Chus Pereiro (María Jesús Pereiro Santos) (Marín, 1957) é mestra de Educación Primaria nun centro público de Vigo, onde dirixe obradoiros de teatro infantil. Publicou dúas pezas teatrais na colección Merlín: ¡Mamasiña, que medo! (Xerais 2002) e Restaurante Farruco (Xerais 2009).
Recibe novedades de Chus Pereiro directamente en tu email
Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes e que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, esta doente. ¿Axudara a bruxa Celidonia o xigante papon? ¿Papara o xigante a bruxa, e a sua comadre Chincha e a sua afillada Chincheta? ¿Papara os lectores desta obriña de teatro? ¡Mamasiña, que medo! e unha obra de medo... para morrer de risa.
No xeitoso e moi feituco Resturante Farruco celébrase un xantar moi especial: unha parella e o rei son atendidos polo camareiro Farruco, pola xefa de cociña Siñá Manuela e polo seu axudante. Restaurante Farruco e unha divertida peza teatral nun acto, onde Chus Pereiro xoga coa rima para presentar a ritmo trepidante a xornada que se vive nun restaurante moi especial. O ilustrador Xan Lopez Dominguez deu vida a cada un dos personaxes da peza.