0,00
0
discursos da escrita: estudios de filoloxia galega ofrecidos en m emoria de fernando r. tato plaza-rosario alvarez-9788495892249

DISCURSOS DA ESCRITA: ESTUDIOS DE FILOLOXIA GALEGA OFRECIDOS EN M EMORIA DE FERNANDO R. TATO PLAZA

Disciplinas auxiliares

Estudios lingüísticos

Filología

Esta obra colectiva, que titulamos (Dis)cursos da escrita, é unha viaxe ao longo da historia da lingua galega, con trinta e unha paradas escolmadas polos autores desta monza de traballos. O libro está dedicado a Fernando R. Tato Plaza (1962-2000), profesor de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela e investigador no Instituto da Lingua Galega, e reúne un nutrido grupo de coñecidos investigadores entre os compañeiros e amigos que partillaron con el moitas preocupacións e moitas arelas, incluso máis alá das estritamente filolóxicas. O percurso comprende todas as épocas, desde toda a amplitude do arco medieval, pasando polos séculos escuros aos inicios do rexurdimento no séc. XIX, e chega ata a máis estrit…
Esta obra colectiva, que titulamos (Dis)cursos da escrita, é unha viaxe ao longo da historia da lingua galega, con trinta e unha paradas escolmadas polos autores desta monza de traballos. O libro está dedicado a Fernando R. Tato Plaza (1962-2000), profesor de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela e investigador no Instituto da Lingua Galega, e reúne un nutrido grupo de coñecidos investigadores entre os compañeiros e amigos que partillaron con el moitas preocupacións e moitas arelas, incluso máis alá das estritamente filolóxicas. O percurso comprende todas as épocas, desde toda a amplitude do arco medieval, pasando polos séculos escuros aos inicios do rexurdimento no séc. XIX, e chega ata a máis estrita contemporaneidade.A maior parte dos traballos afonda na historiada escrita do galego, ben revisitando problemas ecdóticos ou de xénese textual, ben presentando novos textos inéditos, ben revisando lecturas, datacións, autorías..., ou ben propoñendo traballos puntuais sobre aspectos gramaticais da lingua antiga. Unha parte importante ocúpana os capítulos de onomástica, tanto antroponímica coma toponímica, co foco posto en distintos momentos da nosa historia, desde o trazado das vías romanas aos nosos días. Outros, finalmente, detéñense na presencia do galego en ámbitos de uso que non lle viñan sendo propios ou na variación lingüística interna. Péchase a obra cunha guía completísima de fontes para o estudo do galego medieval, da que é coautor o homenaxeado e que seguía inédita.

Información extra

Detalles del producto
Ficha técnica
Precio mínimo garantizado
Envío gratis a partir de 19 €
Recogida en librería gratis
Devoluciones gratis hasta 14 días
Recibe nuestras novedades en libros en tu email
Descuentos en libros, últimos títulos publicados y mucho más.
Espasa Calpe, S.A. y Tagus Books, S.L., tratarán tus datos personales para gestionar la relación contigo y para remitirte, por cualquier medio, información y comunicaciones comerciales sobre nuestros productos y servicios similares a los solicitados. Los datos sólo se cederán a empresas de nuestro grupo si nos das tu consentimiento y nunca a empresas ajenas al mismo. Tienes derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como a otros derechos, como se explica en nuestra política de privacidad.
MaevaRandom House MondadoriGrupo PlanetaImpedimenta