Baixo o ceo de xeo
Otros vendedores (nuevo y usado) desde 21,00 €
Sinopsis
Roi goza dunha existencia apracíbel en Nova Nara, un hábitat artificial que orbita unha estrela afastada do Sol. Obsesionado coa literatura fantástica do século XX, coñece unha muller que vai remexer os alicerces da súa vida.
Dúas historias entrelazadas que, ao despregárense, falan de con-viccións, de coraxe e de sacrificio, ao tempo que nos propoñen algunhas preguntas atemporais: cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo?
Ficha Técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411763509
Idioma: Gallego
Número de páginas: 304
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/10/2024
Año de edición: 2024
Especificaciones del producto
Reseñas sobre Baixo o ceo de xeo
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
1 Reseña
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en
20€
| hace 1 año
Facía moito da miña última lectura de ciencia ficción en galego, e por un escritor galego, e non pudo prestarme máis. Son varios os aspectos que me foron gañando. Un comezo que engancha, dúas historias paralelas, que quedan en punto álxido a cada capítulo, e manteñen o interés de modo que sempre queres seguir co que che está a contar. Unha mestura moi ben avida, por unha parte unha narración onde predomina a fantasía, con acenos a autores e obras magnas no xénero, e por outra unha colonia artificial no espazo, a miña querida ciencia ficción. O “xiro”, os que me coñecedes xa un pouco, sabedes que é algo que aprecio moitísimo nun texto, que me sorprenda, que me leve cara algo e nalgún punto poda deixarme do revés. No primer tercio a historia de repente cambia, non é algo drástico, pero cambia a visión, e un sorriso florece no lector cando iso acontece. Co paso das páxinas ides atopar esa dualidade Calor/Frío, como non, ides empatizar e estar do lado dos pequenos, dos que o teñen todo en contra, dos que xogan á desesperada por salvar o pouco que lles queda, Minë, que nome máis fermoso, Raissa e a súa relación con Roi. O premio “Illa Nova” de narrativa en 2024 foi para esta obra que edita Galaxia, sí aquela editorial que presidira Pedrayo no 50, vai xa boa, pero si a herdanza son publicacións coma “Baixo o ceo de xeo” o que se sementou está xa para a colleita. Ogalla que neste nadal, neste día que comeza o inverno, se espalle a súa lectura por tódolos lares, Calor chegará a eles. Fíxome desfrutar de novo da ciencia ficción que máis me gusta.
Los libros más vendidos de Narrativa española