O afundimento do Tiránic, gañadora do IV Premio Internacional Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques 2006 organizado polo IGAEM, móstranos, seguindo a mellor tradición do teatro de monicreques, unha serie de personaxes moi distintos entre si, que, individualmente, deixan ver as suas debilidades e temores fronte ao exercicio tiranico do poder por parte do capitan dun barco, e que, pola contra, cando se unen na defensa da propia vida, se converten nunha forza invencibel capaz de acabar coa tirania e o medo, ao tempo que crean unha nova nave onde todos e todas son recoñecidos e respectados.