Literatura> Literatura contemporánea. Narrativa Española e Hispanoamericana del XIX al XXI> Literatura en Gallego
MANANCIAL
de MANTEIGA POUSA, XAVIER
EDICIONS XERAIS 1997
Lengua: GALLEGO
Encuadernación: Tapa blanda
ISBN: 9788483021958
Colección:
Nº Edición:1ª
Año de edición:1997
Plaza edición: VIGO
9.80€
($15.39)
DESCATALOGADO
A continuación te recomendamos libros similares y otras ediciones
Libros que también te pueden interesar
Resumen del libro
Iso, "como unha patada na boca" foi o que atinei a dicir na cea do Xerais a unha señora cando me preguntou pola obra gañadora. Minutos antes tentara describila e xustificar a decisión do xurado con moitas máis palabras (demasiadas, segundo a reacción duns que berraban ó fondo), pero quizais sexa unha definición máis exacta esa frase un tanto brutal, que parece un deses extractos que figuran nas faixas ou nas contraportadas dos libros: Unha patada na boca (Hannibal Lecter Review). O que eu coñecín como baixo o lema "O Príncipe", comezaba nun escenario como o condado de Yoknapatawpha que argallou Faulkner para enchelo de highbillies, eses pailáns escasos de cartos e cerebro e sobrados de orgullo e violencia que inzan o sur dos Estados Unidos. Xentes marcadas pola ignorancia e a consanguinidade, con tanta capacidade de conversación como unha videoconsola Sega e sen máis habilidade que destilar alcohol de millo e disparar contra os veciños. Un escenario, pois, digamos que miserable, habitado por personaxes a xogo, que teñen que emprender unha viaxe tipo As uvas da ira pero protagonizada polos irmáns Marx, que remata sendo unha persecución como a de A fuxida de Jim Thompson, pero sen Steve McQueen nin Ali McGraw (na versión de Sam Peckinpah) Alec Baldwin ou Kim Bassinger (na segunda versión) ningúns. Todo iso en 250 folios a dobre espacio. E cun estilo áxil e descarnado, entre Norman Mailer a Marcial Lafuente Estefanía, (e perdoen), que nos mete a mesma prisa por rematar a viaxe da lectura que ós protagonistas por fuxir. Unha historia que, como as feridas en quente, é unha risa ata que a cousa enfría e doe. Non é extraño que, co padal ou cos ollos ou co que sexa cheos da boa literatura que se presentou ó premio Xerais, O Príncipe" ou Manancial volvíase facer presente, repetía como o allo. Seica se considera preciso abrir máis camiños na narrativa galega. Aquí hai un, unha estrada asfaltada de dúas direccións, que vai cara o mar. Só é cuestión de seguir a vella camioneta da familia Obrador.
¿Te lo has leído? ¿Sabes de lo que habla?
En nuestra comunidad encontrarás un espacio para poder compartir opiniones y encontrar amigos que tengan los mismos gustos de lectura.
Que comentan los lectores
¿No tienes tu blog? Crealo ya!!! y conoce a otras personas con tus gustos literarios
Libro de Arena es la comunidad lectora donde podrás hablar de tus gustos literarios o escribir tu obra por capítulos o simplemente estar al día de lo que otros usuarios hablan...
Entra y crea tu blog