Óscar M. Guzmán (Vilamarín, Ourense, 1970), traballa como persoal laboral da Deputación Provincial de Ourense. «Só os mortos saben a verdade» é a súa terceira novela, coa que acadou o XXXII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey do Concello do Grove. Con anterioridade publicou dúas novelas que forman parte da saga do inspector Saladino Mariño: «Os segredos de Teresa» (2021) e «Pero... como morren as pegas?» (2024), obra coa que gañou o V Premio Literario Vilar Ponte do Concello de Viveiro.
Recibe novedades de Óscar M. Guzmán directamente en tu email
V Premio de Novela Vilar Ponte 2023 Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto. Así lle acontece a Saladino Mariño, inspector xefe da Policia Nacional, cada vez que se chanta diante dun cadaver nunha das suas investigacions criminais. Desta volta, acompañado polo seu segundo, o inefable subinspector Leopoldo Xelmirez, e o resto do seu equipo, intentaran resolver o asasinato dun magnate ourensan do transporte. Un crime onde se mesturan o roubo de xoias, o amor e a morte. Unha intriga que nos levara a percorrer boa parte da provincia ourensa, e parte de Portugal, na procura dun pasado ocultado baixo o constante grallar dunha bandada de pegas no ar.
V Premio de Novela Vilar Ponte 2023 Resulta curioso como a morte, a solución final que lle dá senso á vida, semella unha novidade abraiante en cada ocasión que nos toca de preto. Así lle acontece a S
A morte por atropelo de Elixio Figueiras vai alterar a rutina de Secundino Santalices, taxista xubilado de 81 anos que cada día completa co seu andador o quilómetro que separa a residencia onde vive do bar que frecuenta. Elixio, amigo inseparable da mocidade e desaparecido durante mais de cincuenta anos, chegara a Vilamarin de forma inesperada uns meses antes para avivar recordos que o vello taxista cria xa enterrados. Cando aparece Alfredo Torres, detective de seguros encargado de investigar as circunstancias do accidente, Secundino vese obrigado a reconstruir a historia compartida co amigo: unha estraña relacion marcada por lealdades rotas, segredos nunca confesados e unha sombra que os acompañou durante toda a vida. Durante un quilometro de conversa, Secundino descobre que o pasado sempre espera a sua oportunidade e que, as veces, so os mortos saben a verdade.