Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre e profesor de historia xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental (Fundación Universidad-Empresa. UNED). En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal «Nós Diario» e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo» (http://anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. As súas publicacións máis destacadas son «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)» (Xerais, 2013), «Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión» (2016) e «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)» (Xerais, 2022). É ademais coautor de «Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron» (2017), «Rebeldía galega contra a inxustiza» (2018), «O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo» (2021) e «Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita» (2021).
Recibe novedades de Xosé Álvarez Castro directamente en tu email
Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)», Xosé Álvarez Castro completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (193
«Os anos do silencio» analiza as características e modulacións que adoptaron a represión e a resistencia no chamado «primeiro franquismo».Con «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provinci
Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936. O enfoque divulgativo desta obra combinase cun tratamento sistematico e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situacion politico-social previa a sublevacion, a trama conspiratoria coa execucion do golpe, e os axentes e mecanismos da represion posterior.O emprego de fontes documentais ineditas, asi como de testemuños orais, contribue a proporcionar un tratamento novidoso no estudo do fenomeno represivo, concedendo especial atencion ao achegamento as historias da vida das vitimas. O autor da obra, Xose Alvarez Castro, salienta a necesidade de divulgar, de contar o que aconteceu, porque a investigacion perde o seu sentido cando non se perfecciona coa divulgacion, e como dixo a escritora Dulce Chacon, somos vitimas do silencio dos nosos pais e responsables da ignorancia dos nosos fillos.Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936. O enfoque divulgativo desta obra combinase cun tratamento sistematico e global do tema, que se estrutura en tres grandes apartados: a situacion politico-social previa a sublevacion, a trama conspiratoria coa execucion do golpe, e os axentes e mecanismos da represion posterior.O emprego de fontes documentais ineditas, asi como de testemuños orais, contribue a proporcionar un tratamento novidoso no estudo do fenomeno represivo, concedendo especial atencion ao achegamento as historias da vida das vitimas. O autor da obra, Xose Alvarez Castro, salienta a necesidade de divulgar, de contar o que aconteceu, porque a investigacion perde o seu sentido cando non se perfecciona coa divulgacion, e como dixo a escritora Dulce Chacon, somos vitimas do silencio dos nosos pais e responsables da ignorancia dos nosos fillos.