EXTINTO BASICOS (En papel)
XOSE MANUEL G.TRIGO,
XERAIS, 1998
ISBN 9788483022078
Otros formatos y ejemplares disponibles
Temporalmente no disponible
Crea una alarma sobre este libro
Te avisamos si se pone a la venta un nuevo ejemplar
Datos del libro
- 13.0x21.0cm.
- Nº de páginas: 96 págs.
- Editorial: XERAIS
- Lengua: GALLEGO
- Encuadernación: Tapa blanda
- ISBN: 9788483022078
- Año edicón: 1998
- Plaza de edición: VIGO
Sinopsis
Entre Noriega Varela e Maupassant, escrito dende a esixencia literaria, cunha subtil e delicadísima vontade de estilo que o lector descubre xa no primeiro parágrafo (¡esa marabillosa teoría do balcón!), mais coa humildade de quen sabe que na literatura está ben entrar con pés de lá, sen algueiradas (tan propias dos nosos tempos), madurando ben o que se fai. Tal é o libro de contos que Xosé Manuel Trigo acaba de publicar. Non estamos diante dun rapaz que empeza, senón dun lector maduro que hai tempo que escribe e garda, traballa e escolma, consciente de que acaso a súa literatura non estea hoxe nas correntes máis á moda, pero que arrinca de atrás, ten raiceiras propias coas que alimentarse (e alimentarnos), non é unha improvisación. Atención pois a esta pequena xoia. Hai que saber tratala. Vén armada en pequenas teselas, tal que un mosaico, ou coma doas dun rosario, sabiamente labradas. Vinteseis relatos. Algúns moi breves, de a penas unha páxina, outros algo máis demorados. O escritor constrúe un mundo orixinal, autónomo, apoiado na alegoría e na metáfora, na potencia dos sentidos (cánto perfume, cánta luz, cántas cores) e mais na ternura, nunha extraordinaria capacidade de observación e sobre todo no humor, que non falta en ningunha páxina. Non hai boa literatura sen humor. Vinteseis relatos arredor das flores e das plantas. Velaquí os xeranios, as roseiras, a elegante camelia, o intensísimo xazmín, as buganvilias, o acivro, pero tamén o ficus, a magnolia, o toxo bravo e o ginkgo biloba, que permite ó autor comparar, nun arrouto de audacia, a praza Roxa de Santiago nada menos que co Central Park, cos nenos WAPs correndo entre naiciñas novas e vellos abraiados. Un libro para ler e disfrutar, coma os bos albariños, dos que bastante saben estas páxinas, pois percorren unha perfumada xeografía que vai de Meira (na ría de Vigo) a Compostela, e dende os areais de Muros ó val da Ulla. Un libro construído, repito, dende o pracer dos sentidos, para afirmalos e reivindicalos, falando das cousas grandes coma se fosen pequenas, minimalismo ecolóxico, tratado de botánica sentimental, anuncio dun escritor que, sen presas, apunta un rexistro orixinal que moitos agradecemos. Un sistema literario é sempre un poliedro. Deben reflectir nel as luces máis variadas. Nunca é unidimensional. A unidimensionalidade (a literatura dun único carril) é o máis parecido ó encefalograma pl
Valoración Media
Todavía no ha sido valorado
Valoraciones usuarios
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)
- (0)


Me gusta

Hazte un hueco en la comunidad de Casa del Libro, regístrate