Este libro se encuentra descatalogado en la editorial por lo que no va a poder comprarlo nuevo. Sólo podemos ofrecerle los ejemplares que han puesto a la venta otros vendedores, si no realizas hoy la compra no podemos garantizar que mañana siga a la venta.
A ferida é un libro que fala, sobre todo, das mulleres. Aínda que, por riba diso, fala da vida, desa vida que ás veces se atrincheira nos nosos corpos, seguros baixo as máscaras, protexéndonos coas mentiras de sempre, ignorando que a felicidade vai máis alá dunhas poucas faíscas que enganan a vista. A ferida é un libro contundente. E, desde esa contundencia, a súa autora, Begoña Paz, relata historias que ninguén quere escoitar. Nestas páxinas, as feridas supuran sobre a vida e toda a escuridade que permanece agochada dentro de nós flúe fervendo coma auga ardente dunha fonte termal. Os relatos de A ferida están escritos con resolución, son potentes e evocadores, e teñen a grande virtude de que non deixan indiferente a ninguén. Entre estas liñas, escritas a pulso suoroso, desfila a paixón, a desespereación, a soidade (a peor: a soidade en compañía), a mentira (como vida, como estigma, como amor), o desconcerto, a insatisfacción, a aldraxe, a violencia, o medo, a destructiva autocompaixón, o sexo (o que salva e o que destrúe), a resistencia, e tamén o humor, como máscara. Coma se o feito de pechar os ollos abondase para fuxir da infinda tristura de estar vivo, para gozar da infinda beleza da existencia.
Ficha Técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497820905
Idioma: Gallego
Número de páginas: 120
Tiempo de lectura: 2h 46m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/02/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Vigo
Peso: 158.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Begoña Paz
Begoña Paz Rey (A Coruña, 1965) ten publicado ata o momento o libro de relatos A ferida (Xerais, 2004) e Norocai (2005), este último destinado ao público xuvenil. Participou tamén en volumes colectivos como Narradoras (Xerais, 200), Tripulantes (2006) ou Poesía para bacterias (2008).