CANDO EN CAIA (En papel)
RAMON SAMPEDRO,
EDICIONS XERAIS, 1998
ISBN 9788483022603
Otros formatos y ejemplares disponibles
Temporalmente no disponible
Crea una alarma sobre este libro
Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar
Datos del libro
- 13.0x21.0cm.
- Nº de páginas: 128 págs.
- Editorial: EDICIONS XERAIS
- Lengua: GALLEGO
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788483022603
- Año edicón: 1998
- Plaza de edición: VIGO
Sinopsis
Entre nós e Ramón Sampedro hai catro ducias de poemas. Estes poemas son como pasais dun río. Pedras que deixan pasar a corrente, o alboroto da vida, e que nos unen de beira a beira, se é que somos quen de cruzalos. Non é doado. O pé trema ante primeiro pear coma se fora pousar no gume dunha navalla. ¡Co ben que se pasaría o río por unha ponte de formigón! Pero apoiamos no primeiro pasal, asentamos no primeiro poema, e comezamos a sentir a vertixe dese pasadoiro como un transtorno seductor. ¿Será iso o que dicía Proust cando escribía «non teñas medo a ir en demasía lonxe porque a verdade aínda está máis lonxe»? Damos un brinco ao outro pasal. Xa non hai volta atrás. Alí está Ramón Sampedro cun lapis nos dentes. Non tivo medo en ir ao país da verdade. A Terra do Demasiado Lonxe. Hai textos que nos falan desde a profundidade da vida. Detéctanse como fai o zahorí coa auga preciosa: por un tremor do pulso. Xa nada é o mesmo despois de lelos. Notamos que a persoa que os escribiu fíxoo cun alfabeto que aniña como maquis, fonemas feridos e libertarios nas covas dos alveolos. Quen nos fala é o código morse da lanterna do corazón. Quen nos fala é O Que Non Minte. Esta escrita do cerne, para a que naceu o nome de poema, dase moi raramente. Hai uns cantos textos que marcan a historia da Humanidade como fíos dese tapiz trascendente que o doutor Nóvoa Santos chamaba a "Realidade Intelixente". A ese orde, a ese raro tapiz tecido pola liberdade e a verdade, pertencen estes poemas. Están feitos con esa luz, un céltico lampexo verde no lusco e fusco, que cambia a mirada. Entre a incomprensión ruidosa e un humanitarismo mal entendido, Ramón Sampedro fai renacer o humanitarismo, acobillado nunha illa de melancolía e liberdade. Ramón Sampedro conservaba a autodisciplina dun mecánico naval no barco varado do seu cuarto de enfermo sen remedio. Bocaescribía tódalas mañás polo menos tres horas, orientando a grafía coa punta dos seus beizos. Os seus poemas recollidos en Cando eu caia pertencen xa ao mellor enxoval da humanidade. Como as primeiras cunchas apañadas nas costas da fin da terra polo neno libre cando saíu do berce.
Valoración Media
Todavía no ha sido valorado
Valoraciones usuarios
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)
Opiniones de los lectores sobre "CANDO EN CAIA"
Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate
Estantes en los que está guardado
- Este libro no se encuentra en ningún estante


Me gusta
Es un tema muy controvercial pero igual muy importante ya que se refiere a la propia vida del ser humano. yo creo que uno es responsable de sus actos entiendo a Ramon porque se le terminó su vida despues de ese accidente es logico que alguien que recorrió el mundo. Éste en una cama para todos los días que le queden de vida en fin es decisión de cada uno pero respeto ls opinión tanto de la iglesia como de las personas. SALUDOS.