obra literaria completa (t. ii): obra en galego-anxel fole-9788482886428

OBRA LITERARIA COMPLETA (T. II): OBRA EN GALEGO

Narrativa en gallego

Novela contemporánea

Cunha edición da súa Obra literaria completa editada no ano 2003, Editorial Galaxia conmemora os cen anos do nacemento de Ánxel Fole. En tres extensos volumes con capa dura, esta edición estivo ao coidado do profesor Claudio Rodríguez Fer, que realizou a introdución e compilou os textos . A gran novidade é a inclusión dun tomo coa obra en castelán do autor lugués, que inclúe narrativa, poesía e unha selección dos seus artigos de prensa. O lector ten así unha visión máis cabal da obra dun dos autores fundamentais na literatura galega do século XX. Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa o…
Cunha edición da súa Obra literaria completa editada no ano 2003, Editorial Galaxia conmemora os cen anos do nacemento de Ánxel Fole. En tres extensos volumes con capa dura, esta edición estivo ao coidado do profesor Claudio Rodríguez Fer, que realizou a introdución e compilou os textos . A gran novidade é a inclusión dun tomo coa obra en castelán do autor lugués, que inclúe narrativa, poesía e unha selección dos seus artigos de prensa. O lector ten así unha visión máis cabal da obra dun dos autores fundamentais na literatura galega do século XX. Os dous primeiros volumes reúnen a obra en galego do autor de Lugo, volumes que xa se publicaran por primeira vez no ano 1997; por iso era agora necesario reunir a súa dispersa obra poética e narrativa en castelán e unha mostra significativa da súa extensísima producción xornalística, pois non parece posible coñecer ou comprender a traxectoria creativa e profesional foleana sen contar con estoutra dimensión lingüística. A fins dos anos vinte, Fole comezou a escribir os seus primeiros poemas en castelán. Non obstante, non compilará nunca esta producción nun volume e mesmo non a dará a coñecer na prensa literaria e diaria ata moi avanzada a posguerra. Desde os anos cincuenta escribiu xa moi pouca poesía, aínda que foi precisamente nos últimos anos cando deu a coñecer e reeditou boa parte da elaborada antes, así como cando compuxo os seus escasos poemas en galego. Os tres volumes da súa Obra literaria completa, reúnen por primeira vez, xunto ao Fole máis coñecido e fundamental para a narrativa galega, aqueloutra obra en castelán que ata o de agora se atopaba dispersa e que ha axudar a comprender mellor a evolución da obra en galego e algunhas das influencias que a determinaron, amais de ampliar o retrato de Ánxel Fole cunha faceta indispensable da súa vida, a do profesional do xornalismo.

Inseparables, compra OBRA LITERARIA COMPLETA (T. II): OBRA EN GALEGO junto a:

OBRA LITERARIA COMPLETA (T. I): OBRA EN GALEGO - 9788482886435 - ANXEL FOLE
OBRA LITERARIA COMPLETA (T. III): OBRA EN CASTELAN - 9788482886473 - ANXEL FOLE
DOS ARQUIVOS DO TRASNO - 9788498656602 - RAFAEL DIESTE

Información extra

Detalles del producto
Ficha técnica
Precio mínimo garantizado
Envío gratis a partir de 19 €
Recogida en librería gratis
Devoluciones gratis hasta 14 días
Recibe nuestras novedades en libros en tu email
Descuentos en libros, últimos títulos publicados y mucho más.
Espasa Calpe, S.A. y Tagus Books, S.L., tratarán tus datos personales para gestionar la relación contigo y para remitirte, por cualquier medio, información y comunicaciones comerciales sobre nuestros productos y servicios similares a los solicitados. Los datos sólo se cederán a empresas de nuestro grupo si nos das tu consentimiento y nunca a empresas ajenas al mismo. Tienes derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como a otros derechos, como se explica en nuestra política de privacidad.
MaevaRandom House MondadoriGrupo PlanetaImpedimenta