Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé tiñan sona de bos tiradores e solicitábanos dos pobos para que fosen matar lobos. Desta volta, Xosé, un mozote de dezasete anos, dará conta en primeira persoa do acaecido na chamada que lles fixeron as xentes do Incio, na procura dun lobo enorme, que algúns din completamente negro e outros branco, unha besta que xa comeu un par de nenos e unha rapaciña que pastoreaba o gando. Alí no Incio, Xosé coñecerá a beleza inquedante das irmáns Ana e Aurora e enfrontarase ás gadoupas dun animal que non ten medo do home nin do lume. Este é o arranque argumental de Pel de lobo, a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002. Unha novela de aventuras e terror que recrea o mito popular e literario do lobishome. Escrita nunha prosa de alta calidade literaria, empregando unha lingua popular moi puída, Xosé Miranda crea nesta novela engaiolante a atmosfera desacougante das fazañas e das crenzas sobre o lobo nas aldeas da montaña luguesa. Aventuras e crenzas que non lle impiden recoller noutros fíos narrativos unha misteriosa historia de amor e de descubrimento iniciático da vida adulta, o debate sobre as ideas de redención dos foros, o mundo mítico e as crenzas populares da aldea, ou as historias de cazadores. Pel de lobo constitúe unha homenaxe á memoria de tódolos habitantes das montañas de Lugo e Ourense, a súa fala e a súa concepción do mundo. Unha homenaxe, tamén, traballo dos antropólogos e escritores galegos como Laureano Prieto, Vicente Risco, Fiz Vergara Vilariño, Uxío Novoneyra ou Ánxel Fole, que impregnaron coas súas historias as páxinas desta magnífica obra, dirixida tanto a público xuvenil como adulto.
Los eBooks juveniles del momento
Las novelas de las que todo el mundo habla. Encuentra tu próxima lectura favorita y descubre por qué son un éxito entre los jóvenes lectores.
Puedes leer los eBooks directamente con nuestro visor online, accediendo a nuestra web desde tu móvil o tu ordenador, sin necesidad de descargar nada. Accede a tu área de usuario y empieza a leer.
eReader Vivlio Casa del Libro
Disfruta de la sensación de un libro físico, pero con las ventajas de un libro digital. Puedes comprar tu eReader Vivlio Casa del Libro aquí.
Empezar a utilizarlo es muy fácil, solo tienes que sincronizar la biblioteca con tu usuario y contraseña y a disfrutar de la lectura.
Otros eReaders
Puedes conectar tu eReader a tu ordenador y enviar libros al dispositivo utilizando Adobe Digital Editions.
- Adobe Digital Editions ya no es compatible con los eReaders Sony.
- Los eReaders de Amazon (Kindle) no son compatibles con Adobe Digital Editions, ya que solo permiten libros comprados en Amazon.
Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestío (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato "Tarxeta vermella" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e "Amancio Amigo e o Demo da Botella" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie "Lendas de Galicia".
Recibe novedades de Xosé Miranda directamente en tu email
Reseñas sobre Pel de lobo
Comparte tu experiencia con la comunidad lectora.
5
1 Reseña
5 1
4 0
3 0
2 0
1 0
Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€
Publicar una opinión supone haber leído y aceptado las
bases del sorteo
"Tu opinión tiene premio".
1 reseña
R
Rebeca
|hace 8 meses
E un libro mío interesante, e ainda que hay moitos libros que tratan esta historia, este e un libro moi diferente xa que canto mais lees mais queres leer e vendote como o protagonista e vivindo esta aventura super trepidante sendo capaz de facela tua propia , libro moi fácil de leer, totalmente recomendable