Durante veinte intensos años (1830-1850), el romanticismo representó en España un movimiento literario de libertad y renovación. En ese período, la lírica es el género dominante, pues los postulados románticos, al intensificar el individualismo y proclamar la fuerza de los sentimientos, divinizan el yo y lo convierten en foco de su imagen del mundo y en centro único de manifestación. En esta poesía de exacerbado subjetivismo, el poeta romántico canta con dos melodías: una de exaltación apasionada, su búsqueda del ideal inefable, y otra de lamentación, la dramática caída en el desengaño.
El festín de la palabra (Rosa Navarro Durán)
Veinte lecciones vitales de nuestros clásicos, más actuales que nunca, comentadas por una de las mayores expertas en literatura hispánica.
Arcadio López Casanova (Lugo, 1942), poeta e ensaísta, cursou entre 1959 e 1964 a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, entrando en relación cos mestres do galeguismo e cos escritores da chamada Xeración das Festas Minervais. Colaborou asiduamente nas páxinas de La Noche e La Voz de Galicia , e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, Hombre último, retirado por orde gobernativa. Xa de volta á súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego (1965), e unha memorable homenaxe a Luís Pimentel. Asiste á tertulia luguesa de Celestino Fdez. de la Vega , colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección " Ronsel " de poesía. Comeza, así mesmo, a impartir docencia no Colexio Fingoy, baixo a dirección do profesor Carballo Calero, e pasa logo ó lNEM, onde coincide cos catedráticos Alonso Montero e Amable Veiga. En 1967 publica Palabra de honor, libro tamén retirado por orde gobernativa. No 1968 obtén unha cátedra de Lingua e Literatura Españolas, solicitando a praza do Instituto " Benlliure " de Valencia. Xa instalado na cidade levantina, desenvolve co seu colega e amigo, o profesor Eduardo Alonso, unha ampla tarefa de dirección editorial e de publicacións sobre temas de historia, teoría e crítica literarias, con obras como Lenguaje, expresión literaria y lingüística del español (1970), Lengua española. La expresión literaria (1974), El análisis estilistico (1975) e Poesía y novela (1982). No eido creativo inicia o ciclo dos Mesteres, que adianta en varios Pliegos a amigos, publica a antoloxía Memoria dunha edá (1976) e a edición bilingüe, e primeira, de Mesteres (1976, Xerais 2000). No 1978 obtén o Premio " Adonais " con La oscura potestad (1979), e defende a súa Tese de doutoramento sobre Estructuras correlativas en la poesía española contemporánea....