Xosé Manuel Eyré (Laxe, Chantada, 1960) é licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa e desde o ano 1988 traballa como crítico literario no semanario A Nosa Terra, con especial atención á narrativa. Durante a década de 1990 dedicoulle moito tempo á divulgación e dinamización cultural das terras de Chantada. Froito diso foron as colaboracións nas revistas Achantada e Alem-parte (2ª época) e a coautoría (con Xosé M. Vélez e María Olga Varela) dun libro sobre a figura e a obra do cura poeta Avelino Gómez Ledo. Participou na creación e coordinación da 1ª edición do Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros, primeiro premio literario de micronarrativa xurdido en Galicia. Tamén nesta década colaborou como autor na Historia da Literatura Galega promovida por ANT e ASPG, co fascículo relativo á historia da narrativa actual e dúas antoloxías.O labor que desenvolve como crítico literario mereceu, no ano 2004, o Premio á Colaboración Editorial que concede Edicións Xerais de Galicia. En 2005, saíu á luz Constelación de Ío, a súa primeira achega narrativa á literatura de ficción e en 2009 Nin che conto. Para coñecer e gozar da micronarrativa (Xerais). Mantén aberto o blog Ferradura en tránsito (http://xmeyre.blogaliza.org/)
Recibe novedades de Xosé M. Eyré directamente en tu email
Nin che conto do crítico e profesor Xosé Manuel Eyré é unha obra que busca a caracterización e definición da micronarrativa, unha das manifestacións literarias que máis expectativa está creando no comezo deste seculo e que esta a provocar a remodelacion do sistema narrativo e mesmo de todo o sistema literario. Este tipo de discursos son un exercicio de exquisita pureza, porque na brevidade o xenuinamente literario brilla con luz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen. Pero para conseguir descifrar o seu codigo, os microtextos precisan dun lector especifico, capaz de representar na sua mente todo o que non figura por escrito, de ai a importancia que se lle concede neste estudo a actitude dinamica, activa, creativa e ludica dos lectores e lectoras. Ademais de realizar un percorrido polos textos breves canonicos da literatura universal, en Nin che conto ofreceselle un extenso espazo aos autores e textos mais representativos da micronarrativa galega.
Constelación de Ío quere ser unha porta de entrada ao mundo do pensamento fantástico dos rapaces, unha aventura que introduce os lectores nun xogo de preguntas dun neno que descobre o mundo e se sorp
Este libro conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. Este libro conta dúas vidas fragmentariamente, páxina a páxina, que poden ser unha, non diría que non, e poden ser tres, se ti te decides a lelo, ou ainda mais, porque o caos e perfido mentres ti non lle deas forma.Este libro tamen repite unhas cincuenta veces a palabra ollo(s). So ti estas en condicions de saber a razon.