• Todos
  • Libros
  • eBooks
  • Películas
  • Dispositivos Tagus
InicioLibrosGallego

Valoraciones

  • Todas las Valoraciones
    • (12)

Precios

  • De 5€ a 10€ (3)
  • De 10€ a 15€ (4)
  • De 15€ a 40€ (5)
O QUE E A VIDA
XERAIS, 2001

Resumen del libro

Teo Runner, o repartidor máis rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente. Aproveita as súas saídas na Bultaco para emular os heroes cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade. Runner non esquecerá botar a Primitiva que xoga a medias co seu amigo Fins ou chamar a Susi e a Lore, esas mozas que tanto o queren. Na súa vida, pois, hai un lugar para a amizade, e de repente aparece o amor. Pero da orde e da xustiza tamén se ocupan os policías Santos e Palmeira, e tamén viven a amizade e o amor. Unha proba máis do que a vida. Santos e Palmeira patrullan incansables a cidade ata que o seu coche se atopa, sorpresivamente, coa Bultaco de Runner. O que é a vida é unha novela urbana de ritmo vertixinoso, unha homenaxe á cultura do cine e do cómic contemporáneo. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona
  • 1 opinion

11,60 €

(Tapa blanda)

PALABRAS DE AUGA (PREMIO MERLIN 2012)
Fecha Lanzamiento: 19/09/2012
XERAIS, 2012

Resumen del libro

Agustín Fernández Paz recomienda Palabras de auga de Marcos CalveiroEmociona a historia de Amadou, o neno protagonista desta novela que nos traslada ao interior de África, a un deses lugares onde a eterna sequía e a guerra máis cruel condicionan a vida de todos. Lemos as experiencias durísimas, e tamén as conmovedoras, dest e rapaz de doce anos e sentimos que o noso corazón camiña canda el a través do texto admirable co que nos agasalla Marcos CalveiroO xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)

11,50 €

(Tapa blanda)

  • Ebook en la Casa del Libro: 6.75 €
  • 2ª Mano desde: 11.50 €
A ESCURA LUZ DO TIBER (2ª ED.)
Fecha Lanzamiento: 25/01/2006
RODEIRA, 2011
(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 opinion

9,20 €

(Tapa blanda)

GALICIA EN GUERRA ESPIAS BATALLAS SUBMARINOS E WOLFRAMIO
XERAIS, 2007

Resumen del libro

Este libro recolle unha apaixonante historia oculta. A da participación de Galicia na II Guerra Mundial. De 1939 a 1945, Galicia estivo en guerra porque, malia a neutralidade de España, o país tivo un papel protagonista na guerra. O volframio extraído das minas galegas alimentou a poderosa industria bélica de Hitler. Unha r ede de espías alemáns e aliados operaba nos portos galegos, mentres os submariños U-boot se abastecían en Vigo e Ferrol. Empresas tapadeira, do consorcio nazi Sofindus, medraron en Galicia. A implicación foi tan grande que mesmo os barcos pesqueiros galegos acabaron por ser obxectivo da Royal Navy, con máis dunha ducia de afundimentos en operacións secretas. Ao remate do conflito, unha arañeira de axentes secretos acochou aos criminais nazis e organizou a súa fuxida cara a América. Unha apaixonante e descoñecida historia que agora, o xornalista Eduardo Rolland, relata en Galicia en guerra. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 3 opiniones

18,60 €

(Tapa blanda)

ESPAÑOIS TODOS: AS CARTAS SOBRE A MESA
XERAIS, 2004

Resumen del libro

Este libro propón unha idea de nación de cidadáns e de España totalmente distinta á dominante, construída sobre o nacionalismo &@8220;castellanista&@8221; que chegou a nós directamente desde o franquismo. Unha España europea posible, e necesaria, na que convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia (e Cataluña e Euscadi) precisa constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do atraso e solucionar os seus problemas profundos. Estes textos son parte dun combate cívico a prol da permanente utopía democrática, impregnada de memoria republicana e federalista, que permita construír un novo espazo político de convivencia. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 opinion

18,80 €

(Tapa blanda)

MERCORES DE CINZA
GALAXIA, 1998

Resumen del libro

Un libro no que Miguel Anxo Murado segue encarándose coa dor secreta do corazón humano. Mércores de cinza xunta dezaseis relatos que remexen nas zonas pantanosas da alma ou que indagan sobre o momento final coa lírica sobriedade que caracteriza a narrativa do autor de Ruído.

Guardado por:
  • 1 opinion

14,30 €

(Tapa blanda)

O BAILE EN GALICIA
JUAN-JOSE LINARES
GALAXIA, 1986
(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 opinion

17,20 €

(Tapa blanda)

ESE UNICORNIO ROSA
Fecha Lanzamiento: 16/02/2005
LUIS VIVES (EDELVIVES), 2005

Resumen del libro

Miguel ten oito anos, case nove, e anda moi nervioso coa chegada dos Reis Magos. Non só é por iso. Todos cren que é un poco parvo, mais el sabe moi ben que de parvo non ten nada, pois dáse conta de moitas cousas, e serias, que pasan ao seu redor. Ademais, ten un segredo; lle gustaría ter un unicornio rosa. Cómo vai dicir qu e prefire un moneco de peluxe a un xogo da play-station? Daquela si que o tomarían por parvo... ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 2 opiniones

8,80 €

(Tapa blanda)

AREA MAIOR
XERAIS, 2002

Resumen del libro

As augas frías e ameazadas da praia dos Muíños, en Area Maior, onde Galiza se finisterra, son escenario dunha importante batalla pola defensa do mar e dos seus habitantes. Este libro é unha fermosa metáfora da loita por outro mundo posible, onde triunfe a xustiza, a solidariedade e a conservación da natureza.As augas frías e ameazadas da praia dos Muíños, en Area Maior, onde Galiza se finisterra, son escenario dunha importante batalla pola defensa do mar e dos seus habitantes.Adrián, o cangrexo ermitán, o polbo don Paulo, o berberecho Lucho, a ameixa Rosalinda, Simón o mexillón, o centolo Camilo, a maragota Lola, e tantos outros, resístense a vivir en areasavoltas e augas toldadas, baixo a eterna ameaza dos Bocatorta, e deciden organizar unha insurrección que dan a coñecer a través da Declaración da Praia de Area Maior. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 opinion

9,70 €

(Tapa blanda)

NOITEBRA
XERAIS, 1999

Resumen del libro

Historia da convivencia, durante unha noite, dunha adolescente na Kasa Enkantada, onde atopará a amizade de Xenxo e Uxía. Unha aventura que significa un banzo máis no difícil tránsito entre a adolescencia e a madurez. Encuadernación: Rústica.

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 opinion

11,60 €

(Tapa blanda)

IMAXES NA PENUMBRA: A FOTOGRAFIA AFECCIONADA EN GALICIA (1950-196 5)
EDICIONS XERAIS, 1998

Resumen del libro

Nos anos cincuenta dáse en Galicia un desenvolvemento da fotografía non profesional como nunca existira ata ese momento. Movemento que, caracterizado polo feito asociativo, deu lugar a unha intensa actividade nas agrupacións fotográficas xurdidas en diferentes cidades e centrada fundamentalmente ao redor dos concursos e sal óns fotográficos. As preocupacións de tipo técnico e formal eran esenciais, considerando que a función da fotografía era a procura da beleza cunha visión idealizadora dunha realidade na que a temática preferida eran a paisaxe e as escenas costumistas. Manuel Sendón, profesor de fotografía na facultade de Belas Artes de Pontevedra, presenta e caracteriza a obra dos máis relevantes fotógrafos afeccionados galegos do período comprendido entre 1950 e 1965: Raniero Fernández, Veiga Roel, Schmidt de las Heras-, uns con certa influencia de tipo documental e outros máis próximos ao pictorialismo tradicional. As diferentes concepcións confrontaranse na Agrupación Fotográfica Gallega coas de Ricard Terré, interesado nas posibilidades expresivas e comunicativas da fotografía e cun posicionamento humanista. ... Leer resumen completo

Guardado por:
  • 1 opinion

24,64 €

(Tapa blanda)

MAGOG
XERAIS, 1997

Resumen del libro

Magog contribúe de xeito decisivo, mediante unha sabia mestura de ficción literaria e documentación rigorosa, á reconstrucción da historia do antigo reino de Galicia. ten o acerto esta novela da creación dun personaxe, Xofré de Salvamont, que no inicio do relato preséntase como o fillo máis pequeno, con só catorce anos de G uillaume de Salvamont, da ilustre casa de Borgoña. Transcorre o ano do Señor 1105 e Xofré acode á badía de Cluny para ser recibido polo abade Hugo de Borgoña, tío do seu pai e Gran Prior da orde benedictina, encargado da súa educación e preparación para a vida propia do mundo feudal. A partir de aí asistimos a un áxil percorrido narrativo, que é camiño de iniciación e busca de identidade por parte de Xofré e, ó mesmo tempo a forma de desvelar un mundo medieval que se conforma nun auténtico cachón de personaxes históricos: Urraca, García, Sancho, Ramón de Beçançon, Ramiro, o Conde de Traba, Diego Xelmírez e un longo etcétera que a autora fai aboiar coa maior espontaneidade. ... Leer resumen completo

(1 valoracion)
Guardado por:
  • 1 persona

16,15 €

(Tapa blanda)

Mostrando 1 a 12 de 12 resultados

Pág. 1 de 1
  • 1