Este libro inaugura unha nova colección dentro das bibliotecas de autor: a Biblioteca Ramón Piñeiro, cuxas portadas irán ilustradas con obras do pintor Leopoldo Novoa.
Velaquí un novo volume da Biblioteca Ramón Piñeiro, na que Editorial Galaxia reúne as obras do pensador homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2009. Desta volta trátase dun libro no que se recompilan, en edicion do profesor Henrique Monteagudo, textos de Ramon Piñeiro seleccionados con dous criterios: o tema e o tempo. Ensaios breves, prologos, conferencias e discursos, e artigos que permanecian dispersos e que, por primeira vez, se publican conxuntamente.