0,00
0
fonetica e fonoloxia historicas da lingua galega-ramon mariño paz-9788491211877

FONETICA E FONOLOXIA HISTORICAS DA LINGUA GALEGA

Fonética y fonología

Estudios filológicos

Filología

O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoito remoto ata o presente, así como en indagar sobre as mo…
O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoito remoto ata o presente, así como en indagar sobre as motivacións que as propiciaron. Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición das mudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latín que os romanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou ás portas do século XVI. É un período moi extenso cuxa exposición non podemos subdividir, porque a escaseza dos coñecementos que temos sobre o latín galaico e o protorromance galego aínda non nolo permite. O percorrido complétase coa reconstrución das mudanzas do galego medio (sécs. XVI-XVIII) e do galego contemporáneo (sécs. XIX-XXI), que vive certamente asediado por...

Información extra

Detalles del producto
Ficha técnica

El Autor

RAMON MARIÑO PAZ

Ramón Mariño Paz (Balbargos-Noia, 1962) é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e codirector da revista «Verba (Anuario Galego de Filoloxía)». Os seus primeiros pasos no mundo da investigación deunos no campo da lexicografía, mais desde os tempos da elaboración da súa tese de doutoramento as súas pescudas orientáronse principalmente cara á historia social da lingua galega, a historia do galego escrito, a recuperación de textos dos Séculos Escuros e de principios do XIX e a fonética, a fonoloxía e a morfoloxía históricas da lingua galega. Os resultados deste traballo presentounos en distintas revistas científicas, en volumes colectivos, en congresos nacionais e internacionais e en libros como «Historia da lingua galega» (1998), «Eladio Rodríguez e a cultura galega» (2001), «A lingua galega no limiar da súa renacenza» (2003), «Historia de la lengua gallega» (2008) ou «Papés d’emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846» (2008). Ver ficha del autor
Precio mínimo garantizado
Envío gratis a partir de 19 €
Recogida en librería gratis
Devoluciones gratis hasta 14 días
Recibe nuestras novedades en libros en tu email
Descuentos en libros, últimos títulos publicados y mucho más.
Espasa Calpe, S.A. y Tagus Books, S.L., tratarán tus datos personales para gestionar la relación contigo y para remitirte, por cualquier medio, información y comunicaciones comerciales sobre nuestros productos y servicios similares a los solicitados. Los datos sólo se cederán a empresas de nuestro grupo si nos das tu consentimiento y nunca a empresas ajenas al mismo. Tienes derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como a otros derechos, como se explica en nuestra política de privacidad.
MaevaRandom House MondadoriGrupo PlanetaImpedimenta