Sabela é unha nena que gusta de contempla-la lúa polas noites, dende a fiestra do seu cuarto. Un día descobre que a lúa xa non brilla coma antes; a nena pensa que está sucia e decide emprender unha viaxe para limpala.Montada nun enorme globo vermello, chega ata a superficie lunar. Nada mais chegar, bate cun estraño personaxe, que resulta ser un vagalume moi falangueiro. E o primeiro dunha serie de encontros con personaxes inimaxinables: unha moeda de ouro, unha voz sen corpo, unha familia de crateres e, finalmente, un coello con cabeza humana. Con todos eles manten conversas moi orixinais e cheas de humor, case sempre baseadas en xogos coa linguaxe.Finalmente, descobre que a culpa de que vexa a lua embazada tena unha nube que esta situada mesmo enriba da sua casa, na terra. O remate, a nube acabara desfacendose en chuvia e Sabela podera volver a contemplar como a lua brilla na escuridade do ceo.
Este libro recolle o argumento que dá base a un espectáculo máxico-teatral do Mago Antón, chamado 'A Vía Láctea', co que percorreu o camiño de Santiago, de París a Compostela. O Mago Antón monta a súa carpa en París e chega en moto ó escenario, acompañado de Güendoline. Alí, logo dalgunha mostra de maxia, fai aparecer a Carlomagno, Don Roldán e Guilhem de Aquitania (o que coñecemos co nome de Gaiferos de Mormaltán). Despois únese a eles o Apóstoto Sant-Iago, que baixa ó escenario nunha barca de pedra para poder resucitar ó Mago Antón, morto por unha demostración de ingravidez sobre a grande espada de Carlomagno. O Apóstolo sobe ó ceo na procura da Vía Láctea (concentrada nunha estrela) para poder salva-lo mago. Todos eles emprenden logo o Camiño cara a Compostela. Nese percorrido ocórrenlles cousas que van sendo solucionadas pola maxia do Mago Antón.Ata que chegan á catedral. Alí, o Mago converte ó demo nun bloque de xeo, e, tras deixa-los tres personaxes históricos gravados para sempre nunha columna da catedral, desaparece Sant-Iago, de novo na barca de pedra. Só queda ó final a estrela na que se concentra a Vía Láctea.