Este libro ofrecerá a todos os profesionais e persoas interesadas no debate sobre a igualdade de oportunidades un referente conceptual e metodolóxico. Introdúcese unha visión panorámica da construccion social da desigualdade a traves das reflexions realizadas desde as perspectivas historica, antropoloxica e psicosocial do xenero. E, sobre esa base, o libro abre o debate sobre a potencialidade das politicas de igualdade de oportunidades e a incorporacion da figura do/a Axente de Igualdade de Oportunidades, asi como exemplos de diferentes contextos educativos e sociais (ensino, orientacion escolar e profesional, insercion laboral, familia, saude, violencia) nos que seria prioritario incidir