m-tala-chus pato-9788483025413

M-TALA (En papel)

CHUS PATO, XERAIS, 2000
ISBN 9788483025413

(0  valoraciones )

Guardado por 0 personas, 0 opiniones

Más información Temporalmente no disponible

Crea una alarma sobre este libro

Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar

Datos del libro

  • Nº de páginas: 100 págs.
  • Editorial: XERAIS
  • Encuadernación: Tapa blanda
  • ISBN: 9788483025413
  • Año edicón: 2000
  • Plaza de edición: VIGO

Sinopsis

Escribir sobre m-Talá parécese a enviar unha postal desde o estranxeiro: moi pouco espacio e demasiadas cousas que contar. Cando o país que acolle a nosa expectación nos marabilla, moléstannos os marcos, as pautas e os recadros. Aínda así, hai que intentalo, asumir de bo grao a provisionalidade das palabras, tirar algún proveito das marxes e dos baixos do enderezo postal, á espera de que o destinatario asista en diferido á paisaxe enviada e garde o selo. Entre outras moitas cousas, este libro de libros pode lerse (e sobre todo usarse) como o máis cumprido certificado de defunción da lírica. Voluntariamente exiliada da Idade dos Poetas (quizais fose mellor escribir Reino), Chus Pato rompe coa tradición que consagrara a lírica como canle privilexiada para a expresión da transcendencia estética. A fluencia dun cogito sempre interrompido, as consideracións intempestivas, o sentido do humor, o sentido do ridículo, a irreverencia, a baixa cultura, o alto pobo e a obscenidade converten m-Talá nunha poderosa intervención literaria, nunha ruidosa interferencia ás frecuencias e modulacións da última poesía galega. Porque esta guía de lugares non só imaxinarios (auténtica arte do mal morrer que nos fai deixar a pel no intento de apreixala( exerce sobre os lectores a estraña e vigorosa seducción do que non pode ser reducido ó entendemento, do que, para ser comprendido nos seus termos, debe ser esquecido parcialmente. Desde tódalas Limias, no limo da memoria e nos seus límites, Chus Pato regálanos, unha vez máis (pero quizais xa nunca coma antes) as cen follas da rosa sen o centro, o acceso ós febles fíos da arañeira global. Nun exercicio que transcende a dialéctica, porque abeira as contradiccións sen pretender resolvelas, a autora tece un relato cosmogónico e amosa as súas costuras. O libro convértese así nunha enciclopedia de intersticios, porque é nas fendas das grandes diaclasas de onde xorden as verdades, como lugares desde os que nomear o que non foi a penas albiscado. Deste modo, a poesía faise carne e cerne de tódolos discursos posibles, historia política da creación e a destrucción das cousas. Neste póker de impurezas, no que as cartas se xogan boca arriba e sen marcar, o Ser que alumeara a Idade dos Poetas depón a súa cualidade de lume sagrado para se converter

0

Valoración Media

Todavía no ha sido valorado

Valoraciones usuarios

  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)

Recomendaciones usuarios

  • 0% No ha sido todavía recomendado

Opiniones de los lectores sobre "M-TALA"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate

Estantes en los que está guardado

  • Este libro no se encuentra en ningún estante