Xerardo Agrafoxo (1952, Noia) é licenciado en Xeografía e Historia, graduado en Historia e doutor en Prehistoria. No ámbito da arqueoloxía e da historia escribiu as obras Prehistoria e Arqueoloxía da Terra da Barbanza (1986); Noia: Unha vila histórica (1987); 400 anos na historia de Noia (1991); A Segunda República en Lousame e Noia (1993); 1936: A Guerra Civil en Lousame e Noia (Testemuñas dunha represión) (1995); 1937: A Guerra Civil en Lousame e Noia (O fusilamento de David Mariño Ramos) (1997); e 1938/1939: A Guerra Civil en Lousame e Noia (O triple crime de Marselle. A traxedia do Baleares) (1999); Memorias do Franquismo (A época do wolfram en Lousame. A corporación de Noia en Meirás) (2002); Crónicas dunha democracia (A transición política en Noia. Os dous mandatos de Díaz Fornas) (2006); A revolta nacionalista (A Noia de Pastor Alonso. O goberno de Bieito González); Noia no cambio de século (2008) e Quen matou o Cantino? O 36 no concello de Noia (Xerais, 2013). Sobre didáctica da historia publicou Didáctica da prehistoria de Galicia (1992); Didáctica da historia antiga e medieval de Galicia (1993); Didáctica da historia moderna de Galicia (1993); e Didáctica da historia contemporánea de Galicia (1997). Ademais é autor de Biografía de María Mariño (2007), María Mariño: Retrato dunha vida (2007); O triángulo de Oscar Wilde (2003), relatos eróticos; Unha viaxe no Ford T (Premio García Barros, 2004), novela; e O violinista de Malá Strana (2008), novela.
Recibe novedades de Xerardo Agrafoxo directamente en tu email
Ramón Mayán Ramos, o Cantino, veciño de Noia, foi executado no cemiterio de Boisaca o 10 de outubro de 1936, acusado polos fascistas de «cometer un delito de rebelión militar». A súa figura, que mesm
Tres días despois do comezo da rebelión militar no Protectorado de Marrocos, Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical, intégrase na columna de mineiros que intenta parar o golpe