Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en Filoloxía galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei Martín Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia política (2009), Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüística aplicada ao ámbito educativo. A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a Rosalía de Castro e que leva por título «Aprendemos con Rosalía». Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Recibe novedades de Mercedes Queixas Zas directamente en tu email

Del 1 al 12 de 12
-mercedes queixas zas-9788484872054
Tapa blanda
LOIS PEREIRO. A URXENCIA POETICA DUN FUTURO ALLEO

Mercedes Queixas Zas

-mercedes queixas zas-9788416121953
Tapa blanda
XANDRA A LANDRA QUE QUERIA VOAR

Mercedes Queixas Zas

-mercedes queixas zas-9788484870067
Tapa blanda
Frei Martín Sarmiento

Mercedes Queixas Zas

-anxo gomez sanchez-mercedes queixas zas-9788495350794
Tapa dura
HISTORIA XERAL DA LITERATURA GALEGA

GOMEZ SANCHEZ, ANXO y Mercedes Queixas Zas

-mercedes queixas zas-9788489976740
Tapa dura
BREVE HISTORIA DA LITERATURA GALEGA

Mercedes Queixas Zas

-mercedes queixas zas-9788411765466
eBook
Vivir, unha aventura irrepetÍbel.

Mercedes Queixas Zas

-mercedes queixas zas-9788499149837
Tapa blanda
De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal

Mercedes Queixas Zas

Del 1 al 12 de 12