a cociña do veran-pepe iglesias-xose iglesias-9788475079226

A COCIÑA DO VERAN (En papel)

PEPE IGLESIAS, XOSE IGLESIAS, XERAIS, 1995
ISBN 9788475079226

(0  valoraciones )

Guardado por 0 personas, 0 opiniones

Más información Temporalmente no disponible

Crea una alarma sobre este libro

Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar

Datos del libro

  • 13.0x20.0cm.
  • Nº de páginas: 320 págs.
  • Editorial: XERAIS
  • Lengua: GALLEGO
  • Encuadernación: Tapa dura
  • ISBN: 9788475079226
  • Año edicón: 1995
  • Plaza de edición: VIGO

Sinopsis

O libro A cociña do verán é o cuarto dunha serie sobre o receitario estacional da cociña galega a cargo do gastrónomo Pepe Iglesias. Con 50 receitas e máis de 100 variantes, nace cunha votande esencialmente práctica, a de ensinar a preparar receitas de tempada no máis tradicional e á vez moderno da cociña galega. A cociña do verán é un libro comprometido, persoal, que toma partido. Un libro que nos abre os ollos ante a situación actual da gastronomía galega. Un libro que parte do coñecemento profundo e da enorme experiencia do seu autor. A concepción do libro, cunha estructura de doado manexo e unhas fotografías de calidade excepcional, fai del un instrumento de prestixio para a nosa cultura gastronómica, situándoo dentro dos máis altos parámetros da edición internacional. Por outra banda o estilo do libro é sempre ameno e mesmo divertido, concebido para chegar ó público e para que este disfrute léndoo ou cociñando con el. Pepe Iglesias é un gastrónomo de recoñecido prestixio, colaborador das principais revistas gastronómicas do estado, crítico gastronómico da guía BMW, ex-restaurador que agora se dedica por completo á investigación gastronómica. A cociña do verán sitúase na órbita da nova cociña europea e vén recuperar para a modernidade sabores intimamente ligados ós nosos fogóns. O verán é o tempo da horta, das sopas frías, das sardiñas, do bonito, da froita, do tomate, dos pementos, dos escabeches. E Pepe Iglesias tamén investiga as posibilidades da nosa cociña moderna. Receitas coma a caldeirada mariñeira de bonito con patacas, a crema fría de algas con ameixas, o gazpacho melón con lumbrigante, os mexillóns en salsa brava, as xoubiñas con salsa caseira de tomate, a grellada de porco ou o soufflé de herba luísa con alma de peras urracas, fan a delicia dos que disfrutan co bo comer.

0

Valoración Media

Todavía no ha sido valorado

Valoraciones usuarios

  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)

Recomendaciones usuarios

  • 0% No ha sido todavía recomendado

Opiniones de los lectores sobre "A COCIÑA DO VERAN"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate

Estantes en los que está guardado

  • Este libro no se encuentra en ningún estante