eBook GALLEGO EPUB con DRM

O bosque das antas

-5% de dto. exclusivo web

Léelo en cualquier dispositivo Descárgalo y empieza a leer ya






Tiempo est. de lectura: 4h 31m

Sinopsis

De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con "O Bosque das Antas", F.X. Fernández Naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un Ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con París, con Nova York, con Buenos Aires, con Leningrado. Este será un Ourense aberto a Oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, Fernández Naval incide nun tema recurrente e cada vez máis
solicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan "O bosque das antas" con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo autor se ergue con acentos propios. Dono do seu relato, Fernández Naval non permite que os eventos se lle alporicen. Controla, domina as causas; refrea as tentacións, sempre treizoeiras, da fantasía gratuita; é señor do seu discurso. Con palabras simples e claras sabe relatar un feixe de acontecementos, e lograr que nos interesen, e que prendamos neles. Obsérvase unha certa ascese que fai o lirismo comprimido, a nostalxia concentrada eficazmente no final da novela, as palabras todas máis duras do que estarían ordeadas en outros contextos algodonosos. Asimesmo, esta novela ten o acerto de ter moitos elementos novelescos, e sobranceando a todos a figura de Pierre Francesco, que figurará na galería dos nosos mellores personaxes de ficción.

Novedades que no querrás perderte

Ver más

Léelo en cualquier dispositivo


Ficha Técnica

Editorial: Xerais

ISBN: 9788499146140

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192

Tiempo de lectura: 4h 31m

Fecha de lanzamiento: 02/12/2013

Año de edición: 2005

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Especificaciones del producto

Escrito por Francisco X. Fernandez Naval

Francisco Fernández Naval (Ourense, 1956) é poeta e narrador. Recibiu o premio de poesía Cidade de Ourense (1980) por A Fonte Abagañada (1980) e Miño (2007) e o Premio Xerais de Novela por O bosque das antas (Xerais 1988). Como poeta tamén publicou Pabellón habitado (1987); Ara Solis (1996, edición bilingüe francés-galego, e posteriormente en castelán); Días de cera (1999) e Mar de Lira (2005). Ademais é autor das novelas: Tempo de crepúsculo (Xerais 1993), Sombras no labirinto (1997), Unha cita no aire (2005) e para o público xuvenil, Suso Espada, o misterio do Grial (2002), Suso Espada: Istambul e o cabaliño de ouro (2008) e A noite branca (2012), tamén editada en castelán; e dos libros de relatos Historias roubadas (1998), Lendas de hoxe, soños de mañá (2001) e Sete noites e un amnecer (2003). Como ensaísta publicou Respirar polo idioma -Os galegos e Julio Cortázar- (2006), editado en castelán en Buenos Aires (2007). Escribiu guías e libros de viaxe como Unha viaxe na procura do solpor -Do Tambre á fin da Terra- (2000), A Coruña monumental e turística (2002), Muros, ronsel de pedra, espiral de mar (2003) e Pereiro de Aguiar y la Ribeira Sacra ourensana (2008). É coautor das guías patrimoniais das provincias da Coruña e Ourense publicadas por Caixanova, así como de Galicia. Rutas con sabor, para El País-Aguilar. Destinado ao público infantil, escribiu o libro No corazón da fraga (2001), traducido ao castelán.
Descubre más sobre Francisco X. Fernandez Naval

Recibe novedades de Francisco X. Fernandez Naval directamente en tu email

Reseñas sobre O bosque das antas

Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.

0

0 Reseñas

5 0
4 0
3 0
2 0
1 0

Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€

Los eBooks más vendidos de la semana

Ver más