OITOCENTOS (En papel)
XAVIER FRANCO ALONSO,
GALAXIA, 2004
ISBN 9788482886138
Otros formatos y ejemplares disponibles
Temporalmente no disponible
Crea una alarma sobre este libro
Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar
Datos del libro
- Nº de páginas: 116 págs.
- Editorial: GALAXIA
- Lengua: GALLEGO
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788482886138
- Año edicón: 2004
- Plaza de edición: VIGO
Sinopsis
Unha historia de hoxe. Contar a vida de xente corrente e as súas inquedanzas, emocións, e un dos obxectivos de Oitocentos, a novela de Xavier Franco Alonso.
Os personaxes desta historia, un excorredor de atletismo e o seu grupo de amigos, abalan entre a inestabilidade laboral e a indeterminación persoal. Sen perspectivas no traballo e coa ameaza permanente da soidade pairando sobre a súa vida. Encrucillada vital que o autor vai resolver a través dunha interesante narración dialogada, que se desenvolve en escenas que lembran as dunha película.
A novela de Xavier Franco Alonso avanza cun ritmo narrativo constante, que arrastra ao lector polo efecto duns diálogos que, como no cinema, nos van contando a historia cos palabras dos seus propios protagonistas. Oitocentos fala das dificultades para adaptarse a unha existencia sempre marcada pola inseguridade, condicionada pola necesidade de traballo estable, pola falta de comunicación e ameaza da soidade. A historia iníciase cando un corredor de media distancia volve á súa cidade de orixe logo de decidir abandonar o deporte. Tentará adaptarse á súa nova vida, reestablecer a relación cos seus antigos amigos e atopar traballo, un traballo normal que lle faga esquecer a súa dedicación ao atletismo profesional e que lle permita albiscar un futuro persoal novo.
Franco Alonso sitúa o seu labor literario nas proximidades do real, busca os seus personaxes entre a xente corrente, achéganos a situacións perfectamente recoñecibles nas que a súa habelencia narradora descobre historias insospeitadas, suxire conflictos e intensifica emocións. Oitocentos é unha historia de hoxe, contada con pulo cinematográfico, que nos mergulla na vida cotiá dunha cidade galega.
Valoración Media
Todavía no ha sido valorado
Valoraciones usuarios
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)
Estantes en los que está guardado
- Este libro no se encuentra en ningún estante


Me gusta

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate