GRAN DICCIONARIO XERAIS DA LINGUA - VV.AA.. Resumen del libro y comentarios - casadellibro.com
gran diccionario xerais da lingua-9788483025901

GRAN DICCIONARIO XERAIS DA LINGUA (En papel)

VV.AA., EDICIONS XERAIS, 2001
ISBN 9788483025901

(0  valoraciones )

Guardado por 0 personas, 0 opiniones

Más información Temporalmente no disponible

Crea una alarma sobre este libro

Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar

Datos del libro

  • 20.0x27.0cm.
  • Nº de páginas: 2080 págs.
  • Editorial: EDICIONS XERAIS
  • Lengua: GALLEGO
  • Encuadernación: Tapa dura
  • ISBN: 9788483025901
  • Año edicón: 2001
  • Plaza de edición: VIGO

Sinopsis

No caso da lingua galega, á hora de concibir unha obra lexicográfica, ademais de ter en conta as necesidades do usuario, cómpre, malfadadamente, tomar en consideración as necesidades e a propia situación da lingua, tanto na actualidade coma no pasado. Por causa dunha determinada conxuntura política, o galego leva convivindo moito tempo con outra lingua, o castelán, que por razóns sociais sempre posuíu un prestixio superior ó da lingua orixinaria da Gallaecia. Ó longo de todo este tempo o galego estivo relegado ó ámbito familiar e poucas veces era empregado nos espacios públicos, nas disertacións científicas ou nos niveis máis formais. Ademais, durante un dilatado período que, grosso modo, abrangue do século XV ó XIX, foi ágrafo e non dispuxo da elaboración culta que supuña o seu emprego na lingua escrita. Durante séculos, o galego non contou cun modelo normativo nin estándar que mantivese a súa uniformidade, fomentase a identidade dos seus falantes e o preservase de influencias externas perniciosas. Só en datas moi recentes, no ano 1982, o Instituto da Lingua Galega elaborou unha proposta normativa para o ámbito ortográfico e morfolóxico, que, posteriormente, foi asumida pola Real Academia Galega. Anos despois, no 1989, o mesmo Instituto da Lingua Galega, elaborou o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa) que tamén sería asumido pola Real Academia Galega. Esta obra, polo poder que lle outorga a Lei de Normalización Lingüística á Academia, converteuse inmediatamente en oficial. Todos estes feitos repercutiron sen dúbida na forma do idioma. No nivel oral hai que salientala deturpación ou desgaste das palabras de uso común, a substitución de formas galegas por outras de orixe castelá e a asunción das solucións casteláns para designalas novas realidades. No nivel escrito, ademais destas, tamén hai que mencionala busca da diferencialidade verbo da lingua estatal, que se manifestou no uso e abuso de formas hipergaleguizadas, na incorporación de inventos, no recurso a solucións alleas ó galego e no caos ortográfico. A partir do 1982 e, nomeadamente despois do 1989, datas de publicación das Normas e do VOLGa, produciuse un cambio considerable nos diccionarios publicados. Os diccionarios ou vocabularios realizados con anterioridade a estas datas pretendían pre

0

Valoración Media

Todavía no ha sido valorado

Valoraciones usuarios

  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)

Recomendaciones usuarios

  • 0% No ha sido todavía recomendado

Opiniones de los lectores sobre "GRAN DICCIONARIO XERAIS DA LINGUA"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate

Estantes en los que está guardado

  • Este libro no se encuentra en ningún estante