InicioLibrosGallego

Historia - 

GUERRA CIVIL. QUE PASOU EN GALICIA E EN ESPAÑA
XERAIS, 2011

Resumen del libro

Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado. En Galicia non houbo trincheiras, pero a represión franquista deixou p reto de 5.000 fusilados e paseados e milleiros de mozos galegos mortos en crueis batallas lonxe da casa. Estiveron na fronte, sufriron a guerra e pagárona co seu sangue, sen que a día de hoxe se saiba o número exacto de mortos e de mutilados que custou. Federico Cocho actualiza, reúne e sintetiza nesta obra a información dispoñible 75 anos despois daquel maldito verán de 1936. Cunha estrutura de 30 capítulos temáticos, rematados con breves perfís biográficos, o autor ofrece un texto para ser lido con facilidade por un público xeral que queira coñecer ou actualizar o que sabe e dispoñer dunha visión de conxunto do que ocorreu en Galicia e en España durante e inmediatamente despois de rematar a Guerra Civil. Como afirma Carlos G. Reigosa no prólogo, «Federico Cocho pertence á estirpe dos bos e xenerosos que queren contribuír a alumear un dos períodos máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente [&@133;]. E faino desde o equilibrio, a lucidez e o rigor imprescindibles para non saír da canle marcada polo río dos feitos e non deixar de contextualizar o que sucedeu. Todo isto ollado desde un miradoiro propio que ben poderiamos chamar a perspectiva galega dos feitos». ... Leer resumen completo

20,00 €

(Tapa blanda)

NAUFRAXIOS NO MAR DE VIGO (2ª ED.)
XERAIS, 2003

Resumen del libro

No século XX o mar de Vigo viu perecer a centos de persoas en máis de seiscentos accidentes marítimos rexistrados tanto na ría de Vigo como nas súas inmediacións. Embarcacións militares como a canoneira Condor; vapores como Berlín; trasantlánticos como o Veronese, o Siboney, ou o Hammonia; lanchas de pasaxe como a Monchiña; petroleiros como o Polycommander, iates como o Thalassa; traiñeiras como a Josefa e pesqueiros como o Cuatro Hermanos, o Nueva República, o Tito, o Ave del mar, o Marbel atoparon nas augas viguesas o punto final das súas singraduras, deixando en terra unha estela de dó e morte. Cabo do Mar, os Farallóns, Punta Borneira, as Cíes e mesmo a enseada de San Simón souberon de varadas, afundimentos, abordaxes, incendios e vías de auga que encheron os xornais da época de arrepiantes narracións, de heroicos rescates e de inconsolables desgracias familiares. Francisco Díaz Guerrero reconstrúe a negra crónica dos naufraxios do mar de Vigo e avivece na nosa memoria a lembranza dos seus tráxicos protagonistas. Tratando sempre de non furgar no drama e de fuxir da recreación morbosa, non resulta estraño asistir a citas cando menos curiosas como a que se relata no naufraxio do pesqueiro de Bouzas Montenegro núm. 3 ou o rescate dos touros sementais, xuvencas e ovellas do trasatlántico inglés Higland Pride, naufragado preto de Baiona. Finalmente, e debido á ampla repercusión social que tivo na súa época, o libro recolle o curioso naufraxio do globo aerostático belga Prince Leopold, que, no ano 1925, mantivo expectantes ás xentes de Vigo e e a súa bisbarra. Naufraxios no mar de Vigo é moito máis que un relatorio informado destes malfados episodios: é unha apaixonada homenaxe aos homes e mulleres que, sucando os mares, escriben a historia desa potencia marítima que é Galicia. ... Leer resumen completo

18,00 €

(Tapa blanda)

16,00 €

(Tapa blanda)

AS VIAS ROMANAS NA PROVINCIA DE LUGO
BENITO SAEZ TABOADA
LAVERDE EDICIONES LEA, 2004

15,00 €

(Tapa blanda)

GALICIA EN GUERRA ESPIAS BATALLAS SUBMARINOS E WOLFRAMIO
XERAIS, 2007

Resumen del libro

Este libro recolle unha apaixonante historia oculta. A da participación de Galicia na II Guerra Mundial. De 1939 a 1945, Galicia estivo en guerra porque, malia a neutralidade de España, o país tivo un papel protagonista na guerra. O volframio extraído das minas galegas alimentou a poderosa industria bélica de Hitler. Unha r ede de espías alemáns e aliados operaba nos portos galegos, mentres os submariños U-boot se abastecían en Vigo e Ferrol. Empresas tapadeira, do consorcio nazi Sofindus, medraron en Galicia. A implicación foi tan grande que mesmo os barcos pesqueiros galegos acabaron por ser obxectivo da Royal Navy, con máis dunha ducia de afundimentos en operacións secretas. Ao remate do conflito, unha arañeira de axentes secretos acochou aos criminais nazis e organizou a súa fuxida cara a América. Unha apaixonante e descoñecida historia que agora, o xornalista Eduardo Rolland, relata en Galicia en guerra. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:

18,60 €

(Tapa blanda)

EPISODIOS DE TERROR
XERAIS, 2007

Resumen del libro

Hay besos con una magia capaz de transformar por completo la existencia de aquellas personas que los reciben. Durante su visita a un campamento saharaoui, Marta recibe el beso de Nadira, una chica refugiada, y a partir de ese momento sus vidas se intercambian. El sueño y la realidad se confunden en esta historia como la vid a de sus dos protagonistas. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:

19,60 €

(Tapa blanda)

MATADEO MAÑA
XERAIS, 2008

Resumen del libro

Matádeo mañá é un testemuño autobiográfico excepcional; a reconstrución do emocionante periplo vital deste aviador galeguista durante a Guerra Civil: un tempo ralentizado polo cárcere, o terror dos paseos, a súa fuxida cara ao bando republicano, os xuízos sumarísimos que sufriu e o seu traballo como secretario da Solidarida de Antifeixista Galega xunto con Castelao. Tamén é unha memoria lúcida do exilio galego en México, onde Elixio Rodríguez foi un dos promotores da emisión radiofónica A hora de Galicia e do Padroado da Cultura Galega e colaborador teimudo da revista Vieiros que dirixían Luís Soto e Carlos Velo, «xérmolo e vangarda política dun anovado nacionalismo galego», en palabras do historiador Elixio Villaverde, autor do limiar destas memorias apaixonantes. Este é un relato trepidante de feitos históricos, políticos, diplomáticos e bélicos, que constitúe unha grande achega á nosa memoria colectiva. Esta segunda edición destas memorias, consideradas como un dos cumes do xénero autobiográfico en lingua galega, foi revisada e corrixida polo autor antes do seu pasamento, á que se lle engadiu un índice onomástico e un adral de Aser Álvarez. ... Leer resumen completo

20,85 €

(Tapa blanda)

OS CELTAS
XERAIS, 2010

Resumen del libro

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte do título. Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tne, tratados como culturas arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico (continúa...) medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)

24,75 €

(Tapa dura)

A TERRA DE SONEIRA NO CORAZON DA COSTA DA MORTE
VV.AA.
XERAIS, 2010

Resumen del libro

Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos. Osdous seguintes apartados non adoitan figurar nas guías habituais: a análise da forma de falar dos soneiráns e un est udo sobre os apelidos máis frecuentes desta zona. Logo vén unha intrudución xeográfica: natureza e paisaxe, onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar. Ofrécese despois unha visión da historia da comarca desde os tempos prehistóricos aos contemporáneos e, a continuación, as ricas manifestacións artísticas desde o megalitismo á actualidade. Tamén se considera de interese o rico patrimonio etnográfico, de aí a necesaria referencia á arquitectura popular e etnográfica (a casalabrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.). Sen esquecer a referencia á senlleira e refinada artesanía soneirá, que ten noencaixe de Camariñas unha recoñecida proxección universal e na recuperación dos labores do liño un modelo a seguir de como a recuperación dos vellos oficios pode servir de elemento dinamizador dunha comarca. Outros dos aspectos importantes son os persoeiros nacidos nalgún dos tres concellos, a rica gastronomía, as festas tradicionais máis importantes, os eventos instituídos modernamente con notorio éxito de público:o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo deVimianzo, as rapas das bestasà Un apartado especial son as rutas paracoñecer a comarca. Propóñense rutas xerais e rutas específicas como aarqueolóxica ou a dos Penedos de Pasarela, os de Traba, os do Piñeo, os do Penal do Veo e os do Corveiro. ... Leer resumen completo

34,00 €

(Tapa blanda)

LOITA DE CLASES E REPRESION FRANQUISTA NO MAR (1864-1939)
XERAIS, 2011

Resumen del libro

Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, Dionisio Pereiramergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así comona represión que tras o golpe milit ar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo. Esta rede humana que turraba por unha riqueza compartida e un horizonte vital máis libre e igualitario foi, por iso mesmo, masacrada e marxinada. Nesta obra, produto de moitos anos de traballos e investigacións potenciados coa singradura do chamado Barco da Memoria (2006), o autor tentou, como actode xustiza e tamén como modesta semente de futuro, recuperar, relacionar e interpretar con rigor e veracidade anacos da «memoria dos vencidos» para retornalos aos seus herdeiros e a toda a cidadanía. Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), cun estilo claro e conciso, ofrécelle ao lector todos os datos necesarios para entender a organización societaria dos mariñeiros galegos, dende o período anterior ao xurdimento do movemento obreiro ata a chegada da Guerra Civil e a posterior ditadura franquista. ... Leer resumen completo

23,70 €

(Tapa blanda)

19,00 €

(Tapa blanda)

O FUTURO E POSIBLE
GALAXIA, 2012

Resumen del libro

Este libro de Emilio Pérez Touriño recolle a memoria dun período recente da historia da Galicia contemporánea contado en primeira persoa polo autor. O libro nace como resposta á gran débeda contraída coa maioría social do país, cos que apostaron polo cambio en 2005 e cando menos, cos 795.200 galegas e galegos que apoiaron a coalición de goberno nas eleccións autonómicas de 2009. Porque, en opinión do autor, todos e cada un deles merecen unha explicación que non se lles deu. Porque teñen dereito a coñecer as razóns, os feitos, o transcurso dun proxecto no que tiñan depositadas tantas expectativas que non se puideron prolongar. As páxinas de O futuro é posible non son nin unhas memorias nin un texto de socioloxía política. Pretenden ser a historia dun traxecto, o percorrido dunha experiencia compartida contada en primeira persoa, tal e como a viviu e a percibiu o autor e, polo tanto, con toda a súa carga de subxectividade, asumindo o risco de equivocarse. Foron escritas dende o compromiso de non edulcorar nada do acontecido e sen fuxir da autocrítica necesaria. E sobre todo, coa esperanza de que este libro poida ser útil a todos aqueles que seguen soñando coa mellor Galicia e dende a mesma convicción de que o futuro é posible. ... Leer resumen completo

28,70 €

(Tapa blanda)

AS DECADAS DE T.L.
LOIS TOBIO FERNANDEZ
DO CASTRO, 1994

18,00 €

(Tapa blanda)

38,00 €

(Tapa blanda)

15,00 €

(Tapa blanda)

HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
GALAXIA, 1999

Resumen del libro

Estudo que pretende reconstruir o proceso de interrelación entre lingua e sociedade en Galicia a través do tempo Fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestiona tópicos e doutrinarismos, este libro fai un percorrido no que repasa o papel e a situación da lingua galega en cada periodo da Historia. O aut or achéganos unha visión novidosa e enriquecedora do noso pasado desde a óptica da Sociolingüística. ... Leer resumen completo

28,90 €

(Tapa dura)

VIDA E O TEMPO DE DIEGO XELMIREZ, A
R.A. FLETCHER
GALAXIA, 1993

Resumen del libro

A vida e o tempo de Diego Xelmírez

24,90 €

(Tapa blanda)

O CARNAVAL EN GALICIA (2ª ED)
XERAIS, 1992

Resumen del libro

Carnaval ou Entroido, que tanto ten. E tamén introido, antroido, entrudo, entrudio ou entroiro, segundo as zonas. Tempo que precede á Coresma no calendario tradicional. Festa da transgresión e da burla que é, tamén, purificación, parodia, rexoubeira representación do mundo. As súas raíces afondan na memoria máis antiga da n osa cultura e, malia escurantismos e prohibicións, rexorde ciclicamente ó longo da Historia cun pulo novo e sorprendente. Nunca estivo tan vivo o Señor Carnaval. ¿Cantos Entroidos hai? ¿De que xeitos ou con que pantallas distintas se presenta entre nós este rito antigo e sempre renovado que compartimos cunha boa parte da cultura de Occidente? Velaquí un rigoroso traballo de campo que ha de levar ó lector polas paisaxes máis insospeitadas da nosa xeografía. As máscaras da cultura rural, os Momos e os Mecos, os Felos de Maceda, os míticos Cigarróns, os Troiteiros de Bande, osrechamantes Xenerais da Ulla, os Merdeiros de Vigo, Peliqueiros, Pantallas, Tamborradas de Viana do Bolo, Foleiros de Sande, Marafois, Choqueiros, Zarrampallos, Madamas e Galáns de Cobres... E tamén a rica tradición do Carnaval das vilas e cidades: o Urco e o Ravachol de Pontevedra, os apropósitos coruñeses... No rito antigo do Entroido danse a man a Galicia rural e a Galicia urbana, unidas ambas pola profunda significación da festa. ... Leer resumen completo

18,90 €

(Tapa blanda)

O SISTEMA POLITICO GALEGO: AS INSTITUCIONS
VV.AA.
XERAIS, 1994

Resumen del libro

Este libro está adicado ós estudiantes universitarios e opositores que precisen dun instrumento de traballo, completo e actualizado, para o coñecemento das institucións do sistema político galego. A través da análise do proceso histórico das institucións de autogoberno no galeguismo decimonónico e republicano despréndense o s tres grandes conceptos vertebradores da problemática político-institucional de Galicia: nacionalidade, autonomía e Estatuto. O exame das institucións vixentes iniciase cunha moi detida revisión do réxime electoral, que incorpora as últimas novidades na materia. Segue despois o estudio do Parlamento de Galicia, institución central, como en todo réxime parlamentario, da Comunidade Autónoma. A función de control do Goberno sintetiza o complexo de interrelacións entre lexislativo e Executivo. Consecuentemente, o libro remata co exame da composición, organización e atribucións do goberno, ou Xunta de Galicia. ... Leer resumen completo

16,83 €

(Tapa blanda)

22,35 €

(Tapa blanda)

32,76 €

(Tapa blanda)

EMIGRANTES, CACIQUES E INDIANOS
EDICIONS XERAIS, 1998

Resumen del libro

Este libro de Nuñez Seixas é unha nova historia sobre un vello asunto deste país: a emigración. Un sinal distintivo, xunto co idioma e o nacionalismo, da Galicia contemporánea. A emigración non se nos presenta aquí como a lacra da nosa terra que alcumamos adoito. Pola contra faise unha relectura da emigración que ten en con ta o que os mesmos coetáneos debatían sobre o que consideraban, en torno a 1900, como elementos positivos da emigración ultramariña. Unha corrente ben distinta, aquela anterior a 1936, desoutro éxodo cara á Europa posterior a 1960, no que os galegos e galegas non atoparon nin centros galegos, nin idiomas recoñecibles senón aillamento social e traballo arreo en cadeas de producción. Nesta idea cimentáronse os estudios dos últimos trinta anos sobre a historia da emigración galega. De modo que chegamos a saber cantos emigraban, onde emigraban pero case nada do porqué, e carecemos aínda dunha explicación congruente sobre as dinámicas xeradas por aquela corrente migratoria que principiou a mediados do XIX e culminou nos anos trinta. Ese é un dos baleiros que este libro contribúe a cubrir, ofrecendo explicacións coherentes verbo dalgunhas eivas que todos observamos nas explicacións que ata agora fixeron fortuna. ¿Porque como podía casar aquela explicación unilateralmente lastimeira da emigración coa realidade dos seus retornos, que todos coñecemos por tradición familiar e mesmo cos vestixios materiais que por Galicia adiante fican -e mais cos estudios parciais que os teñen analizado (A. Costa, V. Peña, R. Villares)-: casas e indianos, escolas e sociedades fundadas por emigrantes de toda Galicia, e mesmo o papel das remesas na redención de foros? A virtude deste libro reside en descubrir precisamente os valores destes retornos no medio social e político da época. O de Nuñez Seixas é un novo e singular elo no labor da recente historiografía contemporeneísta galega (P. Cagiao, M. F. Santiago, A. Domínguez) por amosar a outra cara, menos lastimeira, do fenómeno migratorio. A faciana dunha emigración habanera que funda a Academia Galega, estrea o himno galego e usa de cote a bandeira, a do nacionalismo construído en Ultramar "viaxando", a dos xornais e as novas ideas puladas pola parroquia daló para servir a parroquia de acó, e, sobre todo, a dos cadros do agrarismo, do sindicalismo e do galeguismo formados en América e que constrúen a sociedade civi ... Leer resumen completo

24,75 €

(Tapa blanda)

LABREGOS CON CIENCIA
XERAIS, 1992

Resumen del libro

O sector agrario e o mundo labrego, pese a perderen importancia relativa na Galicia actual, seguen a ser decisivos dende o punto de vista económico e social, pero están sometidos a unha conxuntura de cambios que demanda solucións para evitar perigos evidentes. O despoboamento, cos problemas ecolóxicos q ue o acompañan, ou v ivir dos subsidios non son alternativas razoables para unha sociedade que se resiste con obstinación a abandonar o seo rural no que se formou. ¿Sobra poboación activa? ¿Qué producir? Neste brumoso contexto, avanzar na definición de necesidades e respostas esixe aportacións a distintos niveis, e tamén dende a Historia Agraria. Neste libro queren clarexarse algúns aspectos da historia máis recente da agricultura galega que poden desentolda las análises sobre as posibilidades dun sector cara ó que a sociedade moderna ten desconfianzas non xustificables. A capacidade de modernización demostrada por determinados sectores da sociedade rural do primeiro tercio do século XX, discute a vella idea do atraso e representa un dinamismo non valorado que tamén forma parte da nosa bagaxe histórica. ... Leer resumen completo

23,50 €

(Tapa blanda)

23,80 €

(Tapa blanda)

XELMIREZ, XENIO DO ROMANICO
GALAXIA, 1993

Resumen del libro

Xenio do romanico

17,20 €

(Encuadernación en tela)

15,00 €

(Tapa blanda)

OS BALNEARIOS DE GALICIA
MARIA ASUNCUON LEBOREIRO AMARO
IR INDO EDICIONS, S.A., 1996

17,97 €

(Tapa blanda)

19,00 €

(Tapa blanda)

16,00 €

(Tapa blanda)

17,00 €

(Tapa blanda)

Mostrando 1 a 30 de 216 resultados

Pág. 1 de 8