PREMIO GARCÍA BARROS 2020Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse a verdade. Ali, Anton, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendia ata que foi demasiado tarde. A visita da sua neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.Maria Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vitimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia son as flores de ferro desta historia. Pero hai mais. Houbo moitas mais.