MILLO VERDE (En papel)
XOSE FERNANDEZ FERREIRO,
XERAIS, 2002
ISBN 9788483028247
Otros formatos y ejemplares disponibles
Temporalmente no disponible
Crea una alarma sobre este libro
Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar
Datos del libro
- Nº de páginas: 175 págs.
- Editorial: XERAIS
- Lengua: GALLEGO
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788483028247
- Año edicón: 2002
- Plaza de edición: VIGO
Sinopsis
Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela, un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade, foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por que?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno. Este é o arrinque argumental de Millo verde, a nova novela de Xosé Fernández Ferreiro. Unha narración que ten un sorprendente e inesperado desenlace, que non mitiga un drama social que se presenta con toda a crueldade e que marca a fogo e para sempre a vida dos personaxes. Novela de enfoque realista, construída minuciosamente como unha narración de intriga, Millo verde engaiola ao lector na esculca da verdade sobre un terrible suceso. O papel dos medios de comunicación, as investigacións policiais e xudiciais, ou as reaccións da comunidade educativa contrapuntean nesta novela inquedante co sufrimento dunhas víctimas sometidas a aldraxe e a dor do seu inferno. Millo verde constitúe unha valente denuncia da hipocrisía dunha sociedade que procura culpables inmediatos para agachar as súas doenzas máis profundas.
Valoración Media
Todavía no ha sido valorado
Valoraciones usuarios
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)


Me gusta

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate