Miguel González Garcés, mineiro de luz é un exhaustivo estudo sobre a vida e a obra de Miguel González Garcés (A Coruña, 1918-1989), desde un enfoque amplo, incluíndo a persoa–cunha aproximación aos feitos puntuais da súa biografía–e o personaxe, analizando o seu labor social e literario e recollendo o corpus crítico que sobre a obra de Garcés se ten escrito. Situando, en suma, o noso autor nas coordenadas históricas que marcaron a súa vida e que explican a súa traxectoria, ofrecendo unha imaxe plural e complexa, desde distintos ángulos e perspectivas, así resulten contraditorias.
Sempre desde o pensar e o sentir dun escritor: non estamos ante unha tese nin ante un traballo académico. Si ante un libro que prima a reflexión, a claridade expositiva e a perfección estilística sobre pautas formais ou rigores ecdóticos. O único propósito que nos move é afondar na obra dun poeta que consideramos dos máis relevantes no contexto da lírica galega da segunda metade do século pasado.
Especificaciones del producto
Opiniones sobre MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!