Segundo libro da Colección Moraima, este tesouro cheo de sorpresas que é Poemáforos, de caste grega o seu nome, diríase que é coma un arcano gardarroupa repleto de roupaxes de valor, o valor que teñen os pensamentos deixadosao antollo do fado, dentro do c
Ficha técnica
Editorial: Editorial Elvira
ISBN: 9791399098594
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 27/03/2026
Año de edición: 2026
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Peso: 250.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por CELSO EMILIO FERREIRO
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) iniciou desde moi novo unha actividade política e literaria que estaría sempre marcada polo compromiso co país. Cando estalou a guerra, foi obrigado a se incorporar ao exército franquista, condenado a morte e posteriormente indultado. En 1948 fundou en Pontevedra a colección Benito Soto. Establecido en Vigo desde 1949 publicou O soño sulagado (1954, Xerais 1991) e dirixiu a colección de poesía Salnés, onde saíu Longa noite de pedra (1962, Xerais 1990, Xerais 2002)). O impacto desta obra foi enorme, esgotada e multicopiada de man de man. Celso Emilio pasou a ser o símbolo da corrente socialrealista. En 1966 marchou a Caracas, onde se enfrontou co sector máis reaccionario da colectividade galega, contra o que redixiu Viaxe ao País dos Ananos (1968, Xerais 2004), poemario co que inicia un rexistro satírico que continuará en Cantigas de escarnio e maldicir (1968), no romance de cego Paco Pixiñas (1970), en Os autentes (1973) e mais en Antipoemas (1972). En 1973 instalouse en Madrid. Son desta época os poemarios Cimenterio privado (1973), Onde o mundo se chama Celanova (1975, Xerais 1991) e o Libro dos homenaxes (1979). Como narrador publicou dous únicos libros: A fronteira infinda (1972, Xerais 1988) e A taberna do galo (1978). Con motivo do vinte e cinco aniversario do seu pasamento Xerais iniciou a edición das súas obras completas, das que se levan publicadas os volumes Obra narrativa (Xerais 2003), edición de Mónica Góñiz, e Poesía galega completa (Xerais 2004), edición de Ramón Nicolás.