as ondas-virginia woolf-9788482887227

AS ONDAS (En papel)

VIRGINIA WOOLF, GALAXIA, 2004
ISBN 9788482887227

(0  valoraciones )

Guardado por 0 personas, 0 opiniones

Más información Entrega aproximada 10 días con envío urgente
15.70 €

Te faltan 19.00€ para conseguir el envío gratis

Accede para activar la Compra en 1 paso

Inseparables, comprar "AS ONDAS " junto con:

as ondas-virginia woolf-9788482887227
entre actos-9788499080345
ENTRE ACTOS VIRGINIA WOOLF

Cómpralos hoy por
24,65 €

as ondas-virginia woolf-9788482887227
una habitacion propia-9788432219641
UNA HABITACION PROPIA VIRGINIA WOOLF

Cómpralos hoy por
27,20 €

as ondas-virginia woolf-9788482887227
las olas-9788499890470
LAS OLAS VIRGINIA WOOLF

Cómpralos hoy por
26,65 €

Datos del libro

  • Nº de páginas: 246 págs.
  • Editorial: GALAXIA
  • Lengua: GALLEGO
  • Encuadernación: Tapa dura
  • ISBN: 9788482887227
  • Año edicón: 2004
  • Plaza de edición: VIGO

Sinopsis

Desde que foi publicada en 1931,'As ondas' é unha desas novelas que non deixa de engaiolar as lectoras e lectores pola fondura e sutileza coa que penetra na experiencia humana. Virginia Woolf logrou condensar nela gran parte desa vida que, en verbas escritas por Otero Pedrayo en 'Devalar', flúe nas 'intensas avenidas do xardín interior'. Traducida agora por primeira vez para o galego, aparece na colección Clásicos Universais, publicada por Editorial Galaxia en colaboración coa Fundación Caixa GaIicia.
A carón de 'Mrs. Dalloway' e 'Cara ao faro', as outras dúas novelas centrais da obra de Virginia Woolf, 'As ondas' consegue expresar coa meirande intensidade e beleza a complexidade da experiencia humana. A novela acada unha forma de narrar que racha os arquetipos literarios, descu- brindo unha linguaxe nova, aberta ás sensacións e ás emocións pero sen perder a capacidade de reflexión, a ironía e o pulo narrativo das grandes obras.
A vida dun grupo de amigos, desde a infancia ata a mocidade e a idade adulta, centra a historia que Virginia Woolf conta dunha maneira diferente e nada convencional. A escritora pescuda nas relacións entre a vida individual e os condicionamentos dunha sociedade e dun tempo: as arelas, os triunfos e tamén os fracasos, a sensación de unidade a carón da de illamento, o pasado e o presente como eixo da procura do senso da vida. A escritora inglesa, con quen Ramón Otero Pedrayo dialoga na súa novela 'Devalar', logra atinguir unha prosa chea de matices e tonalidades, cunha expresión sensitiva fóra do común, para condensar nunha obra de ficción a experiencia humana nas súas facetas múltiples e contraditorias.

0

Valoración Media

Todavía no ha sido valorado

Valoraciones usuarios

  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)

Recomendaciones usuarios

  • 0% No ha sido todavía recomendado

Opiniones de los lectores sobre "AS ONDAS"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate

Estantes en los que está guardado

  • Este libro no se encuentra en ningún estante