O último día de clase, un grupo de nenos escoita unha suxestiva proposta: "Escribe un libro". O protagonista desta historia faino. O rapaz, coas súas palabras, fala da súa vila, da súa familia e dos seus amigos e veciños. Este relato permitelle ao lector introducirse no mundo interior dun cativo.