tute para catro-xesus fraga-9788483025871

TUTE PARA CATRO (En papel)

XESUS FRAGA, XERAIS, 2000
ISBN 9788483025871

(0  valoraciones )

Guardado por 0 personas, 0 opiniones

Más información Temporalmente no disponible

Crea una alarma sobre este libro

Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar

Datos del libro

  • Nº de páginas: 77 págs.
  • Editorial: XERAIS
  • Encuadernación: Tapa blanda bolsillo
  • ISBN: 9788483025871
  • Año edicón: 2000
  • Plaza de edición: VIGO

Sinopsis

Tute para catro é a ópera prima de Xesús Fraga. Unha ópera prima, sen embargo, que amosa as mans cheas de talento, sabiduría e bo facer literarios. Desde o título sabemos que este é un feixe de relatos entrecruzados e que se trata das vidas dos perdedores, dos derrotados. Son derrotados os estudiantes que remataron a carreira e non atoparon traballo ó seu nivel, os que, nun tempo inmóbil, matan as tardes eternas xogando a mesma partida que comezaron sendo adolescentes e cantando os trunfos. Pero tamén tódolos demais, o que ten a tenda de informática, o que atende as vacas, o que se fixo rico en Londres, a que quedou na taberna dos pais, os músicos da orquestra... Con todo, Tute para catro non é de ningún xeito un libro triste, aínda que poida ser melancólico, e por veces é francamente divertido, e o humor, un humor moi do pobo, con sal gordo e un regusto amargo, reborda e faise dono do texto. Tute para catro é un libro no que todo sucede nun só día, no día do patrón, o día da festa, e o autor vainos contando os acontecementos, narrados desde moitos puntos de vista. Vemos a vida da aldea tal como é hoxe, unha aldea en pleno proceso de descomposición, cunha crise enorme de todo o sistema de valores e cunha maior aínda crise económica. Por aquí desfilan as velliñas postas a dieta polo médico, os rapaces solteiros xogando o partido contra os casados, os xantares inacabables, a morte, o cura novo, os emigrantes, a vodas de penalti, as bromas nas vodas, as vinganzas rurais... Tute para catro é unha mañuza de relatos realistas. Pero nos relatos de Xesús Fraga non atopamos xeito ningún de costumismo nin de obviedade. Os textos van sempre máis alá do epidérmico e descóbrennos a realidade profunda das persoas, mesmo só insinuándoa. O autor detén a súa ollada no que comen as xentes, no que din, nos seus traballos, nos seus pasos, E, de vez en cando, salta a sorpresa lírica. Os diálogos son o mellor do libro: frescos, reais. Xesús Fraga quixo, se cadra, iluminar a noite das nosas aldeas enchendo un vaso cunha presada de vagalumes.

0

Valoración Media

Todavía no ha sido valorado

Valoraciones usuarios

  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)
  • (0)

Recomendaciones usuarios

  • 0% No ha sido todavía recomendado

Opiniones de los lectores sobre "TUTE PARA CATRO"

No hay opiniones para este producto

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate

Estantes en los que está guardado

  • Este libro no se encuentra en ningún estante