0,00
0

JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA EBOOK

Juvenil

O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viax…
O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeadas dun halo de misterio. A chegada de Jules Verne á botica revolucionará as vidas desta singular familia. O tempo esgótase: a avoa Melisa está enferma e necesitan atopar unha cura. Mais hai ocasións en que non se pode loitar contra a forza da natureza. Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta é unha homenaxe ás novelas de aventuras, unha viaxe no tempo cargada de maxia onde todo é posible.
Ebook

Información extra

Detalles del producto
Ficha técnica

El Autor

LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas. Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que está traducida ao catalán. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato “Negrita” no volume “Narradoras” (Xerais 2000). “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a miña segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ' ' Un animal chamado néboa ' ' (Xerais, 2015) a cuarta.. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014), en 2016 publiquei “Esmeraldina, a pequena defunta” e “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2015 en 2017 " A señorita Bubble " . Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”. Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón. Ver ficha del autor
Precio mínimo garantizado
Envío gratis a partir de 19 €
Recogida en librería gratis
Devoluciones gratis hasta 14 días
Recibe nuestras novedades en libros en tu email
Descuentos en libros, últimos títulos publicados y mucho más.
Espasa Calpe, S.A. y Tagus Books, S.L., tratarán tus datos personales para gestionar la relación contigo y para remitirte, por cualquier medio, información y comunicaciones comerciales sobre nuestros productos y servicios similares a los solicitados. Los datos sólo se cederán a empresas de nuestro grupo si nos das tu consentimiento y nunca a empresas ajenas al mismo. Tienes derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como a otros derechos, como se explica en nuestra política de privacidad.
MaevaRandom House MondadoriGrupo PlanetaImpedimenta