chirlosmirlos: enciclopedia dos xogos populares-anton cortizas-9788483025512

CHIRLOSMIRLOS: ENCICLOPEDIA DOS XOGOS POPULARES

Literatura 9 a 12 años

Infantil 9 a 12 años

Infantil

Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado a.o longo de varios anos, reune máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e con propostas de adaptación ou anovación nalgúns dos casos.Xogos de correr ou de agochar; xogos de grupos e de equipos; xogos de roda; xogos con pelota; xogos das lombas; xogos das bólas ou con peón; xogos das tabas, coios e dados; xogos de lanzar ou de espetar; xogos da billarda; xogos da chapa; xogos da goma, da corda ou con aros; xogos para xogar no colo cos máis cativos; e un bo repertorio de cancións para choutar á corda.Chirlosmirlos é un libro de divulgación para estender e relembrar a arte de xogar. Con ser esta unha obra …
Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado a.o longo de varios anos, reune máis de catrocentos xogos, coas súas variantes e con propostas de adaptación ou anovación nalgúns dos casos.Xogos de correr ou de agochar; xogos de grupos e de equipos; xogos de roda; xogos con pelota; xogos das lombas; xogos das bólas ou con peón; xogos das tabas, coios e dados; xogos de lanzar ou de espetar; xogos da billarda; xogos da chapa; xogos da goma, da corda ou con aros; xogos para xogar no colo cos máis cativos; e un bo repertorio de cancións para choutar á corda.Chirlosmirlos é un libro de divulgación para estender e relembrar a arte de xogar. Con ser esta unha obra de alto contido etnográfico, de recolleita histórica, está concebida cun criterio eminentemente práctico e de fácil comprensión, para o seu uso no ámbito familiar, así como en centros escolares, asociacións, colonias, campamentos, ou nas actividades dos concellos.Esta enciclopedia contén numerosas ilustración explicativas de cada xogo; e tamén as partituras de moitas das cancións, producto dunha laboriosa transcrición musical.

Información extra

Detalles del producto
Ficha técnica

El Autor

ANTON CORTIZAS

Antón Cortizas Amado (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos autores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer co relato “A media muller” co que obtivo o Premio Curuxa de Humor de Fene en 1986. Dende entón publicou as seguintes obras: " Memorias dun río " (1988), Premio Barco de Vapor 1988; " Xiganano ¿onde estás? " (1990); " O conto dos sete medos " (1991), premio Barco de Vapor 1991; " O lapis de Rosalía " (1992) (Xerais, 2015); " A bruxa sen curuxa " (1993); " O merlo de ferro " (1995) (Xerais 2013); " Os gritos das illas Lobeiras " (1995), premio Barco de Vapor 1995; " Historias e algún percance todas ditas en romance " (1996); " Leonel " (Xerais 1996); “Contos de vento e de nunca acabar” (1999); “Dominicus o dragón” (2001); “A merla de trapo” (Xerais 2001), Premio Merlín 2001; “¡Cázame ese pensamento!” (2001); “O coleccionista de sombras” (2002), “Onde o sol non adormece” (Xerais 2003) e " Vaia tropa! " (Xerais 2011). Como investigador publicou " Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares " (Xerais 2001), " Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota " (Xerais 2010) e " Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza " (Xerais, 2013) Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial, 2013 e Premio Losada Diéguez de Investigación 2014 . Coa obra " Incrible invento de Solfis, a pianista " (1994) obtivo o Premio da Mostra de Teatro Xeración Nós e con " Xogando con gatos " (Xerais 2015) o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2014. Ver ficha del autor
Precio mínimo garantizado
Envío gratis a partir de 19 €
Recogida en librería gratis
Devoluciones gratis hasta 14 días
Recibe nuestras novedades en libros en tu email
Descuentos en libros, últimos títulos publicados y mucho más.
Espasa Calpe, S.A. y Tagus Books, S.L., tratarán tus datos personales para gestionar la relación contigo y para remitirte, por cualquier medio, información y comunicaciones comerciales sobre nuestros productos y servicios similares a los solicitados. Los datos sólo se cederán a empresas de nuestro grupo si nos das tu consentimiento y nunca a empresas ajenas al mismo. Tienes derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como a otros derechos, como se explica en nuestra política de privacidad.
MaevaRandom House MondadoriGrupo PlanetaImpedimenta