NARRADORAS (En papel)
,
XERAIS, 2000
ISBN 9788483025857
Otros formatos y ejemplares disponibles
Temporalmente no disponible
Crea una alarma sobre este libro
Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar
Datos del libro
- 11.0x18.0cm.
- Nº de páginas: 360 págs.
- Editorial: XERAIS
- Lengua: GALLEGO
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788483025857
- Año edicón: 2000
- Plaza de edición: VIGO
Sinopsis
No último cuarto do século XX, debido á instauración dun novo contexto político-social, a narrativa galega experimentou un desenvolvemento sen precedentes. A escaseza de escritoras dentro desa nómina pode obedecer á súa preferencia pola lírica como canle para a expresión literaria. Tralo extraordinario proceso de eclosión experimentado pola poesía de muller en Galicia nos anos 90, tal vez sexa agora o momento axeitado para as creadoras exploraren novos terreos artísticos. A compilación de relatos que aquí se presenta quere inaugurar un espacio case inédito nas nosas letras: a narrativa de muller. Deste xeito, ofrece unha plataforma para a difusión dos productos literarios dun grupo social emerxente que, por razóns históricas ben coñecidas, dispuña de escasos medios ó seu alcance para se manifestar. Nos últimos anos aumentou considerablemente a porcentaxe de mulleres lectoras, e o xénero literario que acada un maior índice de vendas é a narrativa. Se as mulleres len, e len narrativa, parece lóxico que tamén narren. Narradoras é un proxecto editorial que xorde como resposta a unha incipiente demanda de ler mundos contados por (e, non só, pero tamén para) mulleres. Neste volume está representado un conxunto heteroxéneo de voces de muller, nalgúns casos inéditas, que esbozan unha serie de liñas diversas en canto á temática, estilo e técnicas narrativas empregadas. No camiño cara á conquista do discurso narrativo por parte das mulleres, esta colección de relatos (escritos por Rita Abraldes, An Alfaya, Rosa Aneiros, Ana María Arellano, Mónica Bar, Marica Campo, María Canosa, Uxía Casal, Laura Caveiro, Ledicia Costas, Beatriz Dacosta, Pilar Fernández, Isabel Freire, María García Yañez, Mónica Góñez, Ánxela Gracián, María Lado, Inma López Silva, Paula Mariño, Eva Moreda, Begoña Paz, Medos Romero, Dolores Ruíz, Rosa María Vidal e Luísa Villalta) constitúe un comezo posible. Queda agora, pois, nas túas mans, ocupada lectora, a tarefa de dar sentido pleno a esta travesía a penas iniciada.
Valoración Media
Todavía no ha sido valorado
Valoraciones usuarios
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)
Estantes en los que está guardado
- Este libro no se encuentra en ningún estante


Me gusta

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate