Búsqueda avanzada
Tu compra

La bolsa está vacía

Nº de libros 0 total 0 €
Iniciar compra
Patrocinados (Publicidad)
Boletín libros
Libros en promoción

Filología y formación> Ofertas y generalidades. Ofertas y generalidades> Generalidades

A MODELO DE PACO ASOREI
de
GONZALEZ, XOAN XESUS
EDICIONS XERAIS 2002
(0) ¡Vota!
  
     250 pags
Lengua: GALLEGO
Encuadernación: Tapa blanda
ISBN: 9788483028346
Nº Edición:1ª ED.
Año de edición:2002
Plaza edición: VIGO
13.10€
($20.57)

DESCATALOGADO
Descatalogado

A continuación te recomendamos libros similares y otras ediciones


Libros que también te pueden interesar

Resumen del libro
Publicada por vez primeira no ano 1933 pola editorial Nós de Ánxel Casal, A modelo de Paco Asorei é unha peza romántica e sentimental, ambientada na Compostela de inicios do século XX, que relata unha apaixonada historia amorosa entre o xove estudiante Diego de Longarela e a poeta ourensá Lucinda de Gundisal. Con anterioridade, fragmentos da parte inicial  do libro foran aparecendo por entregas no semanario El País Gallego, que o seu autor, Xoán Xesús González, fundara en 1927.
A acción da novela céntrase na idílica relación sentimental que manteñen os dous mozos ao longo de dous intensos meses que ela pasa en Compostela. Chegan mesmo a facer un xuramento de mutua fidelidade ao xeito peculiar da literatura romántica, neste caso coa Virxe da Corticela como testemuña. Precisamente no ambiente compostelán prodúcese o feito que dá título á novela: a decisión de que o escultor Paco Asorei faga un busto da moza. Elemento que en principio puidera parecer anecdótico pero que para o autor terá un profundo sentido simbólico no relato. Desde o momento en que o escultor comeza a obra nace no protagonista unha nova visión da súa amada, que se lle presenta como máis sensual, mesmo erótica. A obra escultórica nunca chegaría a estar completamente rematada debido a múltiples interrupcións provocadas por unha especie de ciñumes que a protagonista chega a sentir pola súa propia imaxe en xeso, e que lle provocarán constantes indisposicións. A ruptura do pacto amoroso por parte da moza, que acaba accedendo, ante as presións familiares, a casar cun adiñeirado mozo ao que non ama, provoca que Diego se abstraia da realidade e renuncie por completo ao amor por ningunha muller.
¿Te lo has leído? ¿Sabes de lo que habla?

En nuestra comunidad encontrarás un espacio para poder compartir opiniones y encontrar amigos que tengan los mismos gustos de lectura.

Que comentan los lectores
¿No tienes tu blog? Crealo ya!!! y conoce a otras personas con tus gustos literarios

Libro de Arena es la comunidad lectora donde podrás hablar de tus gustos literarios o escribir tu obra por capítulos o simplemente estar al día de lo que otros usuarios hablan...

Entra y crea tu blog