Este libro, coordinado por Héitor Mera, publícase como homenaxe ao escritor Bernardino Graña con motivo do seu setenta e cinco aniversario. Réune once traballos, que constitúen un completo percorrido pola biografia humana e literaria do poeta de Cangas, ademais de catro homenaxes poeticas e artisticas. Abre o volume senllos textos de Clara Millan e Xose Manuel Pazos, alcaldesa e concelleiro de Cultura do concello de Cangas, institucion que colaborou na edicion do volume, e unha semblanza biografica do homenaxeado (Bernardino Graña Villar: profeta do mar, profesta na sua terra) realizada polo coordinador do volume e completada por Anxo Angueira (En Padron, os alumnos do Instituto.). A continuacion Xose Maria Alvarez Caccamo (Mar e amor contra a cidade gris. Os rexistros politicos na poesia de Bernardino Graña), X. Millan Otero (Bernardino Graña, poeta do mar) e Daniel Gonzalez (Cantando a Bernardino) estudan a obra poetica do chamado mariñeiro das palabras. Logo, Paula Fernandez Gonzalez (Bernardino Graña, autor infantil) e Maria Navarro (O gaiteiro e o rato Perez. Premio Merlin 1993) abordan a sua obra infantil, Rosendo Diaz-Peterson (Protoevanxeo do neto de Herodes) a sua novelistica e Afonso Becerra de Becerrea (A literatura dramatica de Bernardino Graña) a teatral. Completan este libro de homenaxe os poemas de Carlos Solla, Elvira Ribeiro Tobio, Lucia Novas e Xoan Xose Abella, as fotos de Fran Her
Bernardino Graña, un dos grandes poetas da literatura galega de todos os tempos, conversa ao longo destas páxinas con Rafael Fernández Lorenzo e Héitor Mera Herbello sobre a súa vida, a política e a literatura, facendo un repaso da sua dilatada experiencia vital e do tempo que lle tocou vivir. A traves de multiples anecdotas, sucesos e pequenas historias, este libro de conversas con Bernardino Graña constitue unha xanela a que os lectores poden asomarse para o seu gozo e pracer: desde a infancia e mocidade do poeta entre Ribadavia e Cangas e a sua etapa universitaria, ao intenso periodo de formacion do mitico grupo Brais Pinto (que tan positivos resultados daria para a literatura galega), sen esquecer nunca ao creador, ao escritor, a ese imperecedoiro Bernardino Graña entregado con paixon a literatura. Este libro de conversas con prologo de Gonzalo Navaza, constitue un eficaz exercicio para achegarse a aspectos menos coñecidos da obra e da personalidade do poeta de Cangas e recuperar a nosa memoria a traves do texto privilexiado dun creador irrepetible.
Morgante saca á luz Literatura en galego no alborexar do século, outra creación de Héitor Mera, onde se sintetizan 41 artigos sobre libros de poesía, de narrativa e de ensaio, que o crítico literario avalia cunha mirada desprexuizada e as veces mordaz, mais tamen emocionada ante achados de valia. Sen dubida, esta compilacion sera de interese para o lector -especializado ou non- que desexe coñecer dunha rapida ollada o mais salientable da producion literaria en galego da primeira decada do seculo XXI.
Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego recompila recensións críticas publicadas entre os anos 2003 e 2009 no suplemento literario “Faro da Cultura” do Faro de Vigo, A Nosa Terra e o C