Aletas e burbullas
ALETAS Y BURBUJAS
Sinopsis
Un libro de tea diferente para mergullarnos no fondo do mar.
“Aletas e burbullas” é un libro de tea perfecto para iniciar o hábito da lectura e fortalecer o vínculo co bebé a través da observación e do xogo. Un formato ideal para estimular a curiosidade, a adquisición da linguaxe e a imaxinación de maneira lúdica e próxima ao tempo que se adquire un vocabulario básico relacionado coa vida mariña.
As ilustracións sinxelas e atractivas de Mercè Galí mostran algunhas das especies que poboan o océano, compartindo escena cun elemento vexetal que axuda a relacionar esta proposta con “Pelos e plumas”, libro publicado ao mesmo tempo e dedicado aos animais da granxa. En ambos os casos, o deseño coidado e orixinal diferénciaos doutras propostas publicadas para estas idades.
Un formato seguro e duradeiro, confeccionado en tea lavable e resistente que se presenta nunha atractiva caixa de cartón ideal para regalar.
Ficha Técnica
Editorial: Kalandraka Editora
ISBN: 9788413434247
Idioma: Gallego
Edad recomendada: 0 a 2 años
Número de páginas: 8
Encuadernación: Encuadernación en tela
Fecha de lanzamiento: 10/02/2026
Año de edición: 2026
Serie/Saga: Libros de tea
Especificaciones del producto
Recibe novedades de Mercè Galí directamente en tu email
Otras sagas o series que te pueden interesar
Reseñas sobre Aletas e burbullas
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
0 Reseñas
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
Los libros más vendidos de Prelectura y preescritura
Libros de texto 2026-2027
Compra ya sus libros de texto para el próximo curso.