0,00
0
contos marabillosos i (2ªed)-xoan ramiro cuba-antonio reigosa-xose miranda-9788483023280

CONTOS MARABILLOSOS I (2ªED)

Literatura 9 a 12 años

Infantil 9 a 12 años

Infantil

Contos Marabillosos, I contén tres contos de maxia ou marabillosos. Os contos de maxia son antigos coma o mundo. Engaiolan e encantan. Divirten e estimulan os sentimentos máis variados dos humanos. Se os animais falan ou habitan neles monstros do imaxinario, se as mulleres bonitas son princesas e os heroes reis ou príncipes, se o mundo dos mortos e dos vivos se mestura, se os deuses e os homes se tratan de ti, é porque toda búsqueda do sentido da vida ten dimensións sicolóxicas, relixiosas, fantasiosas, que precisan deses símbolos, comúns á humanidade enteira, símbolo que constitúe a auténtica linguaxe universal. O paxaro que fala, a árbore que canta e a auga dourada; Manta en Roma e A gaita que facía a todos bailar, os t…
Contos Marabillosos, I contén tres contos de maxia ou marabillosos. Os contos de maxia son antigos coma o mundo. Engaiolan e encantan. Divirten e estimulan os sentimentos máis variados dos humanos. Se os animais falan ou habitan neles monstros do imaxinario, se as mulleres bonitas son princesas e os heroes reis ou príncipes, se o mundo dos mortos e dos vivos se mestura, se os deuses e os homes se tratan de ti, é porque toda búsqueda do sentido da vida ten dimensións sicolóxicas, relixiosas, fantasiosas, que precisan deses símbolos, comúns á humanidade enteira, símbolo que constitúe a auténtica linguaxe universal. O paxaro que fala, a árbore que canta e a auga dourada; Manta en Roma e A gaita que facía a todos bailar, os tres títulos deste primeiro volume cóntanse aínda nas aldeas de Galicia. Do primeiro, O paxaro que fala, a árbore que canta e a auga dourada, faise unha versión literaria a partir dunha oral rexistrada na Pontenova, nunca impresa, e doutras máis coñecidas, poucas, rexistradas hai algúns anos. De Manta en Roma só hai unha versión oral galega, aínda inédita, e que é a única fonte da que bebe a reelaboración que aquí se ofrece. Do terceiro, A gaita que facía a todos bailar, máis coñecido, refúndense unha serie de versións orais que lle dan o corpo, a forma e o sentido que debeu ter algún día. En tódolos casos cada conto vai anotado coas fontes das que se partiu para elaboralo.

Información extra

Detalles del producto
Ficha técnica
Precio mínimo garantizado
Envío gratis a partir de 19 €
Recogida en librería gratis
Devoluciones gratis hasta 14 días
Recibe nuestras novedades en libros en tu email
Descuentos en libros, últimos títulos publicados y mucho más.
Espasa Calpe, S.A. y Tagus Books, S.L., tratarán tus datos personales para gestionar la relación contigo y para remitirte, por cualquier medio, información y comunicaciones comerciales sobre nuestros productos y servicios similares a los solicitados. Los datos sólo se cederán a empresas de nuestro grupo si nos das tu consentimiento y nunca a empresas ajenas al mismo. Tienes derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como a otros derechos, como se explica en nuestra política de privacidad.
MaevaRandom House MondadoriGrupo PlanetaImpedimenta