"Do reverso da miña pel, é un poemario intimista. A natureza o amor pola nosa lingua ou calquera inxustiza son a miña musa á hora de escribir. Namorada da vida agradézolle sempre por todo o que respiro cada día, escribir é o meu xeito de vivila o máis xustamente comigo mesma. Tamén lle agradezo por rodearme sempre de xente marabillosa, entre toda a que me acompaña cada día algunha tamén o fixo para acompañarnos aquí neste poemario. Comezando pola portada do meu admirado artista, compañeiro e amigo, Eduardo Carreira, enriquecendo as portas do reverso da miña pel. Fernando Juan Morado "Cone", do que son fan como persoa e poeta, agasalloume co limiar deste poemario, a opinión e lealdade de "Cone" sempre sinceras e correctas son importantes para min; sei que non diría unha cousa por outra; a súa palabra, cariño e confianza son sempre únicas e valiosas. Tamén fun agasallada nestas follas polo meu admirado e referente, Alfonso Pexegueiro, cun poema e deseño incluído, que quedarán para sempre selados no reverso e no dorso da miña pel." S. M.
Ficha técnica
Editorial: Medulia Editorial
ISBN: 9791388061172
Idioma: Gallego
Número de páginas: 96
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 13/04/2026
Año de edición: 2026
Plaza de edición: Es
Número: 155
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 10.0 cm
Peso: 100.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre NO REVERSO DA MIÑA PEL
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!