos anacos de revistas, manuais (?) ?Tic-Tac? e unha corrosiva obra moral que entra a dozura comica e a acedume traxica reclama o retorno a natureza, e o froito dunha conciencia descrida, unha conciencia moderna, que non pode aceptar os dogmas de fe e non busca presentarnos a ?Realidade?, senon unha ?realidade?: a de Nano, o peculiar personaxe principal e narrador da obra. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

22.45€

22.45€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
AS CRONICAS DO SOCHANTRE
Fecha Lanzamiento: 16/03/2004
GALAXIA, 2004

Resumen del libro

Unha historia contada a través dun fidalgo Bretón que se desenvolve durante a Revolución francesa, época que Cunqueiro escolle para sorprendernos cos seus coñecementos históricos e co seu dominio dos distintos rexistros literarios. Son as crónicas dos espectros as que chegan ao lector na voz do Sochantre Pontivy. Nos tempos da Revolución Francesa, o sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañado por unha comitiva de mortos contadores de historias. En palabras de Carballo Calero, "asombra a coherencia xeográfica e histórica" do libro, no que se bota de ver o fondo coñecemento que Cunqueiro posuía do país da Bretaña coma dos costumes franceses da época da Revolución. Historias de misterio e crime, que o autor escribiu cun gran talento creador, acaban por seducir a todo tipo de lectores. As crónicas do Sochantre, publicadas no ano 1956, son hoxe un clásico da literatura galega ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

15.30€

15.30€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
OS COMEDORES DE PATACAS
Fecha Lanzamiento: 17/03/2008
XERAIS, 2008

Resumen del libro

O protagonista de Os comedores de patacas é Sam, un adolescente enganchado na droga que habita nos lindes da delincuencia. A vida de Sam, retratada desde o profundo lirismo e a poesía íntima que emana da narrativa de Manuel Rivas, móvese a cabalo entre dous espacios, entre dúas culturas, a urbana e a rural, que se xuntan no sincretismo que preside a cotianidade deste adolescente galego. O paro, o walkman, o teléfono, o rap, os colegas, o contacto co sexo, o ruído dos tractores, o poder da amizade, as ensoñacións do protagonista, un accidente de coche, a incomunicación, ese Algo que Sam se mete, o reencontro coa aldea, a avoa... constitúen os referentes vitais dun protagonista tenro e entrañable, que camiña pola vida empuxado polo optimismo. O Manuel Rivas de Os comedores de patacas é un escritor limpo, que tece a súa narrativa desde a sinxeleza, o humor e unha inesgotable capacidade para contar con axilidade, con ritmo e con precisión. ... Leer resumen completo

(5 valoraciones)
Guardado por:
  • 7 personas

16.65€

16.65€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
AS HUMANAS PROPORCIONS
Fecha Lanzamiento: 09/09/2004
GALAXIA, 2004

Resumen del libro

Unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre. Gañador do Premio Torrente Ballester 2003, Xesús Constela Doce propón un achegamento narrativo, desde a imaxinación creadora dun eficaz fabulador, ás distintas facianas da vida de homes e mulleres. En verbas do crítico Xosé Antonio P onte Far, este libro de relatos é «unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre». Con este libro de relatos descóbrese un autor inédito ata o momento. O libro nace do vencello farturento entre literatura e imaxinación creadora. Nel xorde un novo territorio narrativo para a literatura galega, cunha linguaxe diferente, arriscada e efectiva, que engaiola e convence co poder dun gran fabulador. Xesús Constela Doce descobre unha dimensión nova do mundo cotián. O seu xeito de narrar ancórase na realidade inmediata para, con inusitada imaxinación, desvelar novas perspectivas narrativas en ámbitos moi variados da vida humana. As humanas proporcións configuran unha proposta literaria que ha sorprender o lector ou lectora pola súa facilidade para desmontar as convencións e tópicos mediante un estilo directo e orixinal. ... Leer resumen completo

Guardado por:
  • 1 persona

13.40€

13.40€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
CIANURO ESPUMOSO
Fecha Lanzamiento: 22/02/2002
GALAXIA, 2001

Resumen del libro

O detective belga Monsieur Hercule Poirot vese confrontado cunha serie de asasinatos misteriosos nese mítico tren que era o Orient Express. Serán as súas dotes deductivas e o seu enxeño detectivesco dos que ten que botar man para aclarar a orixe dos crimes que ameazan o grupo internacional de viaxeiros no convoi. Gracias ó seu gran coñecemento da psicoloxía humana &@8212;e sempre disposto a desconcertar cos seus comentarios retranqueiros&@8212; consegue non deixarse enganar e solucionar o caso. ... Leer resumen completo

(12 valoraciones)
Guardado por:
  • 16 personas

18.60€

18.60€

(Tapa dura)

NON VOLVAS
Fecha Lanzamiento: 11/05/2001
XERAIS, 2000

Resumen del libro

Da man do xenial escritor viaxaremos cara atras, a raiz dos nosos dias, a nosa Historia colectiva oculta e a historia persoal dunha xinea de mulleres.Suso de Toro e unha das mais importantes figuras da narrativa galega contemporanea. Cada un dos seus libros e seguido por milleiros de lectores e lectoras que avalan unha obra orixinal e radicalmente comprometida coa contemporaneidade. Suso de Toro e autor dos libros de relatos Caixon desastre (1983), Polaroid (1986) e Circulo (1998), e das novelas Land Rover (1988), Ambulancia (1990), Tic-Tac (1993) Premio da Critica Española, A sombra cazadora (1994), Conta saldada (1996) e Calzados Lola (1997) Premio Blanco Amor, da obra de teatro Unha rosa e unha rosa (1997) e do libro de conversas Camilo Nogueira e outras voces (1991). Colaborador habitual en prensa, guionista de cine e television, a sua obra ensaistica esta recollida nos volumes F.M. e outros textos e Parado na tormenta.A nova e agardada novela de Suso de Toro, despois da grande acollida de Calzados Lola, Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a sua vida na cidade reclamada polo seu pasado e volve ao lugar que lle esta prohibido, a aldea da sua infancia onde sua nai lle pediu que non volvese. Fora da sua vida e fora do tempo pisa con paso fantasmal un lugar de sombras, unha aldea maldita, para desvelar os misterios da sua orixe. A xustiza pola man. Camiños dun territorio que so existe no tempo do soño, do pesadelo; como Comala, como Yoknapatawpha, como Macondo. Unha viaxe cara atras, a raiz dos nosos dias, a nosa Historia colectiva oculta e a historia persoal dunha xinea de mulleres construidas a poder dunha linguaxe literaria que quere atrapar o tempo intimo e o tempo epico. E que nos arrastra coa protagonista nunha viaxe ao fondo do noso corazon e da nosa memoria. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

16.65€

16.65€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
MADAME BOVARY
Fecha Lanzamiento: 01/04/1994
GALAXIA, 2001

Resumen del libro

A historia dunha muller que rompe coas convencións impostas polo seu mundo e o seu tempo. A crónica minuciosa do seu fracaso e da súa soidade. Unha obra mestra da literatura universal. Madame Bovary é a novela máis ambiciosa de Flaubert. Protagoniza este cativador relato Emma Bovary, unha fermosa muller de temperamento inqu edo e soñador, insatisfeita coa vida de rutina provinciana que lle brinda a súa voda cun médico de carácter bondadoso e espírito prosaico. Atrapada pola saudade dun vivir que concibe como unha perpetua primavera, Madame Bovary vaise adentrar no camiño da transgresión das regras morais da súa época, enfrontándose co desprezo da sociedade e coa súa propia perdición individual ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

22.40€

22.40€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
OS CELTAS
Fecha Lanzamiento: 05/03/2010
XERAIS, 2010

Resumen del libro

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigacion arqueoloxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Peninsula Iberica, como tema de investigacion e, sobre todo, de polemica, na decada dos oitenta. A comunidade cientifica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha division negativa entre celtofilos e celtofobos, como se de equipos de futbol se tratase. Proliferaron, aqui, publicacions sobre o celtismo, nas que todo era, e ainda e, celta, ou nas que a verba celta pouco mais ocupaba que unha parte do titulo. Neste libro, o autor fixo un achegamento a cuestion, fuxindo dos topicos e das repeticions mimeticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir historico precisa dun tratamento especifico. Partindo da premisa de que o celta e, primo et per se, unha cuestion de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tene, tratados como culturas arqueoloxicas, asi como polas actuais teorias cientificas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repasase, aqui, a historiografia de precursores e romanticos sobre celtas e analizanse as fontes clasicas que fan referencia a Terra. Dedicase un denso capitulo a fulcral cuestion linguistica e outro a sociedade e a relixion no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamen unha incursion na materia de Bretaña, polo achegamento celtico (continua...) medieval que puido significar e comparase a arte peninsular dos pobos ibericos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnograficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacions sobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato grafico, elaborado ad hoc polo autor, asi como unha bibliografia ampla, actualizada e en version orixinal dos diferentes paises europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona
  • 1 opinion

24.75€

24.75€

(Tapa dura)

  • 2ª Mano desde:  
O SIMBOLO PERDIDO
Fecha Lanzamiento: 15/10/2009
EL ALEPH, 2009

Resumen del libro

Novo romance de Dan Brown, a ansiosamente aguardada sequência ao seu fenômeno internacional, O Código Da Vinci, que foi o romance best-seller de adultos de todos os tempos. O Símbolo Perdido é um thriller brilhante e convincente. O Prodigioso talento de Dan Brown para contar histórias, repleto de códigos e intri ga.Tecendo cinco anos de pesquisas sobre a história, passada na capital dos Estados Unidos, e num período de apenas doze horas. Os leitores de Dan Brown irão sentir a emoção da descoberta do simbologista Robert Langdon através de uma paisagem magistral, inesperada e cheio de surpresas. ... Leer resumen completo

(16 valoraciones)
Guardado por:
  • 19 personas
  • 2 opiniones

21.90€

21.90€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
CANTARES GALLEGOS
AKAL, 1994

Resumen del libro

Libro que inicia por segunda vez con paso fuerte la literatura de un pueblo, los cantares gallegos arrancan de la imitación y de la glosa, entroncando con los viejos poemas de lírica galaico-portuguesa medieval, para cumplir un objetivo concreto: cantar a Galicia, sus paisajes y tierras, sus rías y romerías, sus foliadas y costumbres, sus antiguas tradiciones y sus mitos campesinos. De ahí que la obra sea un canto colectivo, basado en las figuras “épicas” de la vida gallega: el gaitero, los mozos y sus danzas, sus rías, sus vírgenes religiosas, las rapazas campesinas, las romerías, las laradas y hogares, además de esa recurrencia a temas de canciones tradicionales, versificados en ritmos a veces propios, como el de la muiñeira. El presente volumen es edición íntegra y bilingüe de la obra rosaliana. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

8.00€

8.00€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
SOL DE INVERNO
XERAIS, 2010

Resumen del libro

Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infi nita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes. Para o xurado do Premio Xerais 2009 «Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.» ... Leer resumen completo

(3 valoraciones)
Guardado por:
  • 5 personas
  • 1 opinion

23.15€

23.15€

(Tapa dura)

  • Ebook en la Casa del Libro:
  • 2ª Mano desde:  
LUME DE COBIZA
Fecha Lanzamiento: 04/05/2011
GALAXIA, 2011

Resumen del libro

Un novo caso de Frank Soutelo, desta volta en Galicia

(2 valoraciones)
Guardado por:
  • 2 personas

19.50€

19.50€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Fecha Lanzamiento: 14/01/2011
GALAXIA, 2011

Resumen del libro

Velaqui unha das obras que fundan a narrativa galega contemporanea

(6 valoraciones)
Guardado por:
  • 21 personas

10.00€

10.00€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
SEMPRE EN GALIZA
Fecha Lanzamiento: 22/09/2004
GALAXIA, 2004

Resumen del libro

Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos. No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas. ... Leer resumen completo

(3 valoraciones)
Guardado por:
  • 1 persona
  • 3 opiniones

18.50€

18.50€

(Tapa blanda)

  • 2ª Mano desde:  
CIRCE OU O PRACER DO AZUL
Fecha Lanzamiento: 06/09/2011
BEGOÑA CAAMAÑO
GALAXIA, 2011

Resumen del libro

Nesta novela Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu h ome non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona
  • 1 opinion

17.00€

17.00€

(Encuadernación sin determinar)

  • 2ª Mano desde:  
GRAMATICA PRACTICA DA LINGUA GALEGA
Fecha Lanzamiento: 27/10/2010
VV.AA.
BAIA EDICIONS, 2010

Resumen del libro

A Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e Expresión destínase a todas aquelas persoas que desexen ampliar, consolidar e sistematizar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito. Está concibida como un manual de apoio para as aulas, se ben pode utilizar se como un instrumento de autoformación.Trátase dunha guía que ofrece unha visión xeral das disciplinas lingüísticas tradicionais (?Fonética e Fonoloxía?, ?Morfoloxía?, ?Sintaxe?, ?Semántica?), e, alén diso, fornece información de tipo comunicativo (?Comunicación e Linguaxe?, ?Lingüística Textual?) que axuda a entender o feito lingüístico no seu conxunto desde unha perspectiva integradora. Así, inclúe aspectos que, en xeral, están ausentes das gramáticas, como a relación entre lingua e sociedade (?Lingua, comunidade lingüística, variación e mudanza?), a vehicularización da oralidade a través da escrita (?Representación gráfica da lingua oral?) ou as tipoloxías textuais. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

30.00€

30.00€

(Tapa blanda)

Mostrando 1 a 30 de 36 resultados

Pág. 1 de 2