map Librerías

Darío Xohán Cabana


Darío Xohán Cabana (Roás, 1952) traballou en Edicións Castrelos, foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 elaborou o encrucillado galego diario en «La Voz de Galicia», foi membro do Consello de Redacción de «A Trabe de Ouro» e académico numerario da Real Academia Galega desde o 2006. Como poeta obtivo, entre outros, os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). É autor de distintos libros de poesía, reunidos no volume «Vinte cadernos. Poemas 1969-2002» (Xerais, 2003), e de «Cabalgada na brétema» (2006). Galardoado tamén como narrador, destacan «Galván en Saor» (Premio Xerais de novela, 1989), un clásico da literatura galega recente; «Fortunato de Trasmundi» (Xerais, 1990); «Vidas senlleiras» (Premio Cidade de Lugo, Xerais, 1992), a partir dun seu conto, fíxose a película «A mariñeira» (Antón Dobao, 2008); «O cervo na torre» (Premio Xerais de novela, 1994), «Morte de rei» (Xerais, 1996) e «Mitos e memorias» (Xerais, 2003). Escribiu tamén para o público infantil e xuvenil «As aventuras de Breogán Folgueira» (Xerais, 1990), «Chucho Cacho» (Xerais, 1994), «As viaxes do príncipe azul» (1993), etc. En 1991 foille outorgada a Medalla de Ouro da cidade de Florencia pola súa tradución d'«A divina comedia» de Dante. É autor, ademais, de antoloxías, guías, traballos historiográficos e biografías como «A chegada a Lugo do primeiro tren» (2005) ou «Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra» (Xerais, 2008). A súa traxectoria biográfica está recollida no libro «Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita» (Xerais, 2007). Nos seus últimos anos dedicouse fundamentalmente á tradución: os trobadores occitanos, de novo Petrarca e Dante (2011, 2012 e 2014) e varias novelas francesas. «A música das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021» (Xerais, 2022), é unha recompilación de pequenos ensaios en forma de artigos e conferencias. Morreu o 16 de novembro de 2021 deixando máis de 50 libros publicados e unha inmensidade de ideas, palabras e proxectos na gabeta.
Recibe novedades de Darío Xohán Cabana directamente en tu email
Del 1 al 20 de 43
AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA

Edicións Xerais 9788497825405


Vidas senlleiras

Edicións Xerais 9788497823005


Fortunato de Trasmundi

Edicións Xerais 9788497824385


XOSE MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ. VIDA E OBRA

Edicións Xerais 9788497827157


Els viatges del príncep blau

Tandem Edicions, S.L. 9788481317510


AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO

Alvarellos Editora 9788489323568


FORTUNATO DE TRASMUNDI

XERAIS 9788475075266


MORTE DE REI

XERAIS 9788483020692


VIDAS SENLLEIRAS

XERAIS 9788483024140


VIII FRAGMENTOS

SOTELO BLANCO EDICIONS 9788486021504


GALVAN EN SAOR

XERAIS 9788475074313


AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA (5ª ED.)

XERAIS 9788475074788


AS VIAXES DO PRINCIPE AZUL (6ª ED.)

GALAXIA 9788482884035


MILAGRE DAS ESTRELAS, O

XERAIS 9788475077390


ROMANCEIRO DA TERRA CHA

GALAXIA 9788471544667


O AVION DE CANGAS

XERAIS 9788475076416


O cervo na torre

Edicións Xerais 9788475078557

(1)


CANDIDO BRANCO E O CABALEIRO NEGRO

XERAIS 9788475076515


CERCO DE FERRO

NIGRA S.L. 9788487709210


AS AVENTURAS DE BREOGAN FOLGUEIRA (6ª ED.)

Edicións Xerais 9788483026144


Del 1 al 20 de 43