anagnorise-maria victoria moreno-9788482887463

ANAGNORISE

Literatura 9 a 12 años

Infantil 9 a 12 años

Infantil

Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despoi…
Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

Inseparables, compra ANAGNORISE junto a:

ONDE O AIRE NON ERA BRISA - 9788498651683 - MARIA VICTORIA MORENO
ELEXIAS DE LUZ - 9788497824750 - MARIA VICTORIA MORENO
EU TAMEN SON FONTE - 9788498651270 - TERESA MOURE

Información extra

Detalles del producto
Ficha técnica

El Autor

MARIA VICTORIA MORENO

MARIA VICTORIA MORENO

María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara 1941- Pontevedra 2005) foi licenciada en Filoloxía Románica e Catedrática de Bacharelato de lingua e literatura españolas nun instituto de Pontevedra. Escritora, conferenciante e tradu-tora, impartiu numerosos cursos de lingua galega e preparou textos didácticos. Considerada como unha das fundadoras da literatura infantil e xuvenil en lingua galega, publicou o seu primeiro libro, Mar adiante, en 1973, recuperado por Xerais en 2009. Dende entón publicou títulos tan importantes como Leonardo e os fontaneiros (1986), primeira novela realista da literatura infantil en galego; Anagnórise (1988), novela incluída na Lista de Honra do IBBY 1990 e traducida a varias linguas; ou Guedellas de seda e liño (1991), novela pola que obtivo o premio White Ravens 2002 e unha mención especial dos Premios da Crítica Galicia 2000 no eido da Creación Literaria; e Eu conto, ti cantas… (Xerais 2005). Recolleu a súa experiencia como enferma de cancro de mama en Diario da luz e a sombra (Xerais 2004). A súa obra poética, editada postumamente, está recollida no libro Elexías de luz (Xerais 2006). Ver ficha del autor
1 opiniones de usuarios

lector anónimo

21/02/2005 Tapa blanda

A primeira vez que tentei de ler o libro deixeino sen comezalo, pero o outro dia ollando unha estanteria na casa vin o libro e lembreime daquel titulo de nome extraño que chama a tencion de calqueira, e porque non, imos provar, e foi asi, dende a primeira paxina quedei prendida, atada a ese mundo e lin, lin e lin, ata que remetei aquela novela. Pechei o libro chorando coma quen acaba de pasar unha desgracia, coma se a coñececese dende sempre, non sei como nunhas horas metinme dentro do libro, fixome súa, e ali sóa sentin non ter 1000 paxinas mais coas que peder segir a soñar. Edarlinae.

Precio mínimo garantizado
Envío gratis a partir de 19 €
Recogida en librería gratis
Devoluciones gratis hasta 14 días
Recibe nuestras novedades en libros en tu email
Descuentos en libros, últimos títulos publicados y mucho más.
Espasa Calpe, S.A. y Tagus Books, S.L., tratarán tus datos personales para gestionar la relación contigo y para remitirte, por cualquier medio, información y comunicaciones comerciales sobre nuestros productos y servicios similares a los solicitados. Los datos sólo se cederán a empresas de nuestro grupo si nos das tu consentimiento y nunca a empresas ajenas al mismo. Tienes derecho a acceder, rectificar y suprimir los datos, así como a otros derechos, como se explica en nuestra política de privacidad.
MaevaRandom House MondadoriGrupo PlanetaImpedimenta