Pedro P. Riobó (Moaña, 1959), tradutor, dramaturgo, investigador e poeta, publicou «as desfeitas do día» (2011). Profesor xubilado de secundaria das materias de Lingua Galega e Artes Escénicas e director de teatro amador e escolar, animou iniciativas como a Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador e a Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo. É autor de varios estudos teatrais que comezan con «O teatro galego contemporáneo (1936-1996)» (1999) e dunha morea de artigos publicados en «ADE», «Artez» e sobre todo na «Revista Galega de Teatro» da que formou parte de 1997 a 2022. Recibiu o Premio Xiria ao Labor Teatral (2005) da MITCF de Cangas do Morrazo. «Tina e Xeró» (Xerais, 2024) é a súa primeira novela publicada na colección Narrativa.
Recibe novedades de PEDRO P. RIOBO directamente en tu email
Durante o verán que separa os seus respectivos aniversarios, unha nena e un neno navegan nunha dorna até unha illa deshabitada na que, por azar, descobren un terríbel segredo que os levará a expoñerse a ameazas e perigos impropios da sua idade. Na grande aventura que viviran, Tina e Xero teran que encararse co mundo dos adultos, inzado de ocultacions, contradicions e desconfianzas, no que parece dominar sempre a inxustiza e a cobiza.
O teatro galego contemporáneo supón unha contribución ao coñecemento da literatura e das actividades dramáticas, desenvolvidas na Galiza entre 1936 e 1996. Ademais dunha aproximación ao estudo e análise dos grupos e textos desta complexa etapa da historia do teatro galego, Pedro P. Riobo ofrece aos investigadores deste ambito plural de coñecemento un levantamento cronoloxico das obras, publicadas e estreadas, dos autores e mais das compañias do periodo en que se centra este volume.